Almàssera
| Almàssera | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Valencia |
| Comarca: | L'Horta Nord |
| Xeografía | |
| Altitude: | 10 msnm |
| Superficie: | 2,70 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 6.955 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 2.575,93 hab./km² |
| Xentilicio: | Almasserí |
| Información | |
| Código postal: | 46132 |
| Alcalde: | Enric Miquel Cuñat Sese (PSPV) |
| Sitio na web: | www.almassera.es |
Almàssera é un concello do País Valenciano, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Conta con 2.985 habitantes (2008).
Índice |
Xeografía [editar]
Almàssera atópase situado ao norte da cidade de Valencia, na marxe esquerda do barranco de Carraixet, nun terreo completamente chairo de arxila e areas.
Este barranco de Carraixet cruza o termo de oeste a leste e serve de límite con Alboraia e Tabernes Blanques, estando normalmente seco ou cun pequeno curso de auga, exceptuando os períodos de choiva, nos que poden producirse perigosas inundacións (como a de 1957, que causou danos cuantiosos). O clima da vila é mediterráneo.
O termo municipal de Almàssera limita con Alboraia, Bonrepòs i Mirambell, Meliana, Tavernes Blanques e Valencia, todas elas da provincia de Valencia.
Historia [editar]
Foi unha antiga alquería musulmá doada polo rei Xaime I en 1238 ao bispo de Huesca, Vidal de Canyelles. En 1242 pertencía a Miró de Ciutadella. Está documentado o mandamento dun pago de cincuenta sólidos a D.P. Marrades a data do 7 de maio de 1372 e outro o 26 de xuño do mesmo ano, segundo consta no libro "Claveria Comuna".
Despois até 1610, foi señorío dos Artés, pasando posteriormente a ser propiedade dos condes de Parcent, até a abolición dos señoríos en 1814.
Demografía [editar]
Almàssera conta cunha poboación de 6.955 habitantes (2008).
| Evolución demográfica de Almàssera | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2006 | 2007 | ||||||
| Poboación | 1.675 | 1.956 | 2.261 | 2.335 | 2.625 | 2.729 | 2.965 | 4.713 | 5.482 | 5.396 | 5.759 | 6.737 | 6.883 | 6.928 | |||||
Economía [editar]
A superficie cultivada é de regadío. Adoitan obterse tres colleitas ao ano. Os principais cultivos son hortalizas. Régase con augas dos caldeiróns de Rascanya e Montcada. A principal industria é a cerámica e a fundición.