Aldaia
| Aldaia | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Valencia |
| Comarca: | L'Horta Oest |
| Xeografía | |
| Altitude: | 50 msnm |
| Superficie: | 16,10 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 29.173 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 1.811,99 hab./km² |
| Xentilicio: | aldaieiro/a |
| Información | |
| Código postal: | 46960 |
| Alcalde: | Desemparats Navarro i Prosper (PSPV) |
| Sitio na web: | www.aldaia-ajuntament.es |
Aldaia (en valenciano e oficialmente Aldaia) é un concello do País Valenciano. Situado na zona oeste da área metropolitana de Valencia, na provincia de Valencia. Conta con 29.173 habitantes (INE 2008).
Índice |
Xeografía [editar]
Pertencente á Horta Oest, a vila está situada na zona de contacto entre L'Horta de Valencia e a chaira de Quart, até as estribacións da Serra Perenxisa. O termo é completamente chan. O clima é temperado. Cruza o término a acequia de Manises, que trae auga do río Turia, distribuídas despois pola acequia chamada do Comuner d´Aldaia.
A poboación de Aldaia atópase dividida pola liña férrea de Madrid-Valencia. O pobo está moi preto de Alaquàs, co que case forman un só núcleo urbano.
Accesos [editar]
Dende a Cap i Casal, accédese a esta localidade por estrada a través da CV-409 e a CV-410. Ten estación de ferrocarril na liña Valencia a Madrid (por Cuenca).
Localidades limítrofes [editar]
O termo municipal de Aldaia limita coas localidades de Alaquàs, Quart de Poblet, Xirivella, Xiva e Torrent, todas elas da provincia de Valencia.
Historia [editar]
Esta comarca estivo ocupada en época romana como o testemuñan os restos atopados no Bovalar e na Punja.
Aldaia foi unha alquería musulmá (o seu nome significa aldea) que, trala reconquista, pasou a poder do Mosteiro de Sant Vicent de la Roqueta, dependente dos monxes beneditinos de Poblet; a parroquia dependeu de Quart de Poblet até o século XVI, en que foi declarada independente, continuando rexida polos monxes de Poblet ata o comezo do século XIX.
Consérvase a carta de poboación outorgada, xunto á de Quart, por privilexio do rei Alfons II de Valencia ao abade do mosteiro de Poblet, no ano 1334. Por este documento poboacional, o abade de Poblet e prior do mosteiro de San Vicent de la Roqueta, expulsou aos musulmáns, que non habitaban o lugar ao tempo da conquista, e poboouno con cristiáns. En 1798 concedéuselle termo municipal.
Demografía [editar]
Aldaia conta con 29.173 habitantes (INE 2008).
| Evolución demográfica de Aldaia[1] | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||
| Población | 2.050 | 2.326 | 2.906 | 3.236 | 3.423 | 3.974 | 4.570 | 6.382 | 9.579 | 16.157 | 20.800 | 22.350 | 24.485 | 27.704 | 28.138 | 29.173 | |||
Economía [editar]
Na zona de regadío cultívanse laranxeiras, hortalizas, algodón, tabaco, alfalfa, etc. No secano se colleita trigo, alfarrobeiras, oliveiras e vide.
A actividade industrial recibiu un gran impulso na segunda metade do século XX. No século XIX había xa varias fábricas de abanicos e xoguetes. Nos primeiros anos da segunda metade do século XX, Aldaia rexistrou unha forte corrente migratoria, aumentando a poboación nun 104 por cen.
Destacan empresas de abanicos como "Guzmán" ou Abanicos Manel, antes Abanicos Tarsa (véase www.abanicostarsa.com onde veran interesantes historias, como se realizan os abanicos ou como é a súa particular linguaxe).
Ligazóns externas [editar]
Notas [editar]
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Series de poboación dos municipios dende 1996.