Alzira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alzira
Bandera de Alcira.png Escudo de Alzira.svg
Situación xeográfica
Localización de Alzira respecto á Comunidade ValencianaLocalización de Alzira respecto á comarca da Ribera Alta
País España
Comunidade autónoma Comunidade Valenciana
Provincia Valencia
Comarca Ribera Alta
Xeografía
Altitude 14 msnm
Superficie 110,40 km²
Poboación
Poboación 43.892 hab. (2008)
Densidade 402,54 hab./km²
Xentilicio Alcireño/a
Información
Código postal 46600
Alcalde Elena María Bastidas Bono (PP)
Páxina web www.alzira.es

Alzira (en valenciano e oficialmente Alzira) é unha cidade da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Alta e capital da mesma, conta con 44.440 habitantes (INE 2008) cun área de influencia que excede os 250.000.

Monumento a San Bernardo, María e Gracia na avenida Sants Patrons.
Vista xeral da Praza Major.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio de Alzira atópase entre os 14 e 20 metros sobre o nivel do mar, entre os meridianos 3º10' e 3º23' de lonxitude oeste e os paralelos 39º4' e 39º11'. A súa extensión é de 111,46 quilómetros cadrados, polo que é un dos máis extensos da provincia de Valencia. A distancia coa Cap i Casal é de 36 km.

Situado na súa maior parte na marxe dereita do río Xúcar ao que aflúen o río "dels Ulls" ou "Riu Verd" pola súa marxe esquerda e o barranco de Barxeta pola dereita, o río foi navegábel até Alzira por barcos de pequena tonelaxe, navegación que se mantivo ata o século XVI. O termo municipal está dividido en dous sectores, un de 83,24 km² e outro de 28,22 km², chamado La Garrofera, o cal áchase separado polos términos municipais de Massalavés, Benimuslem, Alberic e Benimodo, formando un enclave.

A superficie do termo é moi irregular, sendo completamente cha nas marxes do río Xúcar; cara ao sueste esténdense, paralelamente entre se, as serras de Corbera, a Murta e Lles Agulles, entre as que se desenvolven, os vales da Murta, a Casella e Aigües Vives, mentres que o sector da Garrofera está accidentado polas vertentes orientais da serra de Tous.

O clima é de tipo mediterráneo, cunha brusca transición do estiaxe estival ás abundantes choivas outonais, de tipo torrencial, que producen frecuentes inundacións

Accédese a esta cidade dende Valencia, a través da autoestrada A-7 e a autopista AP-7. Conta con estación de ferrocarril (RENFE) da liña Valencia-Almansa, e integrada na liña de proximidades Valencia C2. Pódese acceder a Alzira en autobús interurbano desde Carcaixent, Algemesí, Cullera e Sueca.

Para os desprazamentos dentro da cidade, Alzira conta cun servizo de autobuses urbanos (AlziBus) de titularidade municipal cuxas tres liñas unen tódolos barrios coa estación de ferrocarril, o hospital da Ribera, centros de saúde, centros comerciais, centros de ensino, etc.

Núcleos[editar | editar a fonte]

  • Alzira (barrios):
    • La Vila
    • Tulell
    • L'Alborxí
    • Centre Urbà
    • Sant Joan
    • Sants Patrons
    • Caputxins
    • Les Basses
    • Venècia
    • L'Alquerieta
  • La Barraca d'Aigües Vives (Entidade Local Menor)
  • El Torretxó
  • La Garrofera
  • El Pla de Corbera
  • San Bernat
  • Vilella

S