Picanya
| Picanya | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Valencia |
| Comarca: | L'Horta Oest |
| Xeografía | |
| Altitude: | 15 msnm |
| Superficie: | 7,10 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 10.861 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 1.529,72 hab./km² |
| Xentilicio: | Picañeiro/a |
| Información | |
| Código postal: | 46210 |
| Alcalde: | Josep Almenar i Navarro (PSPV) |
| Sitio na web: | www.picanya.org |
Picanya (en valenciano e oficialmente Picanya) é un concello do País Valenciano. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Horta Sud.
Índice |
Xeografía [editar]
O término municipal sitúase nunha chaira cunha altitude media de 15 m sobre do nivel do mar; ten unhas 770 hectáreas atravesadas polo barranco de Xiva, ocupadas en grande parte por varias explotacións agrícolas, con predominio de cítricos e cultivos de tempada, así como viveiros de plantas e flores. Aos numerosos recursos para o ocio deportivo, súmanse os máis de 300.000 m² de zona verde, que supoñen máis de 20.000 unidades botánicas arbóreas.
Pódese acceder a esta localidade a través das liñas 1 e 5 de Metro Valencia.
Localidades limítrofes [editar]
O concello de Picanya limita coas localidades de Alaquàs, Catarroja, Xirivella, Paiporta, Torrent e Valencia, todas elas da provincia de Valencia.
Historia [editar]
Inicialmente era unha alquería musulmá que foi doada polo rei Jaume I á Orde do Hospital. Os hospitalarios, outorgaron carta de poboación o ano 1248. Dentro do seu concello atopábase o lar de Benàger, que xunto co de Faitanar deron nome ao caldeirón de Benàger-Faitanar, derivada da de Quart, pero organizada autonomamente. O barrio da Florida pertenceu ao municipio ata que foi incorporado ao de Paiporta no ano 1964. O ano 1596 creouse a Cofradía do Sangue, cuxas constitucións serían aprobadas por Sant Joan de Ribeira. Os membros da confraría eran maioritariamente habitantes de Picanya; pero tamén podían formar parte veciños doutros pobos da comarca.
Foi a primeira localidade valenciana en pedir o Estatuto de Autonomía para a País Valenciano o 25 de abril de 1977.
Demografía [editar]
Picanya conta con una poboación de 10.861 habitantes en 2008.
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.293 | 1.472 | 1.684 | 2.288 | 2.789 | 3.011 | 4.620 | 5.389 | 7.062 | 7.789 | 8.932 | 10.057 | 10.278 | 10.543 | 10.861 |
Economía [editar]
Cunha agricultura, baseada na produción de cítricos e cultivos de temporada, e empresas sobre todo do sector terciario, principalmente en distribución, loxística e servizos..
Picanya ten dous polígonos industriais (Alqueria de Moret e Raga) e dúas zonas industriais Faitanar-Vistabella e Sud.
Monumentos [editar]
- Igrexa Parroquial. Está adicada á Virxe de Montserrat. Data do século XVII.