Manises

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manises
Aytomanises.png
Situación xeográfica
Localización de Manises respecto á Comunidade ValencianaLocalización de Manises respecto á comarca da Horta Oest
País España
Comunidade autónoma Comunidade Valenciana
Provincia Valencia
Comarca L'Horta Oest
Xeografía
Altitude 52 msnm
Superficie 19,60 km²
Poboación
Poboación 30.478 hab. (2008)
Densidade 1.555 hab./km²
Xentilicio Maniseiro/a
Información
Código postal 46940
Alcalde Enrique Ángel Crespo Calatrava (PP)
Páxina web Ajuntament de Manises

Manises é un municipio da Comunidade Valenciana. Situado na provincia de Valencia, na comarca da Horta Oest. Conta con 30.478 habitantes (INE 2008) e é famoso pola súa cerámica e por albergar no seu término municipal ao aeroporto de Valencia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado no extremo occidental da Horta de Valencia, na marxe dereita do río Turia. O termo municipal de Manises limita coas localidades de Quart de Poblet, Paterna e Riba-roja de Túria, todas elas na provincia de Valencia.

Dende Valencia, accédese a esta localidade por estrada a través da A-3 e a V-11. Por transporte público é tamén accesible a través das liñas 3 e 5 de Metro Valencia e da liña 150 do autobús Manises/Aeroporto.

Linea3metrovalencia.gif Linea5metrovalencia.gif

Barrios[editar | editar a fonte]

  • El Carme
  • Socusa
  • Obradors
  • Sant Jeroni (Barriada compartida co municipio veciño de Quart de Poblet)
  • Sant Feliu
  • Alameda Park
  • Sant Francesc

Historia[editar | editar a fonte]

Non hai datos seguros dunha ocupación humana deste término anterior á romanización. Desta época son testemuñas, ademais dunha moeda achada no campo de golf e de fragmentos de vasos de terra sigillata aparecidos no Racó, os restos dunha posible vila rústica que hai na partida do Collado, onde se vía o fuste dunha columna de pedra calcaria dun metro de diámetro.

A orixe da poboación é musulmá, aínda que se atoparon pegadas da época romana. Os musulmáns crearon un centro cerámico moi importante que, trala súa conquista, foi doado por 1237 polo rei Jaume II a Artal de Lluna, cuxa familia continuou na posesión até finais do século XIII, en que pasou a poder de Pere Boil, mordomo e tesoureiro de Jaume II. Os musulmáns seguiron vivindo en Manises, traballando o barro cocido, cuxa técnica ensinaron aos cristiáns, os cales á súa vez a perfeccionaron.

Demografía[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 29.778 habitantes en 2007. Un 6,21% dos seus habitantes era, segundo o mesmo padrón, da inmigración.

Evolución demográfica de Manises
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006 2007
Población 3.577 4.076 5.010 6.667 7.711 9.173 13.097 19.945 23.975 24.453 25.897 29.717 29.778

Clima[editar | editar a fonte]

É un clima tipicamente mediterráneo pero non con trazos moi definidos, atopámonos uns veráns menos calorosos que no interior e uns invernos considerablemente bastante máis fríos que na costa, con xeadas nocturnas nos meses de inverno. A temperatura media do inverno descende aos 4,7 graos (aínda que pode chegar aos -5 ºC ou -10 ºC nos días máis fríos) mentres que ao verán ascende aos 24,8 grados (con picos de 35 ºC).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]