Macastre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macastre
Bandera de Macastre.png Escudo macastre.gif
Situación xeográfica
Localización de Macastre respecto á Comunidade ValencianaLocalización de Macastre respecto á comarca da Foia de Bunyol
País España
Comunidade autónoma Comunidade Valenciana
Provincia Valencia
Comarca Foia de Bunyol
Xeografía
Altitude 360 msnm
Superficie 37,70 km²
Poboación
Poboación 1.293 hab. (2008)
Densidade 34,46 hab./km²
Xentilicio Gandiense
Información
Código postal 46368
Alcalde José Vicente Sáez Miralles (PSPV)
Páxina web Ajuntament de MAcastre

Macastre é un municipio sito na comarca da Foia de Bunyol, no País Valenciano. No ano 2008 (INE) contaba con 1.293 habitantes. A súa área é de 37,7 km2².

Limita con os concellos de Alboraig, Dosaigües e Iàtova.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado entre as concas os ríos Bunyol e Magre. O seu relevo é bastante accidentado, constituído por pequenas elevacións e lombas de materiais cretáceos integrados no Sistema Ibérico. Na metade norte destaca o "turó" do Castell (430 m), ao pé do cal se asenta a poboación de Macastre. Logo de salvarse a "rambla" ou cavorco de La Hortera, o terreo torna elevarse, como no Puntal de Santa Bàrbara (400 m) e no da Foia da Estanquera (429 m); despois aparece o val do río Magre e na outra banda, no extremo sur, comezan as primeiras estribacións da serra de Dosaigües, de maiores proporcións que as alturas do termo de Macastre.

Historia[editar | editar a fonte]

Os restos máis antigos atopados en Macastre corresponden á Idade do Bronce. Xa na Idade Media, no ano 713, hai un tratado de capitulación no que es testemuña a presenza musulmá. En 1122 hai noticia de que o rei de Aragón Afonso I (1073-1134) recadaba parias dos almorábides. En 1238, tras a capitulación de Valencia, os castelos, vilas e alcarías (granxas) son organizadas en "fogos" e repartidos por Jaume I (1208-1276), de maneira que dan lugar ao señorío de Bunyol que abrazaba, máis ou menos, os límites da actual comarca da Foia de Bunyol, que foi concedido, o 28 de abril de 1238, a Roderic de Liçana, quen o transferiu logo á orde do Hospital. Até a expulsión dos mouriscos, en 1609, a poboación medraba con rapidez –64 familias en 1563 e 98 en 1602-, axudada pola importancia estratéxica do seu castelo, sito a cabalo dos reinos de Valencia e de Castela, pero esta medra demográfica veuse frustrada con o desterro dos mouros e, se ben o 10 de novembro de 1611 se concedeu carta de poboación a diversas familias cristiás polo señor territorial, Gaspar Mercader e Carroç, señor de Macastre, estes novos poboadores non chegaban a unha vintena de veciños. Até o século XVIII non se produciu a recuperación demográfica que, desde aquela altura sempre ten sido dun moderado ascenso cun devalo durante as décadas centrais do XX.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1990 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2006 2007
825 857 932 997 1.000 1.050 1.066 1.137 1.201 1.299

Economía[editar | editar a fonte]

A economía do concello baséase tradicionalmente na agricultura de secaño, con predominio do cultivo de oliveira, viñedo e alfarrobeira. Produce aceite de oliveira de excelente calidade.

Monumentos[editar | editar a fonte]

Un paseo pola localidade permite gozar da Plaza de los Árboles, con árbores centenarias; da fonte do Bolot, realizada nos inicios do XX con azulexos de estilo modernista e máis dunha boa mostra da arquitectura rural do interior.

Dentro do seu patrimonio debe salientarse aínda:

  • O castelo, berce da poboación, xa que a súa fundación podería datarse na Idade do Bronce, aínda que o seu esplendor corresponde á época islámica, no século. Actualmente áchase en lamentábel estado de ruína, mais o concello está a estudar crear nel un parque arqueolóxico.
  • Igrexa da Transfiguración do Salvador, do século XVII, con fermoso campanario barroco.

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

  • Festas patronais, teñen lugar durante a primeira quincena de agosto. Están dedicadas aos patronos, San Salvadorei Santa Bárbara.
  • Semana taurina, inmediatamente logo das festas patronais, ao longo dunha semana.
  • Festas das Fillas de María, no primeiro fin de semana de setembro. Ademais dos actos relixiosos en honra da Virxe, realízanse verbenas, cabalgadas, ofrendas de flores, mascletades (disparos de cañóns ad hoc) e castelos de fogos artificiais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

S