Beniparrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°22′50″N 00°24′41″W / 39.38056°N 0.41139°W / 39.38056; -0.41139

Beniparrell
Escudo de Beniparrell.svg
Situación xeográfica
Localización de Beniparrell respecto á Comunidade ValencianaLocalización de Beniparrell respecto á comarca da Horta Sud
País España
Comunidade autónoma Comunidade Valenciana
Provincia Valencia
Comarca L'Horta Sud
Xeografía
Altitude 20 msnm
Superficie 3,71 km²
Poboación
Poboación 1.955 hab. (2008)
Densidade 528,38 hab./km²
Xentilicio Beniparrellí
Información
Código postal 46469
Alcalde Vicente José Hernandis Costa (GIB)
Páxina web www.beniparrell.es

Beniparrell é un municipio pertencente á provincia de Valencia e á comarca da Horta Sud, na Comunidade Valenciana.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado na zona de transición da Horta de Valencia á Ribeira do río Júcar. A superficie do termo é chaira. Drena o termo o barranco de Picassent. O clima é mediterráneo, producíndose as choivas no outono e primavera. O termo municipal de Beniparrell limita coas localidades de Albal, Alcàsser e Silla todas elas da Horta Sud.

Historia[editar | editar a fonte]

Nas súas orixes Beniparrell era unha alquería musulmá, pero unha vez conquistado o Reino de Valencia, pasou a mans de Arnau de Romaní en agradecemento polos servizos prestados. Arnau sería señor da vila até o 1297 cando se vendeu ao convento de Portaceli, por unhas 44.000 libras. Máis tarde, en 1314 foi comprado por un cidadán de Valencia. Despois dalgúns cambios de propietario máis, finalmente volveu á liñaxe dos Romaní.

Nos últimos anos do século XIV, converteuse nunha propiedade da familia Escrivà os cales se converteron en baróns de Beniparrell. En 1600 vendéronse uns terreos aos monxes carmelitas para que construísen un convento. E foi ao redor deste onde comezou a establecerse a poboación. Durante as desamortizacións do século XIX o convento pasou a mans privadas, de novo ao barón.

Ao redor de 1850, Beniparrell constituíu o seu propio concello aínda que despois pasaría a formar parte de Albal durante un tempo, ata que de novo estableceuse como unha cidade independente. A partir deste momento a historia da vila foi ligada á do país.

Demografía[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 1.955 habitantes en 2008.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2007
503 581 683 748 819 901 1.016 1.044 1.321 1.366 1.611 1.808 1.810 1.896

Economía[editar | editar a fonte]

Tódolos cultivos son de regadío, sendo a laranxeira a principal produción. Cultívase tamén patacas, cacahuete, fabas, hortalizas, cereais e froiteiras. Régase con augas do Xúcar a través do Caldeirón Real e tamén con augas do subsolo. Hai varias granxas avícolas. A industria atópase vinculada á da capital da provincia (mobles, xoguetes, papel, etc). Tamén hai almacéns para a manipulación da laranxa.

Monumentos[editar | editar a fonte]

  • Igrexa Parroquial de Santa Bárbara, con pinturas do século XVIII.

Festas locais[editar | editar a fonte]

  • Festas Maiores. Celebran as súas festas á Virxe do Carme o 15 e 16 de xullo.
  • Santa Bárbara. Celébranse do 3 ao 4 de decembro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Beniparrell