Picassent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picassent
Escudo picassent.gif
Situación xeográfica
Localización de Picassent respecto á Comunidade ValencianaLocalización de Picassent respecto á comarca da Horta Sud
País España
Comunidade autónoma Comunidade Valenciana
Provincia Valencia
Comarca L'Horta Sud
Xeografía
Altitude 50 msnm
Superficie 85,78 km²
Poboación
Poboación 19.385 hab. (2008)
Densidade 225,99 hab./km²
Xentilicio Picassentino/a
Información
Código postal 46220
Alcalde Mª Concepción Garcia Ferrer (PSPV)
Páxina web www.picassent.es

Picassent é un concello da Comunidade Valenciana que se atopa na bisbarra da Horta Sud.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Picassent está situado no extremo sudoeste da Horta valenciana, sendo o seu medio climático típico mediterráneo. Nos outeiros próximos á vila levantáronse nas últimas décadas varias urbanizacións residenciais; a Creueta, a Canyada del Císcar, El Alter etc..

O termo municipal de Picassent limita cos concellos de Alcàsser, Alfarp, Almussafes, Benifaió, Llombai, Monserrat, Silla e Torrent, todos situados na provincia de Valencia. Accédese a esta localidade desde Valencia tomando a N-332 ou pola Autovía A-7 E-15. Tamén se pode acceder a través da liña 1 de MetroValencia.

Historia[editar | editar a fonte]

No termo municipal de Picassent hai restos da idade de bronce (Molló de l'Almud i Avenc de l'Àguila) e da época romana (Mais dels Foressos). Tanto a vila como as súas pedanías de Nillerola e de Espioca, que conserva unha torre da época islámica, foron na súa orixe alquerías musulmás.

No 1237, Xaime I entregou o sitio a Roderic Çabata ( "Rodericus Çabata, miles, alqueriam de Pichaçen, totam, idus octobris" . Llibre do Repartiment do Regne de València), a quen sucedeu o seu fillo Eiximén. Permaneceu despoboado de musulmáns despois de 1248 mais, a causa do fracaso da repoboación de cristiáns, o señor tivo que admitir de novo á poboación islámica.

Agnès Ximénez Sabata herdou o señorío e transmitiuno ao seu fillo Fernando de Aragón, bastardo de Pedro III o Grande, que o vendeu a Ramón Boïl en 1347. Esta familia dispón do señorío ata que no 1367 pasa á familia Castellà que no 1451 compraron Espioca. Ramón Castellà vendeu o señorío a Ramón Peixó, no ano 1511.

Despois da guerra de sucesión española, adquire a propiedade o Marqués de Dues Aigües que a mantivo até a abolición dos señoríos. Segundo Jeroni Munyós, a mediados do século XVI, contaba con 65 veciños que a finais do século, segundo unha memoria elaborada no pobo, chegaron a ser 493 habitantes. Cavanilles, no 1794, consigna 390 veciños. Madoz, a mediados do século XIX achega a cifra de 2.121.

Demografía[editar | editar a fonte]

Picassent conta con 19.385 habitantes (2008).

Evolución demográfica de Picassent
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2007
2.643 3.313 4.052 4.500 4.898 5.322 6.007 6.974 8.433 11.143 13.691 14.604 15.438 16.333 18.556

Economía[editar | editar a fonte]

Antigamente predominaban os cultivos de secaño, pero a construción do caldeirón Real do río Xúcar a finais do século XVII, transformou a zona oriental do termo en regadío, predominando actualmente os cultivos de laranxeira. Parte importante da economía de Picassent, son tamén, o comercio, os servizos, a construción e a industria, destacando o seu polígono industrial en plena fase de expansión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Picassent Modificar a ligazón no Wikidata