Alcàsser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcàsser
Escudo de Alcàsser
Situación xeográfica
Localización de Alcàsser respecto ao País ValencianoLocalización de Alcàsser respecto á comarca da Horta Sud
Estado: España
Comunidade autónoma: País Valenciano
Provincia: Valencia
Comarca: L'Horta Sud
Xeografía
Altitude: 15 msnm
Superficie: 9,01 km²
Poboación
Poboación total: 8.925 hab. (2008)
Densidade de poboación: 990,57 hab./km²
Xentilicio: Alcasseiro/a
Información
Código postal: 46290
Alcalde: Mª Remedios Avia Ferrer (PP)
Sitio na web: www.alcasser.es

Alcàsser é un concello do País Valenciano, pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Horta Sud. O topónimo vén do vocábulo árabe al-qasr, "a fortaleza", que evolucionou en galego como "alcázar".

Índice

[editar] Xeografía

Situado ao sur da cidade de Valencia, e á dereita do antigo Camiño Real de Madrid. A superficie do termo é chaira. Crúzano os barrancos de Picasent e do Realón. O clima é tépedo; predominan os ventos de poñente e levante. As terras de cultivo, arxilosas e profundas, están moi repartidas en parcelas. Régase con augas da Acequia Real do Xúcar, da fonte de Ninyerola, e mediante pozos.

[editar] Localidades limítrofes

Alcácer limita coas localidades de Torrent, Catarroja, Albal, Beniparrell, Silla e Picassent, todas da provincia de Valencia.

[editar] Historia

Habitada por musulmáns, o rei Xaime I cedeuna a Artal de Foces que tentou, en 1248, poboala de cristiáns. En 1250 o seu señor feudal era Pere Roiç de Corella e en 1299 a familia Riusech. O 22 de outubro de 1364, Pedro o Cerimonioso doou a Pere Boïl a xurisdición criminal; a Vidal de Villanova e a súa muller Sibila a torre e fortaleza de Alcácer, e seis días despois vendeullas a Giner Rabassa por 60.000 soldos, incluíndo o terzo dezmo e censos sobre as casas e os homes co mero e mixto imperio. En 1400 vendeuse a baronía en pública poxa sendo adquirida por Jaume Roméu, quen conseguiu que o señorío se integrase na particular contribución de Valencia, beneficiándose dalgunhas das franquías desta. En 1417 foi comprada por Bernat Guillem Català e en 1443, é cando, Joan Català, obtivo a suprema xurisdición. En 1446 vendeu a baronía ao seu primo Galcerà de Castella, barón de Picassent. Segundo a carta poboacional de 13 de decembro de 1417, os vasallos habían de contribuír con elevadas cargas: un cuarto dalgunhas colleitas, terzo dezmo e outros dereitos feudais. Nas Cortes Valencianas de 1604, o señor de Alcácer, Cristòfol Çanoguera, pediu a confirmación da suprema xurisdición. Dende 1328 houbo de existir unha igrexa, aínda que o actual edificio acabouse de construír en 1805.

[editar] Demografía

Alcàsser conta cunha poboación de 8.925 habitantes en 2008.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2007 2008
3.200 3.411 3.530 4.055 4.368 4.473 4.679 5.449 6.555 7.191 7.229 8.351 8.505 8.716 8.925

[editar] Colexios e Institutos

Alcácer, conta con tres colexios de educación primaria, un deles privado; un instituto público de Educación Secundaria e unha escola de Adultos.

[editar] Gastronomía

Destacan os doces: "prato de gloria" ("plat de glòria"), "coca de cabaza" ("coca de carabassa"), "coca de arroupe", "coca fina", "coca bébeda" ("coca borratxa") e "palotes doces" ("pilotes dolçes").

[editar] Economía

A primeira metade do século XIX producía froitas, trigo, millo, bastante seda (grazas a que importaba a folla de moreira dos pobos da Ribeira), e aceite de oliva que exportaba á capital. Actualmente cultívase principalmente laranxeiras, pasando cada vez máis a ser un pobo industrial.

Alcàsser contén 2 polígonos industriais, o de "O Plá" e o de "L'Alter", diversos bancos e tendas.

[editar] Monumentos

  • Igrexa de Sant Martí Bisbe (1610, ampliada en 1805); con interesantes frescos de Martiño de Tours e San Luís Beltrán, atribuídos a Vicente López, pintor de cámara das cortes de Carlos IV e Fernando VII; así como a capela do Cristo da Fe (1819). Aínda que a construción data do séculoXVIII sufriu importantes cambios: unha remodelación, unha substitución, unha restauración e diversos engadidos necesarios. Destaca tamén dentro das construcións relixiosas O convento de María Auxiliadora. Ademais é posible visitar o Museo da Horta Sud, o cal conserva ou salvagarda as tradicións da comarca así como os seus costumes dende 1996, momento en que foi inaugurado.
  • Palacio da Baronía. O antigo palacio, levantado sobre unha fortaleza de orixe musulmá, foi transformado en Casa do Concello.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas