Algemesí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Algemesí
Escudo de Algemesí
Situación xeográfica
Localización de Algemesí respecto ao País ValencianoLocalización de Algemesí respecto á comarca da Ribera Alta
Estado: España
Comunidade autónoma: País Valenciano
Provincia: Valencia
Comarca: Ribera Alta
Xeografía
Altitude: 17 msnm
Superficie: 41,70 km²
Poboación
Poboación total: 27.770 hab. (2008)
Densidade de poboación: 665,95 hab./km²
Xentilicio: Alcireño/a
Información
Código postal: 46600
Alcalde: Vicent Ramón García i Mont (PP)
Sitio na web: Ajuntament d'Alguemeí

Algemesí é un concello do País Valenciano. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Alta.

Índice

[editar] Geografía

O río Magre, afluente do Xúcar, abraza o centro urbano e conflúe con aquel dentro do termo, na paraxe natural municipal da "Xopera", o único parque natural pertencente a Algemesí, posto que o resto do termo é unha enorme alfombra verde dedicada ao cultivo da laranxeira, arroz, albaricoqueiros, etc. No extremo nordés do termo municipal, concretamente na partida do Barranco, está situada a Reserva do Samaruc (pequeno peixe autóctono valenciano), superficie de 11.800 m² que antes se utilizaba para o cultivo do arroz e agora, por estar incluída no Parque Natural da Albufera, dedícase á recuperación desta especie que se atopa en perigo de extinción. Tamén se traballa con flora e fauna autóctona que necesita protección por exemplo o "fartet", o "mossegadoret", o "petxinot", a "gambeta", a "gamba gavatxa", etc.

O clima é mediterráneo; veráns calorosos con temperaturas que oscilan entre 30º e 38º, con tormentas estivais finais agosto, invernos suaves que varían entre 14º e 4º, no outono choivas intensas tipicamente chamadas "gota fría".

Accédese a Algemesí dende Valencia, a través da V-31 tomando logo a CV-42. Conta tamén con estación de ferrocarril da liña de Proximidades Valencia e pola AP-7 E-15, saída Algemesí.

[editar] Núcleos de poboación

No concello de Algemesí atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:

  • Algamesí
    • El Pla.
    • El Teular
    • Plaça de la Ribera
    • Bernart Guinovart
    • Parc Salvador Castell
    • Plaça d'Alacant
    • Barri de Santa Bàrbara
    • Barri de Muntanya
    • Barri de Capella
    • El Mercat
  • Carrascalet
  • Raval

E os históricos poboados de:

  • Pardines.
  • Cotes.

[editar] Localidades limítrofes

O concello de Algemesí limita coas seguintes localidades:

Alzira, Alginet, Guadassuar da mesma comarca e Albalat de la Ribera, Polinyà de Xúquer e Sollana (da Ribera Baixa)

[editar] Economía

De economía basicamente agraria, o aproveitamento das augas da Acequia Real do Xúcar introduciu o cultivo da moreira e o arroz que deron un bo pulo ao crecemento da vila. As terras dedicadas ao cultivo aumentan, sobre todo as dedicadas ao arroz, unhas 14.000 anegadas e outras 16.000 de moreira, trigo, millo, cebada, fabas e outros cultivos de regadío. Posteriormente o cultivo dos cítricos foi gañando terreo ao do arroz.

Nas últimas décadas a industria desenvolveuse de forma considerábel en detrimento de a agricultura. Os novos parques empresariais da cidade atraeron a numerosas empresas de toda a rexión, fomentando así, o desenvolvemento económico de Algemesí, grazas á competitividade dos terreos para uso industrial. Algemesí é, despois de Alzira, a cidade con máis número de empresas da comarca da Ribeira Alta.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas