Catarroja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catarroja
Escudo de Catarroja
Situación xeográfica
Localización de Catarroja respecto ao País ValencianoLocalización de Catarroja respecto á comarca da Horta Sud
Estado: España
Comunidade autónoma: País Valenciano
Provincia: Valencia
Comarca: L'Horta Sud
Xeografía
Altitude: 16 msnm
Superficie: 13,00 km²
Poboación
Poboación total: 25.650 hab. (2007)
Densidade de poboación: 1.973,0 hab./km²
Xentilicio: Catarroxí/ina
Información
Código postal: 46.200
Alcalde: Francisco Chirivella Peris (PP)
Sitio na web: Ajuntament de Catarroja

Catarroja é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud. Limita con Albal, Alcàsser, Massanassa, Paiporta, Picanya, Torrent e a cidade de Valencia.

Índice

[editar] Xeografía

Situado na comarca da Horta Sud, atópase a 8 km da capital Valencia e moi preto do lago valenciano por excelencia, a Albufeira. O seu porto da Albufeira é famoso, gracias ao cal converteuse na berce de l'all i pebre (allo e pemento prato típico valenciano no cal a base principal é a anguía).

Esténdese por unha extensa chaira aluvial afundida dende o Mioceno, que se eleva dende o Mar Mediterráneo até os cerros do oeste.

A horta e o elemento máis definitorios da paisaxe, onde a Albufeira coas súas barcas, a pesca, o porto e o cultivo do arroz son a razón da súa existencia. Os campos de arroz coas pequenas construcións que albergan os motores de auga e os hortos de laranxas conforman a paisaxe agraria na actualidade. O clima é mediterráneo.

[editar] Economía

É unha vila de tradición pesqueira, aínda que pouco a pouco esta vaise perdendo, mais tamén ten unha ampla zona de horta, e sobre todo o cultivo arroz, o cal cultívase na ribeira da Albufeira, no Camí del Port.

En canto á industria destaca de xeito importante o sector do moble. Tamén pódese destacar a existencia dun forte tecido empresarial situado no seu polígono.

[editar] Accesos

Accédese a esta localidade dende Valencia, por estrada, tomando a CV-4001. Tamén conta con estación de ferrocarril da liña de Cercanies València C-1 e C-2 (RENFE).

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas