Albuixech

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albuixech
Escudo de Albuixech
Situación xeográfica
Localización de Albuixech respecto ao País ValencianoLocalización de Albuixech respecto á comarca da Horta Nord
Estado: España
Comunidade autónoma: País Valenciano
Provincia: Valencia
Comarca: L'Horta Nord
Xeografía
Altitude: 3 msnm
Superficie: 4,40 km²
Poboación
Poboación total: 3.793 hab. (2008)
Densidade de poboación: 862,05 hab./km²
Xentilicio: Albuixequí/ina
Información
Código postal: 46550
Alcalde: Jose Vicente Andreu Castello (PSPV)
Sitio na web: www.albuixech.es

Albuixech (escrito coa actual normativa do catalá: Albuixec, oficialmente: Albuixech), é un concello do País Valenciano, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Conta con 3.793 habitantes (2008). O topónimo é de orixe árabe, Abu-Saak.


Índice

[editar] Xeografía

Situado na comarca da Horta Nord, atópase a 9 km da capital Valencia. É un municipio da zona costeira da horta de Valencia, distando a 2 km do centro urbano, é baixa e areosa, cunha extensión de praia de varios quilómetros.

[editar] Localidades limítrofes

Albuixech limita coas localidades de Massalfassar, Museros e Albalat dels Sorells todas da Horta Nord.

[editar] Demografía

Albuixech conta cunha poboación de 3.793 habitantes en 2007.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2007 2008
1.514 1.924 2.047 2.248 2.301 2.310 2.407 2.641 2.974 2.963 3.032 3.000 3.646 3.793

[editar] Economía

A economía do concello está baseada tradicionalmente na agricultura. Os cultivos de horta lógranse en rotacións intensivas moi variadas que producen tres colleitas anuais. Na actualidade gañaron peso as industrias fincadas no poligono do Mediterrani e entre elas algunhas multinacionais como Vossloh (antiga Alstom).

[editar] Gastronomía

O arroz es la base de la cociña máis tipicamente valenciana, predominante en todo o litoral, e o prato máis coñecido é a paella, aínda que tamén destacan o "arroz abanda" (arròs abanda) prato mariñeiro ao que da o sabor dominante o peixe e os mariscos ou o "arròs amb fesols i naps", con carnes de vacún, de porco e, ás veces de pato da Albufeira.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas