Godella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Godella
Escut de Godella.svg
Situación xeográfica
Localización de Godella respecto á Comunidade ValencianaLocalización de Godella respecto á comarca da Horta Nord
País España
Comunidade autónoma País Valenciano
Provincia Valencia
Comarca L'Horta Nord
Xeografía
Altitude 30 msnm
Superficie 8,4 km²
Poboación
Poboación 12.835 hab. (2008)
Densidade 1.527,98 hab./km²
Xentilicio Godellenco/a
Información
Código postal 46110
Alcalde Salvador Soler Chulià (PSPV)
Páxina web www.godella.es

Godella é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, situado na zona noroeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Conta con 12.835 habitantes (2008).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Godella está situado na Horta de Valencia, ao noroeste da capital. O terreo participa da chaira da horta e dos outeiros calcáreas que se elevan cara ao interior, até alcanzar unha altura superior aos 120 m nas As Colonias e Camarena, no extremo noroeste do termo. O relevo accidentado vén constituído polo último espolón do suave anticlinal calizo que separa as concas do río Turia e do barranco do Carraixet.

A parte baixa da horta está formada por sedimentos cuaternarios. O barranco dos Frades é o accidente de maior importancia. Pódese acceder a esta localidade a través da liña 1 de Metro Valencia.

Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]

O termo municipal de Godella limita coas seguintes localidades: Bétera, Burjassot, Paterna, Rocafort e Valencia, todas elas da provincia de Valencia.

Historia[editar | editar a fonte]

Dos primeiros tempos da Idade dos Metais proceden os restos máis antigos atopados até agora no termo de Godella. Proceden da Covatella e forman un nivel inferior, posiblemente dun enterramento colectivo, sobre o que se atopa outro estrato da época romana. Os restantes vestixios arqueolóxicos son todos eles de época romana.

En tempos da reconquista cristiá era unha alquería árabe das dúas que aparecen co nome de Godayla no Llibre do Repartiment. Xaime I doouna a Pere Maça en 1238, mais tamén deu terras pertencentes a dita alquería a Sancho Pérez de Novailes, a Pascual Castellet e a Pedro Azlor. Pasou logo a propiedade de Sancho Tena, e a principios do século XVI, a Bartolomeu Almenar. Pasou logo a mans da familia Juliá Muñoz, e finalmente aos baróns de Santa Bárbara.

A expulsión dos mouriscos, en 1609, deixou case sen habitantes a Godella, pero foi repoboada antes que outros lugares, dada a súa proximidade á cidade de Valencia. Aínda que isto é o que afirma a historiografía tradicional, non hai documentos escritos que o sustenten. Antes ao contrario, os documentos escritos demostran que Godella era un lugar habitado por "cristiáns vellos", sen mouriscos polo menos dende finais do século XV. Se houbo despoboamento en Godella durante os inicios do século XVII debeuse a que o señor xurisdicional do lugar, Cristóbal Muñoz, levou vasallos "seus" de Godella para repoboar outros lugares.

Demografía[editar | editar a fonte]

Casa do Concello de Godella

A principal característica de Godella son as diversas urbanizacións existentes no seu termo municipal que fixeron que se produza unha forte corrente de inmigración de clase media-alta dende outros municipios da comarca. Conta cunha poboación de 12.835 habitantes en 2008.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2007
2.200 2.697 2.861 3.345 4.574 4.702 5.117 5.702 7.804 9.621 11.222 12.581 12.993

Economía[editar | editar a fonte]

Aínda que unha parte do seu termo municipal cultivouse (prodúcense diversos produtos como patacas, cebolas ou chufas), a agricultura non ten apenas importancia na economía local. Tamén atopamos o polígono industrial de "Obradors", onde un edificio a resaltar é a nave-taller de Andreu Alfaro, eminente escultor valenciano.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]