Alfara del Patriarca
| Alfara del Patriarca | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Valencia |
| Comarca: | L'Horta Nord |
| Xeografía | |
| Altitude: | 35 msnm |
| Superficie: | 2 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 2.985 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 1.492,50 hab./km² |
| Xentilicio: | Alfareiro/a |
| Información | |
| Código postal: | 46115 |
| Alcalde: | Enric Miquel Cuñat Sese (PSPV) |
| Sitio na web: | www.alfaradelpatriarca.es |
Alfara del Patriarca é un concello do País Valenciano, situado na zona noroeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Conta con 2.985 habitantes (2008).
Índice |
Xeografía [editar]
O escaso termo municipal de dous quilómetros cadrados está situado na Horta de Valencia, por iso os accidentes xeográficos son mínimos sendo todo el practicamente chairo, estando situado o centro urbano a unha altitude de 35 msnm. A única excepción é o barranc del Carraixet que atravesa o termo municipal de norte a sur a escasa distancia do centro urbano. A pesar de que normalmente se atopa seco o gran tamaño da súa conca provoca que sexan frecuentes os desbordamentos cando se producen episodios de gota fría no outono.
Localidades limítrofes [editar]
Alfara del Patriarca limita cos concellos de Foios, Montcada, Vinalesa e Valencia.
Historia [editar]
Como a maioría de localidades da comarca Alfara do Patriarca foi unha alquería musulmá. Foi reconquistada por Xaime I en 1249 que despois a cedeu a Ximén Pérez da localidade aragonesa de Tarazona. En 1396 foi adquirida por Bartolomeu Cruïlles. En mans desta familia permaneceu até finais do século XVI sendo responsables da construción do coñecido como Palacio de Cruïlles un dos monumentos máis destacados da localidade.
A familia Cruïlles vendeu a localidade a San Xoán de Ribeira, arcebispo de Valencia tamén coñecido como o Patriarca sendo cedida anos máis tardes ao Real Colexio do Corpus Christi de Valencia, fundado polo mesmo santo. En 1819 independizouse do colexio do Corpus Christi como parroquia da próxima localidade de Montcada. Durante as guerras carlistas foi escenario de incursións das tropas do Xeneral Cabrera e da partida do Serrador.
Demografía [editar]
Conta cunha poboación de 2.985 habitantes en 2008. O casco urbano atópase conurbado ao de Montcada e este ao da pedanía valenciana de Massarrojos formando unha cidade de feito de case 25.000 habitantes.
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.342 | 1.575 | 1.810 | 2.230 | 2.272 | 2.349 | 2.508 | 2.777 | 2.851 | 2.818 | 2.683 | 2.801 | 2.858 |
Economía [editar]
A economía da localidade dependeu tradicionalmente da agricultura sendo o 100% dos seus cultivos de regadío destacando as laranxeiras e limoeiros, as patacas, o millo e diversas hortalizas. Porén no último século desenvolveuse unha pequena industria especializada na fabricación de mistos, materiais de construción e insecticidas.