Upanishads

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Upanishads son textos védicos escritos en sánscrito, parte fundamental da tradición metafísica e relixiosa do hinduísmo. Existe un gran abano cronolóxico na súa datación. Existen fragmentos que se remontan alén dos 1000 anos antes de Cristo. Pero as formas últimas deberon elaborarse uns 200 anos antes da nosa era.

O eixo fundamental é a fusión do Atman que se encontra en todos os seres co Brahman entendido como o Absoluto que escapa a toda categoría mental. Esta fusión é a realización do sentido da existencia, a finalidade da vida humana. Para iso débese realizar o distanciamento, acalar a apetencia polos seres, e non deixarse enganar pola ilusión da multiplicidade. A conciencia perceptiva apreixada nunha ignorancia metafísica é fonte de dor e turbación mental. Só a ascese do desapego e a cesación da actividade mental consegue a inmobilidade, a indivisión, a pacificación, ata a identificación con Brahman. Cando se chega a abandonar as modificacións pensantes obtense o estado supremo e se rahca co ciclo das reencarnacións.

O Atman que se encontra en todos os seres, e todos os seres se encontran nel; cando se lle ve, acádase a identidade co supremo Brahma, non existe ningún outro medio