Mente
A mente é o nome máis común do fenómeno emerxente que é responsábel do entendemento, a capacidade de crear pensamentos, o raciocinio, a percepción, a emoción, a memoria, a imaxinación e a vontade, e outras habilidades cognitivas.
Procesos e características [editar]
A mente ten dous tipos de procesos, os conscientes e os inconscientes. Tamén abrangue funcións non intelectuais, é dicir, funcións afectivas. A mente é un resultado da actividade do cerebro, por poder localizar a actividade pensante do individuo en rexións concretas, tales como o hipocampo.
Os neurólogos confirman que, ao interaccionar as diferentes rexións, o individuo pode manifestar estados polarizados da súa personalidade. Grazas a estes descubrimentos puido avanzarse en psicofarmacoloxía, por exemplo nos denominados antidepresivos, con resultados moi alentadores.
Como obxecto de estudo, a mente foi tratada pola psicoloxía dende os seus inicios, e o seu conceptualización está presente en case todas as teorías psicolóxicas, a excepción practicamente só do condutismo.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- C. D. Broad, The Mind and Its Place in Nature, 1925. (en inglés)