Ioga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iogui en Birla Mandir
Iogue en postura de lotus practicando pranayama.

Ioga designa un conxunto de tradicións, ensinanzas e filosofías, non moi homoxéneas, centradas principalmente en prácticas de desenvolvemento humano, que se desenvolveu ao longo da historia no Oriente, particularmente na India, e que actualmente está amplamente difundido en todo o mundo, inclusive no Occidente.

Ioga non é, en si, unha filosofía. É un camiño práctico para liberar a persoa das amarras que impiden a unión desexada. O sistema filosófico que apoia e acompaña esta práctica, e que segundo o Bhagavad Gita é inseparábel dela, é o Sankhya.

[editar] Orixe do termo

Ioga, da raíz sánscrita yuj, nomea o xugo que se usa para unir a xunta de bois ao arar a terra. Por extensión, vén significar unión. Obxectiva a unión que é liberación: unión de todos os aspectos dispersos e separados da persoa, a unión do eu ou consciencia individual co espírito divino interior, que recibe o nome de samadhi.

[editar] Clasificación

Os principais ramos do ioga incluen raja-ioga, carma-ioga, jnana-ioga, bacti-ioga e hata-ioga. O Raja Yoga, compilado nos Ioga Sutras de Patanjali, e coñecido simplemente como ioga no contexto da filosofia hinduísta, forma parte da tradición Samkhya. Diversos outros textos hindus discutem aspectos do ioga, incluindo os Vedas, os Upanixades, o Bagavadguitá, o Hatha Yoga Pradipika, o Shiva Samhita e diversos Tantras.

O ioga divídese en dous grandes grupos: Ioga antigo e Ioga moderno. O Ioga antigo subdívidese en preclásico e clásico. O Ioga Moderno, en medieval e contemporáneo. Cada unha desas subdivisións teñen características que a distinguen tanto das demais, que pasaron as catro a ser coñecidas como troncos. De cada tronco, naceron varias ponlas do Ioga. Os troncos determinan se a base será Samkhya (antigo) ou Vedanta (moderno); e se a postura comportamental adoptada será Tantra (Ioga preclásico e contemporánep) ou Brahmacharya (Ioga clásico medieval). Tamén as ponlas definen se as técnicas estarán constituídas por mudras, pújas, mantras, pranayamas, kriyas, asanas, yôganidrás, dháranas, dhyana, etc. Estas variacións foron elaboradas empiricamente ao longo de 5000 anos para adaptarse a diferentes tipos de practicantes. As combinacións entre si alcanzan unha variedade incalculábel e pódese dicir que hai polo menos unha modalidade da Ioga perfecta para cada persoa.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas