Bolboreta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Bolboretas | ||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||
| Familias | ||||||||||||||||||||||||||
|
en Hesperioidea: en Papilionoidea: Papilionidae |
||||||||||||||||||||||||||
A bolboreta é un insecto lepidóptero que, despois de ter superado o estado de larva, presenta dous pares de ás. As ás están recubertas con escamas microscópicas que se lle desprenden con só tocarlle, semellando, ao tacto e á vista, un po suave. Hai sinónimos de bolboreta como choruma ou papoia. A bolboreta nocturna denomínase avelaíña.
As bolboretas teñen algunhas características especiais. As pezas bucais transformaronse nunha trompa que succiona e que se enrola nunha espiral.
A cor das ás débese polo xeral a efectos ópticos das escamas máis que a pigmentos.
Índice |
[editar] Cor
As ás están cubertas de escamas de diversas cores que xeralmente trazan debuxos moi coloridos. O colorido das ás débese a fenómenos físicos de interferencia, como as irisacións dun disco compacto, e non a pigmentos.
O máis común é que haxa dimorfismo sexual na cor, é dicir, diferenzas regulares entre machos e femias.
[editar] Ciclo de vida
Nacen de ovos que deixan as bolboretas femias nunha planta hóspede específica. Nacen como larvas vermiformes (semellantes a vermes) chamadas eirugas e comen vorazmente as follas ou talos tenros á vez que crecen rapidamente. Cada especie require unha ou varias clases de plantas para a súa alimentación, e a extinción dunha planta pode arrastrar a dunha bolboreta.
Nun momento do seu desenvolvemento, a eiruga protéxese dentro dun casulo e alí transfórmase en crisálida. Neste estado non se alimenta e sofre grandes cambios metabólicos e morfolóxicos, que no seu conxunto é chamado metamorfose. A bolboreta adulta sae rompendo o esqueleto externo da crisálida. Para entrar na fase de crisálida a eiruga busca un lugar resgardado ou constrúe un casulo, como ocorre por exemplo na bolboreta da seda.
[editar] Vida adulta
As bolboretas adultas aliméntanse libando, chuchando o néctar das flores coa súa espiritrompa, unha estrutura bucal extensible evolucionada a partir dalgunhas das pezas bucais articuladas típicas dos insectos.
Machos e femias búscanse activamente, empregando as bolboretas diúrnas como guía visual o seu bater de ás característico, e empregando as nocturnas o sentido do olfacto. Tras a fecundación, a femia pon varios centos ou milleiros de ovos. Nalgúns casos a vida adulta é breve, vivindo só o tempo necesario para asegurar a reprodución.
[editar] Cría de bolboretas
As bolboretas pódense criar en xeral con facilidade, con tal de que se lles ofreza unhas condicións ambientais adecuadas (temperatura, humidade, altitude) e se suministre ás eirugas a planta que a súa especie require. Lógrase mediante a cría exemplares perfectos para os colecionistas, sen os deterioros que as veces producen a captura de exemplares libres. Tamén se conseguen exemplares vivos e saudables para a súa exposición en terrarios. Tamén hai cría de bolboretas enfocada á liberación en eventos especiais como vodas, aniversarios, inaguracións, etc., así como para o seu estudo en escolas e seminarios para a educación ambiental.
[editar] A cría de bolboretas e a economía.
A cría de bolboretas é unha actividade sostible, é dicir, que non prexudica o medio ambiente e proporciona traballo ás persoas que viven nos países tropicais do mundo como: Perú, Belice, Colombia, Costa Rica e México.
O Perú, por exemplo, posúe aproximadamente 3800 especies rexistradas de bolboretas e é o país con máis bolboretas do mundo, sendo as especies amazónicas peruanas as máis espectaculares. O potencial turístico para Perú como país de observación de bolboretas pode resultar polo tanto interesante a nivel económico, do mesmo modo que se explotan a nivel turístico parques e zonas naturais.
Nos Estados Unidos, as casas de bolboretas (Bolboretarios de exhibición) son visitadas por 26,5 millóns de turistas todos os anos, dos cales o 40% son nenos, o 42% adultos e o 18% adultos maiores. Estas cifras indícanos que podería existir un potencial moi grande para incrementar o turismo tomando as bolboretas como recursos turísticos.
[editar] Curiosidades
A bolboreta diurna máis grande que existe é a Ornithoptera Alexandrae femia, que pode chegar a ter 30 cm de envergadura. Vive na Papúa Nova Guinea e está protexida.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de bolboretas de Galicia
