Pensamento
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre a actividade psíquica, para a planta de flor ver o artigo pensamento.
O pensamento é a actividade e a creación da mente, o que permite ao individuo modelar o mundo en relación coas súas metas, plans, fins e desexos.
Tipos de pensamento [editar]
- Pensamento dedutivo: vai do xeral ao particular. É unha forma de razoamento da que se desprende unha conclusión a partir de unha ou varias premisas.
- Pensamento indutivo: é o proceso inverso do pensamento dedutivo, é o que vai do particular ao xeral. A base é a figuración de que se algo é certo nalgunhas ocasións, serao noutras similares aínda que non se poidan observar.
- Pensamento analítico: realiza a separación do todo en partes que son identificadas ou categorizadas.
- Pensamento de síntese: é a reunión dun todo pola conxunción das súas partes.
- Pensamento creativo: aquel que se utiliza na creación ou modificación de algo, introducindo novidades, é dicir, a produción de novas ideas para desenvolver algo novo ou modificar algo existente.
- Pensamento sistémico: é unha visión complexa de múltiples elementos coas súas diversas interrelacións.
- Pensamento crítico: Examina a estrutura dos razoamentos sobre cuestións da vida diaria. Ten unha dobre vertente: analítica e avaliativa. Intenta superar o aspecto mecánico do estudo da lóxica.