N-II
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
||||
|---|---|---|---|---|
|
|
||||
| Clasificación | Rede nacional | |||
| Tipoloxía | Estrada convencional | |||
| Inicio | Madrid | |||
| Fin | La Jonquera (Xirona) | |||
| Lonxitude | 780 km | |||
A N-II é unha estrada radial que une Madrid e o paso fronteirizo de Els Límits (municipio de La Jonquera) pasando por localidades como Guadalaxara, Zaragoza, Lleida, Barcelona e Xirona.
Na actualidade gran parte do trazado transformouse en autovía pasando a denominarse A-2 . Aínda quedan tramos sen duplicación de calzada coa denominación de N-II , como ruta alternativa e gratuíta á AP-2 (entre Zaragoza e Fraga) e á AP-7 (entre Barcelona e La Jonquera).
Antecedentes [editar]
En 1701, Filipe V desprazouse de Madrid a Barcelona para contraer matrimonio con María Luisa de Saboia pasando por Guadalaxara, Algora, Daroca, Cariñena, Zaragoza, Pina de Ebro, Lleida, Cervera, Igualada e Martorell.
Tramos traspasados a outras Administracións [editar]
- Acceso a Castellnou de Seana (Pk. 492-493). Este tramo foi traspasado á Generalitat de Catalunya, é competencia do Servizo Territorial de Estradas de Lleida. foi renomeado como N-IIa.
- Acceso a Cervera (Pk. 520-522). Este tramo foi traspasado á Generalitat de Catalunya, é competencia do Servizo Territorial de Estradas de Lleida. foi renomeado como N-IIa.
- Tramo Castellolí-Els Hostalets de Pierola (Pk. 567-578). Este tramo foi traspasado á Generalitat de Catalunya, é competencia do Servizo Territorial de Estradas de Barcelona. foi renomeado como N-IIa.
- Tramo Barcelona-Montgat (Pk. 622-630). Este tramo foi traspasado á Generalitat de Catalunya, é competencia do Servizo Territorial de Estradas de Barcelona.