Stjepan Bobek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStjepan Bobek

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Zagreb (Reino de Iugoslavia) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 2010 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Belgrado, Serbia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNovo Cemitério de Belgrado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIugoslavia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor em Wikidata - 1959 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaIugoslavia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1938-1942 HŠK Concordia Zagreb
1942-1942 FC Admira Wacker Mödling 8(7)
1944-1945 HŠK Građanski Zagreb 15(13)
1945-1959 FK Partizan 195(118) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1946-1956   Selección de fútbol de Iugoslavia 63(38) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
1958- Legia Warszawa
1960-1963 FK Partizan
1963-1967 Panathinaikos
1963-1967 Panathinaikos
1967-1969 FK Partizan
1969-1970 Olympiakos Sindesmós Filathlon Piraiévs
1970-1970 Altay Spor Kulübü
1972-1972 NK Dinamo Zagreb
1975-1975 Panathinaikos
1976-1979 Espérance Sportive de Tunis
1979-1981 FK Vardar Editar o valor em Wikidata
Participou en
1954Mundial de Fútbol Suíza 1954
1952Xogos Olímpicos de 1952
1950Mundial de Fútbol Brasil 1950
1948Xogos Olímpicos de 1948 Editar o valor em Wikidata

FIFA: 174410 Editar o valor em Wikidata

Stjepan Bobek, nado o 3 de decembro de 1923 en Zagreb, por aquel entón Reino de Iugoslavia, e finado o 22 de agosto de 2010 en Belgrado foi un xogador e adestrador de fútbol da RFS de Iugoslavia que xogaba na demarcación de dianteiro. En 1995 foi nomeado mellor xogador da historia do FK Partizan.

A nivel internacional é o máximo goleador da historia da Selección de fútbol de Iugoslavia con 38 goles, coa que foi dúas veces medalla de prata nos Xogos Olímpicos, en 1948 e 1952.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coma xogador[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar en equipos da súa cidade natal para debutar profesionalmente no Građanski Zagreb antes de fichar polo FK Partizan, equipo no que pasou os mellores ano da súa carreira e pasou á historia do club. No equipo serbio foi o máximo goleador da liga iugoslava en dúas ocasións, en 1945 e 1954 e estableceu o récord de goles nun só encontro da liga, anotando nove ante o 14. Oktobar Niš. Co equipo de Belgrado proclamouse campión dúas veces da Liga de Iugoslavia e catro da Copa.

Coa Selección de fútbol de Iugoslavia disputou dous Mundiais de fútbol, Brasil 1950 e Suíza 1954. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de Londres 1948 e Helsinqui 1952, nos que o combinado gañou sendas medallas de prata, anotando Bobek catro e tres goles respectivamente.

Coma adestrador[editar | editar a fonte]

Unha vez retirado comezou a súa carreira coma adestrador en Polonia, no Legia Warszawa, antes de volver ao ano seguinte a Iugoslavia para facerse cargo do FK Partizan, co que volvería gañar a Liga de Iugoslavia en tres ocasións. En 1963 foi substituído por Kiril Simonovski.

En 1964 fichou polo Panathinaikos FC co que tamén se proclamou campión da Liga do país, dúas veces, e da Copa, unha. En 1967 volveu ao FK Partizan e en 1970 regresou a Grecia, esta vez ao Olympiacos FC. En 1972 tivo unha breve experiencia no NK Dinamo Zagreb antes dun segundo período no Panathinaikos.

En 1978 fichou polo FK Vardar de Skopje, proclamándose campión da segunda división iugoslava e acadando o ascenso a Primeira

Palmarés[editar | editar a fonte]

Coma xogador[editar | editar a fonte]

FK Partizan

  • Liga de Iugoslavia (2): 1946/47 e 1948/49.
  • Copa de Iugoslavia (4): 1947, 1952, 1954 e 1957.

Selección de Iugoslavia

Coma adestrador[editar | editar a fonte]

FK Partizan

Panathinaikos FC

FK Vardar

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]