Natsagiyn Bagabandi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Natsagiyn Bagabandi, nunha visita ao Pentágono o 15 de xullo do 2004.

Natsagiyn Bagabandi (Нацагийн Багабанди) (nado o 22 de abril de 1950 na provincia de Zavkhan). Presidente de Mongolia dende 1997 ata 2005, sucedido por Nambaryn Enkhbayar. Pertence ao Partido Popular Revolucionario Mongol.

Antes de entrar na política estudou na Unión Soviética e na década de 1970 foi enxeñeiro nunha planta de procesamento de vodka en Ulán Bátor. Na década de 1980 ingresou no Partido Revolucionario do Pobo Mongol e en 1992 converteuse voceiro do Gran Hural do Estado durante catro anos.

Presentouse e gañou as eleccións presidenciais en 1997 e foi reelixido no 2001.

Predecesor:
Punsalmaagiin Ochirbat
Presidente de Mongolia
1997 - 2005
Sucesor:
Nambaryn Enkhbayar
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: