Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Mongolia
 |
|
|
A bandeira de Mongolia actual foi adoptada o 12 de febreiro de 1992. É semellante á bandeira de 1949, a excepción da eliminación da estrela socialista.
Está composta por tres franxas verticais do mesmo tamaño. A banda do centro é de cor azul celeste e as dúas bandas laterais de cor vermella. Centrado na banda vermella do lado do mastro e en amarelo atópase o símbolo nacional, o Soyombo, un conxunto de representacións abstractas cunha disposición en columna que inclúe a representación do lume, o sol, a lúa, a terra, a auga e o símbolo do yin e yang. A proporción da bandeira en relación ao seu alto e lonxitude é de 1:2.
Bandeiras históricas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]