Ulán Bátor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°55′12″N 106°55′12″E / 47.92000°N 106.92000°E / 47.92000; 106.92000

Ulán Bátor
Улаанбаатар (en mongol)
Mn flag ulaanbaatar.png Mn coa ulaanbaatar.png
UlaanBaatar-2009.jpg
Situación xeográfica
Ulán Bátor en Mongolia
Ulán Bátor
Ulán Bátor
País Flag of Mongolia.svg Mongolia
Rexión
Xeografía
Altitude 1.350 msnm
Superficie 4.704´4 km²
Poboación
Poboación 1.044.500 hab. (2008)
Densidade 222 hab/km²
Información
Código postal 210 xxx
Alcalde Tüdeviin Bilegt
Páxina web www.ulaanbaatar.mn
Vista de Ulán Bátor dende o outeiro Zaisan.

Ulaanbaatar (Mongol: Улаанбаатар) ou Ulán Bátor é a capital de Mongolia. No 2008 a súa poboación estimábase en 1.044.500 persoas. Está situada ao norte e lixeiramente ao leste do centro do país, sobre o Río Tuul, un afluente do Selenga, nun val ao pé da montaña Bogdo Uul.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundado no 1649 coma unha cidade-mosteiro Budista chamada Urga prosperou na década de 1860 coma un centro comercial sobre a ruta do entre Rusia e mais China. Cando Mongolia se converteu na República Popular de Mongolia, no 1924, o seu nome trocouse a Ulaanbaatar ("heroe vermello" na lingua mongol), en honra do heroe nacional mongol Sühbaatar. A súa estatua adorna a praza central de Ulán Bátor.

Ulán Bátor ten un aeroporto internacional chamado Buyant Ukhaa e está conectado por autoestrada coas principias cidades mongois, así como co tren Transiberiano. A cidade ten a única universidade do país.

Ulán Bátor sitúase nas coordenadas xeodésicas 47.92 N, 106.92 E.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ulán Bátor

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]