Circuíto de Boavista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto de Boavista
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 1958
Outros nomes Circuíto Internacional de Porto
Carreiras Fórmula 1; WTCC; Fórmula Master Internacional
Localización Porto, Portugal Portugal
Capacidade
Lonxitude 7,407 km
Curvas 12
Volta rápida (1960) 2:27.530[1]
Piloto récord John Surtees
Escudería récord Lotus-Climax
Coordenadas Coordenadas: 41°10′14″N 8°40′24″O / 41.170472222222, -8.67325
Vista do Circuíto
Trazado actual[2]

O Circuíto de Boavista foi un circuíto de carreiras urbano de Fórmula 1 en Porto, Portugal, usado dúas veces para albergar o Gran Premio de Portugal.

O trazado comezaba fronte o mar na "Esplanada do Rio de Janeiro", continuaba pola "Avenida da Boavista" (do cal o circuíto herdou o seu nome), e logo se curvaba a través de pequenos barrios residenciais ata volver á liña de meta. Sendo sede por primeira vez dun evento de automobilismo en 1958, o circuíto de Boavista levaba aos pilotos a incribles velocidades por entre pequenas casas, e por sobre rúas empedradas.

A carreira de 1960 foi moi desgastadora, pois só catro autos finalizaron dentro das 5 voltas do gañador Jack Brabham. Accidentes e problemas mecánicos terminaron cedo o día para pilotos como Moss, John Surtees, Phil Hill, Graham Hill, entre outros.

Todos os gañadores de Fórmula 1,no circuíto de Boavista[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1958 Stirling Moss Vanwall 2:11:27.80 h 7´407 km. 50 169´028 km/h 24. agosto Portugal Portugal
1960 Australia Jack Brabham Cooper-Climax 2:19:00.03 h 7´407 km. 55 175´849 km/h 14. agosto

Anos recentes[editar | editar a fonte]

O circuíto foi revivido en 2005, mantendo case o mesmo trazado con só axustes menores e uns cantos km que se lle engadiron. Actualmente cada dous anos córrese o Gran Premio Histórico do Porto, con autos de época dos anos 1930 e 1940, ademais de mostras de automóbiles novos e exhibicións. En 2007, o circuíto albergou unha carreira do World Touring Car Championship (WTCC).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Configuración de 7.407 metros
  2. Configuración de 4.807 metros

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]