Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Contrabaixo
 |
|
|
O contrabaixo é un instrumento musical de corda fretada que pertence á familia do violín, sendo o instrumento máis grande e co rexistro máis grave de entre todos os desta familia. Conta con catro cordas que, ao contrario do que ocorre con tódolos demais instrumentos da familia, afínase por cuartas ascendentes e non por quintas ascendentes, sendo a afinación das mesmas de grave a agudo Mi, La, Re e Sol, aínda que tamén existen contrabaixos de cinco cordas nos que se engade unha corda máis grave que a cuarta afinada en Do ou Si. Xeralmente emprégase un arco para fregar as cordas e facelas vibrar, o que produce o son, se ben tamén se poden puntear as cordas cos dedos (pizzicato).