Bandeira de Lesoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Lesoto
Bandeira de Lesoto
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción4 de outubro de 2006
Cores     Azul     Branco     Negro     Verde

A bandeira de Lesoto foi adoptada oficialmente o 4 de outubro de 2006. Está composta por tres franxas horizontais de cor azul, branca e verde cun chapeu tradicional da etnia basotho en cor negra situado no centro. Esta bandeira foi introducida en conmemoración do 40º aniversario da independencia do país, co fin de reflectir a orientación pacifista de Lesoto.

Construción[editar | editar a fonte]

A proporción da bandeira é de 2:3 e está composta por tres franxas de cor azul, branco e verde, que mantén os seus anchos en proporción 3:4:3. O gorro basotho de cor negra está no centro do panel branco cunha altura equivalente ó 92% do alto da franxa.

As cores da bandeira están identificados coas seguintes denominacións Pantone.

  • Azul: Pantone Reflex Blue C
  • Verde: Pantone Green 347 C

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]