Damian Lillard
| Portland Trail Blazers – No. 0 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de xullo de 1990 (22 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
| Peso | 88 kg (195 lb) |
| Instituto | Oakland High School Oakland, California |
| Información da carreira | |
| Universidade | Weber State (2008–2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 6
Escollido por Portland Trail Blazers |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Portland Trail Blazers (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Damian Lamonte Ollie Lillard, nado o 5 de xullo de 1990 en Oakland, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
Lillard xogou para ó Oakland High school, onde estivo no mellor equipo da liga nas súas tempadas coma júnior e coma sénior. Na súa tempada coma júnior, acadou 20 puntos, 4 rebotes e 4 asistencias por partido; coma sénior, fixo 28 puntos por partido, conseguindo chegar ós 45 puntos nun partido.[1]
Traxectoria universitaria [editar]
Na tempada 2008-09, o seu primeiro ano no baloncesto universitario, Lillard fixo 11.5 puntos por partido e liderou ós Wildcats a gañar a tempada regular da Big Sky Conference. Foi nomeado Freshman do Ano e foi incluído no primeiro equipo de toda a conferencia, sendo o primeiro freshman en facelo dende Rodney Stuckey en 2006.
Coma sophomore, Lillard levou o seu xogo a un nivel máis alto. Aumentou a súa anotación a 19.9 puntos por partido e liderou de novo ós Wildcats para gañar a conferencia na tempada regular. Ó remate da tempada, Lillard foi nomeado Xogador do Ano da Big Sky Conference e foi mención honorífica do equipo All-American por Associated Press.[2]
Na tempada 2010-11, Lillard tivo de novo un gran comezo. Porén, a súa tempada durou menos do previsto debido a unha lesión nun dos seus pés cando se levaban nove partidos disputados.[3] Ata ese intre, Lillard lideraba a Big Sky Conference con 19.7 puntos por partido antes de que a súa lesión o apartara durante o resto do ano.
Na 2011-12, coma júnior, Lillard liderou ós Wildcats a unha marca de 14-2. Ademais foi o líder en anotación en todo o país durante case toda a tempada,[4] con 24.5 puntos por partido ó remate da mesma. Os seus esforzos lle deron a súa terceira inclusión no primeiro equipo da conferencia e o seu segundo premio ó Xogador do Ano da Big Sky. Ademais, foi finalista do Premio Bob Cousy.[5] Pouco despois do remate da tempada, Lillard decidiu saltarse o seu ano coma sénior e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[6] Lillard rematou a súa traxectoria universitaria sendo o segundo maior anotador da historia de Weber State con 1.934 puntos, e o quinto da historia da Big Sky.
Traxectoria profesional [editar]
O 28 de xuño de 2012, Lillard foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers. No seu debut cos Blazers o 31 de outubro e 2012 contra os Los Angeles Lakers,[7] Lillard anotou 23 asistencias e repartiu 11 asistencias, converténdose no terceiro xogador da historia da liga en debutar facendo 20 puntos e 10 asistencias, despois de Oscar Robertson e Isiah Thomas.
Notas [editar]
- ↑ Damian Lillard BIO
- ↑ "Damian Lillard Named 2009-10 Big Sky MVP". weberstatesports.com. http://www.weberstatesports.com/ViewArticle.dbml?SPSID=99544&SPID=3470&DB_LANG=C&DB_OEM_ID=8600&ATCLID=204900334. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ "Lillard gets medical redshirt; Wildcat star's junior season restored". standard.net. http://www.standard.net/topics/sports/2011/06/02/lillard-gets-medical-redshirt-wildcat-stars-junior-season-restored. Consultado o 14 December 2011.
- ↑ Weber State Eyes BracketBusters Win
- ↑ Lillard Among Cousy Final Five
- ↑ Lillard Declares for NBA Draft
- ↑ Notebook: Blazers 116, Lakers 106