Jusuf Nurkić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jusuf Nurkić
Phoenix Suns – No. 20
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 23 de agosto de 1994 (29 anos)
Tuzla, Bosnia e Hercegovina
Nacionalidade Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 127 kg (280 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 16
Por Chicago Bulls
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Cedevita (2012–2014)
Zadar (2013)
Denver Nuggets (2014–2017)
Portland Trail Blazers (2017–2023)
Phoenix Suns (2023–presente)

Jusuf Nurkić, nado o 23 de agosto de 1994 en Tuzla, é un xogador bosníaco de baloncesto profesional que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

En outubro de 2012, tras pasar uns meses adestrando co KK Cedevita, asinou con eles un contrato de catro anos. En xaneiro de 2013 foi cedido ó KK Zadar ata o final da tempada na busca de máis minutos. Na súa segunda tempada no Cedevita, aumentou o seu número de minutos na pista ata os 16.3 por encontro, nos que fixo 11.6 puntos e 5.6 rebotes por partido.

O 26 de xuño de 2014, Nurkić foi seleccionado na 16ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Chicago Bulls. Na mesma noite do Draft, foi traspasado ós Denver Nuggets.[1] O 31 de xullo de 2014, asinou o seu contrato cos Nuggets.[2] O 29 de outubro de 2014, fixo o seu debut na NBA, acadando 5 puntos e 8 rebotes na vitoria dos Nuggets por 89-79 contra os Detroit Pistons. Nurkić foi elixido para participar no Rising Stars Challenge do NBA All-Star Weekend de 2015, en substitución de Steven Adams dos Oklahoma City Thunder, pero decidiu non participar no evento debido a motivos persoais, e foi substituído por Kostas Papanikolaou dos Houston Rockets.[3]

O 13 de febreiro de 2017, Nurkić foi traspasado xunto ós dereitos da elección da primeira rolda do Draft dos Memphis Grizzlies, ós Portland Trail Blazers, a cambio de Mason Plumlee e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018.[4]

O 27 de setembro de 2023, Nurkić foi traspasado xunto a Grayson Allen, Nassir Little e Keon Johnson ós Phoenix Suns, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Deandre Ayton, Jrue Holiday, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Trail Blazers.[5]

Estatísticas NBA[editar | editar a fonte]

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2014–15 Denver 62 17.8 .446 .000 .636 6.2 .8 .8 1.1 6.9
2015–16 Denver 32 17.1 .417 .000 .616 5.5 1.3 0.8 1.4 8.2
2016–17 Denver 45 17.9 .507 .000 .496 5.8 1.3 0.6 0.8 8.0
2016–17 Portland 20 29.2 .508 .000 .660 10.4 3.2 1.3 1.9 15.2
Total 159 19.1 .469 .000 .601 6.4 1.3 0.8 1.2 8.5

Playoffs[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2016–17 Portland 1 17.0 .333 .000 .000 11.0 4.0 0.0 1.0 2.0
Total 1 17.0 .333 .000 .000 11.0 4.0 0.0 1.0 2.0

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]