Sam Merrill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sam Merrill
Cleveland Cavaliers – No. 5
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 15 de maio de 1996 (27 anos)
Utah Salt Lake City, Utah
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 89 kg (197 lb)
Información da carreira
Instituto Bountiful (Bountiful, Utah)
Universidade Utah State (2016–2020)
NBA Draft 2020 / Rolda: 2 / Elección: 60
Por New Orleans Pelicans
Carreira desde 2018
Historial de equipos
Milwaukee Bucks (2018–2019)
Memphis Hustle (2019–2021)
Memphis Grizzlies (2021–2022)
Memphis Hustle (2021)
Cleveland Charge (2022–2023)
Cleveland Cavaliers (2023–presente)
Premios e galardóns

Samuel Hoskins Merrill, nado en Salt Lake City (Utah) o 15 de maio de 1996, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 18 de novembro de 2020 Merrill foi escollido na derradeira posición do Draft da NBA de 2020 polos New Orleans Pelicans. Seis días máis tarde, foi traspasado ós Milwaukee Bucks como parte dun traspaso entre catro equipos.[1] Na súa primeira tempada na NBA, Merrill conseguiu o campionato despois de que os Bucks derrotasen ós Phoenix Suns por 4-2 nas Finais da NBA de 2021.

O 7 de agosto de 2021 Merrill foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Memphis Grizzlies, a cambio de Grayson Allen.[2] O 13 de agosto de 2022 Merrill asinou cos Sacramento Kings,[3] pero foi cortado pouco antes de comezar a tempada.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]