Corvus
| Corvus | |
|---|---|
| Nome Latino | Corvus |
| Abreviatura | Crv |
| Xenitivo | Corvi |
| Simboloxía | O Corvo |
| Ascensión Recta | 12 h |
| Declinación | −20° |
| Área | 184 graos cadrados
Rango 70º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
2 |
| Estrela máis brillante | γ Crv (Gienah)
(magnitude ap. 2.59) |
| Choiva de meteoros | |
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +60° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Maio |
|
Corvus ou Corvo (o Corvo en latín) é unha constelación austral menor, con só 11 estrelas visibles ó ollo humano, situada entre Virgo e Crater, e por riba de Hidra. Para formar o nome das súas estrelas úsase o xentitivo, Corvi. Exemplo: γ Corvi é a estrela gamma do Corvo.
As súas estrelas γ Corvi (Gienah Gurab, en árabe) e δ Corvi (Algorab), serven de indicadoras para atopar a Espiga (Spica ou α Virginis). Mentres que δ, γ, ε, e β forman o asterismo da vela (por recordar unha vela cadrada (en realidade trapezoidal) antiga.
Índice |
Observación das súas estrelas [editar]
Localización da constelación
Aínda que a constelación é pequena, é bastante visible, e a súa forma é moi característica, que recorda unha antiga vela cadrada. Pódese reparar facilmente nela, ao sur de α Virginis (ou Spica, a Espiga).
Estrelas principais [editar]
- α Corvi (Alchiba), con magnitude 4,02 é só a quinta máis brillante da constelación.
- β Corvi (Kraz), a segunda máis brillante con magnitude 2,65, unha estrela xigante amarela.
- γ Corvi (Gienah Gurab), a máis brillante con magnitude 2,58, unha estrela branco-azulada. Pertence ó grupo das estrelas de mercurio-manganeso e atopase a 165 anos luz.
- δ Corvi (Algorab), de magnitude 2,94 é unha estrela dobre fácil de observar. A compoñente máis feble é unha estrela moi nova, con só 110 millóns de anos de idade.
- ε Corvi (Minkar), estrela xigante laranxa de magnitude 3,02.
- ζ Corvi, estrela Be de magnitude 5,20; forma unha binaria óptica con outra estrela situada a 11,2 segundos de arco.
- η Corvi, estrela de magnitude 4,31 cun disco circumestelar ó redor semellante ó de Vega (α Lyrae).
- 3 Corvi, estrela branca de magnitude 5,46.
- R Corvi, estrela variable tipo Mira, cun brillo que oscila entre magnitude 6,7 e 14,4 nun período duns dez meses.
- VV Corvi, estrela cuádrupla, variable eclípsante semellante a Algol (β Persei).
Obxectos Notables do espazo profundo [editar]
- NGC 4038 e NGC 4039, dúas galaxias en interacción coñecidas coma Galaxias Antennae. Situadas ó oeste da constelación, 4º ó sueste de Gienah Gurab (γ Corvi).
- NGC 4361, nebulosa planetaria dunha lixeira cor azulada.
Mitoloxía [editar]
Na mitoloxía grega, o corvo foi enviado por Apolo a buscar auga na súa copa (Crater), pero o corvo tardou en voltar porque estivera esperando a que madurara un figo cerca da fonte. Trouxo a copa (Crater) e unha serpe de auga entre as súas poutas e díxolle a Apolo que se atrasara porque a serpe lle tiña atacado. Apolo, sabedor de que o corvo mentía, puxo ós tres no ceo: condenou ó corvo a estar sedento para sempre, pois aínda que a copa está preto, a serpe non lle permite beber.
Ligazóns externas [editar]
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Corvus (en inglés)
- Star Tales – Corvus and Crater (en inglés)
| As 88 constelacións modernas |
| Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |
