Historia de Ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Hetmanato cosaco de Ucraína, os territorios dos Cosacos de Zaporozhia e o Imperio ruso (1751).
Na parte inferior, o Khanato de Crimea.
Formación territorial da Ucraína moderna (1922-1954).

A historia de Ucraína iniciouse no Neolítico. A finais da Idade Antiga o territorio foi invadido polos godos, pero estes terminaron baixo o dominio dos hunos. No século VII a parte leste de Ucraína formou parte do territorio da Antiga Gran Bulgaria pero, a finais deste século, a maioría das tribos búlgaras emigraron e a terra caeu en mans dos kházaros.

Durante as Idades Media e Moderna os territorios que hoxe integran Ucraína foron obxecto de disputas entre Polonia, Rusia e o Imperio bizantino e, máis tarde, tamén dos Imperios austríaco e otomán.

Gran parte do territorio actual de Ucraína, especialmente a provincia da Galicia, pertenceu até o inicio do século XX ao Imperio Austro-Húngaro. No século XX, Ucraína formou parte da URSS como a República Socialista Soviética de Ucraína.

A finais dos anos de 1980, a crise do Estado soviético intensificou o sentimento nacional da maioría eslava, que se mobilizou en busca dunha maior autonomía. En 1986 explotou el reactor nuclear de Chernóbil, o que provocou o maior desastre radioactivo na historia de Europa e graves danos na poboación. Tras o fracasado golpe de Estado contra Mikhail Gorbachev (agosto de 1991), o presidente do Parlamento ucraíno Leonid Kravchuk proclamou a Independencia de Ucraína, que foi ratificada en referendo o 2 de decembro de 1991 co 90 % de votos favorábeis.

Na primeira metade da década de 2014 sucederon varios feitos que acabaron por producir unha grande inestabilidade política no país, que se agravaron nos primeiros meses de 2014 nos que, rapidamente, unha fervenza de graves acontecementos pon en perigo incluso a permanencia de Ucraína como Estado unitario.

Historia temperá[editar | editar a fonte]

Os asentamentos humanos no territorio de Ucraína remóntanse ao V milenio a.C. (4500 a.C.), cando a cultura neolítica de Cucuteni floreceu nunha zona que abarcaba partes da Ucraína moderna e toda a rexión do Dniéper-Dniéster. Na Idade do Ferro, a terra foi habitada por cimerios, escitas e sármatas.[1]

Entre 700 a. C. e 200 a. C., o territorio de Ucraína formou parte do Reino Escita. Desde o século VI a. C. fundáronse colonias de Grecia, Roma e do Imperio bizantino, tales como Tiras, Olbia e Hermonassa, as cales perduraron até o século VI d. C.

Segundo o orador ateniense Demóstenes (384 a.C.-322 a.C.), Ucraína era o celeiro de Grecia.[2] Afirmación confirmada polos numerosos silos de trigo que se encontraron na rexión e que testemuñan a importancia do comercio de cereais desde o século VI a. C.[3]

Desde o 370 d. C., os godos permaneceron na zona, pero terminaron baixo o dominio dos hunos. No século VII d. C., o territorio leste de Ucraína formou parte do territorio da Antiga Gran Bulgaria pero, a finais deste século, a maioría das tribos búlgaras emigraron en direccións diferentes e a terra caeu en mans dos kházaros.

Idade de ouro de Kiev[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rus de Kiev.
Mapa do Rus de Kiev durante o século XI. Durante a idade de ouro de Kiev, o seu territorio abarcaba gran parte das actuais Ucraína, Bielorrusia e o oeste de Rusia.

No século IX, gran parte do territorio da Ucraína moderna estaba poboado polos rus', que fundaron o Rus de Kiev, o cal abarcaba case todo o territorio das actuais Ucraína, Bielorrusia e a Rusia europea. Durante os séculos X e XI, este Estado converteuse no máis grande e poderoso de Europa. Nos séculos seguintes sentou as bases para a identidade nacional de ucraínos, bielorrusos e rusos.[4] Kiev, a capital, converteuse na cidade máis importante do Estado. Segundo a Crónica de Néstor, a elite da sociedade rus estivo formada ao principio por varegos procedentes de Escandinavia. Máis tarde os varegos foron asimilados pola poboación eslava local e formaron parte da primeira dinastía do Rus, a dinastía de Rúrik.[4] O Rus de Kiev estaba formado por varios principados gobernados polos príncipes rúriks, que estaban relacionados entre sí. O trono de Kiev, o máis prestixioso e influente de todos os principados, converteuse en obxecto de moitas rivalidades entre os rúrik, que o consideraban como o premio máis valioso na súa busca do poder.

A idade de ouro do Rus de Kiev comezou co reinado de Vladímir I de Kiev (980–1015), quen converteu aos rus á cristianismo ortodoxo. Durante o reinado do seu fillo, Yaroslav I o Sabio (1019–1054), o Rus de Kiev alcanzou o cénit do seu desenvolvemento cultural e do seu poder militar.[4] Isto foi seguido pola fragmentación crecente do Estado, xa que a importancia relativa dos poderes rexionais aumentou. Despois dun rexurdimento final baixo o reinado de Vladímir II Monómaco (1113–1125) e o seu fillo Mstislav I de Kiev (1125–1132), o Rus de Kiev finalmente desintegrouse, tras a morte de Mstislav, en varios principados separados.

Nos séculos XI e XII, as constantes incursións das tribos nómades turcas, tales como os pechenegos e os kipchak, provocaron unha migración masiva da poboación eslava cara ás rexións máis seguras do norte.[5] A invasión mongol do século XIII devastou o Rus de Kiev e a súa capital foi totalmente destruída en 1240.[6] No territorio ucraíno, o Estado do Rus de Kiev foi sucedido polos principados de Hálich (en Galicia) e Volodímir (Volinia), que se fusionaron no principado de Hálich-Volinia.

Dominación estranxeira[editar | editar a fonte]

Ucraína baixo Polonia-Lituania[editar | editar a fonte]

Nos séculos que seguiron á invasión mongol, gran parte de Ucraína foi controlada por Lituania (desde o século XIV) e, desde a Unión de Lublin (1569) por Polonia.

A mediados do século XIV, o principado de Hálich-Volinia foi conquistado por Casimiro III de Polonia, mentres que o corazón do Rus, incluíndo Kiev, caeu en poder do Gran Ducado de Lituania, despois da batalla do río Iren. Tras a unión de Krevo, en 1386 —unha unión dinástica entre Polonia e Lituania—, a maior parte do territorio de Ucraína foi controlado polo Gran Ducado de Lituania. Neste momento foi cando se comezaron a utilizar as formas latinizadas do vocábulo "Rus", Rutenia e rutenos, para designar á terra e ao pobo de Ucraína, respectivamente.[7]

En 1569, a Unión de Lublin formou a República das Dúas Nacións e, como a administración de gran parte do territorio ucraíno se transferira á Coroa polaca, Rutenia foi anexionada a Polonia. Baixo a presión cultural e política da "polonización" gran parte da clase alta de Rutenia converteuse ao catolicismo e tornouse indistinguíbel da nobreza polaca.[8]

Así, os plebeos ucraínos, oprimidos polos seus propios líderes da nobreza rutena, fixéronse aliados dos cosacos, un pobo nómade da zona que continuaban sendo cristiáns ortodoxos e que recorrían a accións violentas contra os que percibían como sus inimigos, especialmente o estado polaco e os seus representantes.[9] Así mesmo, polo sur, o territorio de Crimea foi gobernado por khans musulmáns aliados ou vasalos do Imperio otomán.

Ucraína tras os repartimentos de Polonia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Historia de Polonia e Imperio ruso.

A mediados do século XVII, estableceuse un semiestado militar cosaco, Zaporozhia, polos cosacos do Dniéper e os campesiños rutenos que aíndan fuxían da servidume polaca.[10] Polonia tiña pouco control real desta terra e encontraron nos cosacos un útil aliado na súa loita contra os turcos e os tártaros,[11] e, a miúdo, combatían xuntos en campañas militares.[12] Porén, os continuos enfrontamentos entre os campesiños e a nobreza polaca, provocados pola explotación da man de obra e a supresión da igrexa ortodoxa, fixo que os cosacos deixaran de confiar no goberno polaco.[11] Aspiraban a teren un representante no Sejm de Polonia, o recoñecemento das tradicións ortodoxas e a expansión gradual do exército cosaco, pero todo isto foi negado pola nobreza polaca. Finalmente, os cosacos acudiron á protección da igrexa ortodoxa de Rusia, unha decisión que máis adiante provocaría a caída do estado polaco-lituano,[10] e a preservación da Igrexa ortodoxa en Ucraína.[13]

"Os cosacos de Zaporozhia escriben unha carta ao Sultán de Turquía". Lenzo de Iliá Repin (1880-1891). Museo Estatal Ruso, San Petersburgo.

En 1648, Bohdán Jmelnytsky conduciu o levantamento cosaco máis grande contra a República das Dúas Nacións e o seu líder Xoán II Casimiro Vasa.[14] Tras a firma do Tratado de Pereyáslav de 1654 e a Guerra Ruso-Polaca de 1654-1667, a parte oriental de Ucraína integrouse en Rusia como o Hetmanato cosaco. Despois dos repartimentos de Polonia ao final do século XVIII, Hálich foi tomada polo Imperio austríaco, mentres que o resto de Ucraína se incorporou ao Imperio ruso. O intento de crear a Mancomunidade polaco-lituano-ucraína, ao final do século XVII, fracasara.

O Khanato de Crimea foi unha das principais potencias musulmás en Europa oriental até finais do século XVIII.

Desde o principio do século XVI até o final do XVII, bandas de tártaros de Crimea fixeron incursións case cada ano nas terras agrícolas eslavas buscando cativos para vender como escravos,[15] aínda que estas cesaron tras a anexión do Kanato de Crimea por parte de Rusia, en 1783, e a rexión foi poboada por emigrantes doutras partes de Ucraína.[16]

A pesar das promesas de autonomía dadas polo Tratado de Pereyáslav, a elite ucraína e os cosacos nunca recibiron as liberdades e a autonomía que esperaban de Rusia. Porén, dentro do Imperio, varios ucraínos chegaron ás maxistraturas máis altas do Estado e da Igrexa ortodoxa rusa.[17]

Nun período posterior, o réxime tsarista levou a política de "rusificación" ás terras de Ucraína, coa que intentou suprimir o uso do idioma ucraíno en forma impresa e pública, en medios de comunicación, discursos e trámites legais.[18]

Idade contemporánea[editar | editar a fonte]

Primeira Guerra Mundial e revolución bolxevique[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Guerra Civil Rusa.

Pouco antes de iniciarse a Primeira Guerra Mundial, o territorio de Ucraína estaba repartido entre o Imperio austro-húngaro e o Imperio ruso. Por tal motivo, os ucraínos pelexaron ao lado das Potencias Centrais e da Tripla Entente ao mesmo tempo. Desta forma, 3,5 millóns de ucraínos loitaron co exército imperial ruso, mentres que 250.000 fixérono para o exército austrohúngaro.[19] Durante a guerra, as autoridades de Austria-Hungría estableceron a Lexión de Ucraína para loitar contra o Imperio ruso. Esta lexión foi a base do exército ucraíno en Hálich, que loitou contra os bolxeviques e os polacos no período posterior á Primeira Guerra Mundial (1919–1923). En Hálich, máis de 5.000 partidarios do Imperio ruso foron detidos e levados a campos de concentración en Talerhof, Estiria e nunha fortaleza en Terezín (actualmente na República Checa).[20]

Co colapso dos imperios de Rusia e Austria despois da Primeira Guerra Mundial e a Revolución rusa de 1917 reapareceu o movemento nacional ucraíno para a independencia. Entre 1917 e 1920 xurdiron varios estados ucraínos autónomos: así, a República Popular Ucraína, o Hetmanato, o Directorio de Ucraína e a República Socialista Soviética de Ucraína establecéronse sucesivamente nos antigos territorios do Imperio ruso, mentres que no antigo territorio austro-húngaro xurdiu brevemente a República Nacional de Ucraína Occidental. E no medio da guerra civil, un movemento anarquista, chamado "exército negro", dirixido por Néstor Majnó, desenvolveuse no sur de Ucraína.[21] Porén, á derrota de Ucraína occidental na guerra entre Polonia e Ucraína seguiu o fracaso da ofensiva polaca, que foi repelida polos bolxeviques. Ucraína e Polonia asinaron unha alianza antisoviética (o Acordo de Varsovia, de 1920). De acordo coa Paz de Riga, establecida entre os soviéticos e a Segunda República Polaca en marzo de 1921, Ucraína occidental incorporouse oficialmente a Polonia, que recoñecía á súa vez a RSS de Ucraína, a cal posteriormente sería un dos membros fundadores da Unión Soviética, en decembro de 1922.

Ucraína soviética[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Holodomor.
Escudo da RSS de Ucraína.
Vítimas do Holodomor na cidade de Khárkiv (Khárkov, en ruso).

A revolución que levou ao poder ao partido socialista devastou Ucraína, deixando máis de 1,5 millóns de mortos e centos de miles sen fogar, ademais de que a Ucraína soviética tuvo que enfrontarse á gran fame de 1921.[22] Vendo á sociedade exhausta, o goberno soviético foi moi flexíbel durante a década de 1920.[23] Así, a cultura nacional e o idioma ucraíno gozaron dun renacemento, xa que a "ucrainización" converteuse nunha aplicación local da política soviética da Korenización (literalmente "indixenización"). Os bolxeviques tamén se comprometeron a introducir a atención universal á saúde, o dereito á educación a á seguridade social con múltiples beneficios, así como o dereito ao traballo e á vivenda.[24] Os dereitos da muller incrementáronse considerabelmente a través de novas leis que pretendían eliminar as desigualdades sociais.[25]

Pero a maioría destas políticas foron bruscamente suprimidas a comenzos da década de 1930, despois de que Xosé Stalin consolidara gradualmente o seu poder para converterse no líder do Partido Comunista e no ditador de facto da Unión Soviética.

Desde finais da década de 1920, Ucraína Participou na política de industrialización soviética e, na década seguinte, a produción industrial da república cuadriplicouse. Porén, a industrialización tivo un alto custe para os campesiños, que eran demograficamente a columna vertebral da nación ucraína. Para satisfacer a demanda de alimentos cada vez maior, e para financiar a industrialización, Stalin implantou un programa de colectivización, mediante o cual o Estado confiscaba as terras e o gando dos campesiños, aos que agrupaba en granxas colectivas, e facendo cumprir esta política por medio das tropas regulares e a Cheka. Os que se resistiron foron arrestados e deportados, diminuíndo o número de campesiños. Porén, o estado bolxevique seguiu demandando a mesma produción, polo que, ao haber menos campesiños, aumentaba a cota individual de produción de cada un deles, ao igual que a súa miseria. A colectivización tivo un efecto devastador na produtividade agrícola. Os membros das granxas colectivas non podían recibir gran até que cumpriran unhas cotas inalcanzábeis e a fame na Unión Soviética xeneralizouse. Entre 1932 e 1933, millóns de persoas morreron a causa da gran fame provocada por esta política, coñecida como Holodomor. Os estudosos aínda debaten sobre se esta fame pode ou non ser considerada como xenocidio, pero para o Parlamento ucraíno (Rada Suprema) e para máis dunha ducia de países, foino. O número de vítimas varía segundo as estimacións. Non existen cifras oficiais do goberno debido a que o réxime soviético negou a existencia de tal fame. As fontes difiren na interpretación de varios documentos de diferentes institucións gobernamentais, así como o total de países que recoñecen oficialmente a gran fame como un acto de xenocidio. Por exemplo, despois de que en marzo de 2008 o Saiema de Letonia publicara un documento, o número de países que recoñecía este acto de xenocidio subiu a 19 (segundo a BBC ucraína).

Os tempos de industrialización e *holodomor tamén coincidiron co ataque soviético a líderes da política e a cultura nacional ucraína, adoito acusados de "desviacións nacionalistas". Dúas vagas de represión política estalinista e a persecución na Unión Soviética (1929-1934 e 1936–1938) deron lugar á matanza de ao redor de 681.692 persoas; isto implicou ás catro quintas partes da elite cultural ucraína e ás tres cuartas partes dos oficiais de todo o Exército Vermello.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Tras a invasión de Polonia en setembro de 1939 pola Wehrmacht, os gobernos do III Reich e da URSS dividiron o territorio polaco entre ambos os estados. En consecuencia, Hálich e Volinia, coa súa poboación ucraína, volveron a unirse co resto de Ucraína. A unificación do país, alcanzada por primeira vez na súa historia, foi un acontecemento decisivo na historia da nación.[26] [27]

Despois de que Francia se rendera ante Alemaña, e de que Romenia cedera a Besarabia e o norte da Bucovina ás demandas dos soviéticos, a RSS de Ucraína incorporou os distritos do norte e sur de Besarabia, o norte de Bucovina e a rexión de Hertsa. Porén, cedeu a parte occidental da República Autónoma Socialista Soviética de Moldavia á acabada de crear República Socialista Soviética de Moldavia. Todas estas ganancias territoriais foron recoñecidas internacionalmente polos tratados de paz de París de 1947.

Soldados soviéticos preparando as súas armas para cruzar o Dniéper (o letreiro di "Dame Kiev!") durante a batalla do Dniéper en 1943.

O exército alemán invadiu a Unión Soviética o 22 de xuño de 1941, iniciando con iso catro anos de incesante guerra. As forzas do Eixe inicialmente avanzaron a pesar dos esforzos desesperados, pero infrutuosos, do Exército Vermello. No sitio de Kiev, a cidade foi aclamada como unha "Cidade Heroica", pola resistencia que ofreceron tanto o exército vermello como a poboación local. Máis de 600.000 soldados soviéticos (unha cuarta parte dos integrantes da fronte occidental) morreron ou foron tomados prisionieros.[28] [29] Aínda que a gran maioría dos ucraínos loitaron xunto co exército vermello e os partisanos,[30] a Organización de Nacionalistas Ucraínos creou unha formación antisoviética en Hálich, o Exército Insurxente Ucraíno (1942) que combateu ás forzas nazis ocupantes e continuaron loitando contra a Unión Soviética incluso anos despois da guerra. Utilizando tácticas de guerra de guerrillas, os insurxentes asasinaron e atemorizaron aos que percibían como representantes ou aliados do estado soviético.[31] [32] Na mesma época, outro movemento nacionalista loitou xunto cos nazis, o Exército de Liberación Ucraíno. En total, o número de ucraínos que loitaron nas filas do exército soviético estímase entre 4,5 millóns[30] e 7 millóns.[33] [34] Os guerrilleiros partisanos en Ucraína calcúlanse nun número de 47.800, desde o inicio da ocupación, até os 500.000 no seu apoxeo en 1944, con aproximadamente o 50 % de ucraínos nativos.[35] Xeralmente, as cifras do Exército Insurxente Ucraíno non son moi fiábeis, variando desde 15.000 até máis de 100.000.[36] [37]

Inicialmente os alemáns foron recibidos como liberadores por algúns ucraínos occidentais, que se uniran á Unión Soviética a penas en 1939. Porén, o brutal réxime alemán nos territorios ocupados finalmente converteu aos seus partidarios en opositores. Os administradores nazis dos territorios soviéticos conquistados fixeron moi pouco para aproveitar a desconformidade da poboación ucraína co réxime stalinista e as súas políticas económicas.[38] No seu lugar, os nazis conservaron o sistema de granxas colectivas, levaron a cabo sistematicamente algunhas das súas políticas xenocidas contra os xudeus e comenzaron unha política de despoboación sistemática de Ucraína para preparala para a colonización alemá.[38]

A gran maioría dos combates na Segunda Guerra Mundial tiveron lugar na fronte oriental,[39] e a Alemaña Nazi sufriu o 93 % das súas baixas nela.[40] O total de perdas infrixidas á poboación ucraína durante a guerra estímase entre cinco e oito millóns,[41] [42] incluíndo máis de medio millón de xudeus asasinados polo Einsatzgruppen, en ocasións axudado por colaboradores locais. Das tropas soviéticas que caeron ante os nazis, estimadas en 8,7 millóns,[43] 1,4 millóns eran ucranínos.[43] [44]

Posguerra[editar | editar a fonte]

Sergei Koróliov, líder do programa espacial da URSS e deseñador de foguetes durante a carreira espacial.

A república quedou fortemente danada pola guerra, e necesitaránonse esforzos significativos para a súa recuperación. Destruíronse máis de 700 cudades e máis de 28.000 vilas e aldeas.[45] A situación agravouse por unha gran fame nos anos 1946 e 1947, causadas pola seca e a destrución de infraestruturas,o que causou decenas de miles de vidas.[46]

En 1945 Ucraína foi un dos membros fundadores da Organización das Nacións Unidas. O primeiro computador soviético (MESM) foi construído no Instituto de Electrotecnoloxía de Kiev e comezou a funcionar en 1950. Segundo as estatísticas, até o 1 de xaneiro de 1953, de todos os deportados polo réxime soviético, o 20 % deles eran ucraínos, o segundo grupo étnico con máis deportacións, só despois dos rusos. Á parte dos ucraínos, máis de 450.000 alemáns residentes en Ucraína e más de 200.000 tártaros de Crimea foron vítimas de deportacións forzadas.[47]

Tras a morte de Stalin en 1953, Nikita Khrushchev converteuse no novo líder da Unión Soviética. Khrushchev fota Secretario do Partido Comunista de Ucraína entre 1938 e 1949, polo que xa estaba familiarizado coa política e, tras tomar o liderado de toda a Unión, comezou a estreitar a amizade entre as nacións de Ucraína e Rusia. En 1954, celebrouse o 300º aniversario do Tratado de Pereyáslav e, con ese motivo, Crimea foi transferida da RSFS de Rusia á RSS de Ucraína.[48]

En 1950 a república xa superara plenamente os niveis de industria e produción que tiña antes da guerra.[49] Durante o plan quinquenal de 1946-1950, case o 20 % do orzamento da Unión Soviética foi investido en Ucraína, un aumento do 5 % do plan orixinal. Como resultado, a forza de traballo ucraína aumentou un 33,2 % de 1940 a 1955, mentres que a produción industrial medrou 2,2 veces nese mesmo período. A Ucraína soviética pronto se converteu en líder europeo na produción industrial.[50] Tamén se converteu nun importante centro da industria armamentística e de investigación de alta tecnoloxía. Un papel tan importante como este deu como resultado unha gran influencia da élite local. Ademais, moitos líderes soviéticos eran orixinarios de Ucraína, máis notabelmente Leonid Brézhnev, quen máis tarde derrocaría a Khrushchev e se convertería no líder soviético desde 1964 a 1982, así como moitos deportistas, científicos e artistas prominentes.

O 26 de abril de 1986, o reactor da Central Nuclear de Chernóbil estalou, provocando o desastre de Chernóbil, o peor accidente dun reactor nuclear na historia.[51] No momento do accidente, 7 millóns de persoas vivían nos territorios contaminados, incluíndo 2,2 millóns de ucraínos.[52] Despois do accidente construiuse unha nova cidad fóra da zona de exclusión, Slavutich, para albergar e dar apoio aos empregados da central nuclear que foi clausurada no ano 2000. Un informe preparado polo Organismo Internacional de Enerxía Atómica e a OMS atribuíu 56 mortes directas ao accidente, estimándose que puideron existir máis de 4.000 mortes por cancros provocados pola radiación.[53]

Ucraína nos últimos tempos[editar | editar a fonte]

Independencia de Ucraína[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Independencia de Ucraína.
Tras lograr a súa independencia, en decembro de 1991, Ucraína foi un dos países fundadores da Comunidade de Estados Independentes (CEI).

O 16 de xullo de 1990, o novo parlamento (Rada Suprema) asinou a Declaración de Soberanía Estatal de Ucraína.[54] A declaración estableceu os principios da libre determinación da nación ucraína, a súa democracia, a independencia política e económica e a prioridade da lei de Ucraína sobre a lei soviética no territorio ucraíno. Un mes antes, unha declaración similar foi aprobada polo Parlamento da RSFS de Rusia. Isto foi o comezo dun período de enfrontamentos entre o Soviet central e as novas autoridades republicanas. En agosto de 1991, unha fracción conservadora dos líderes comunistas da Unión Soviética intentou dar un golpe de estado para eliminar a Mikhail Gorbachev e restaurar o poder do Partido Comunista. Despois de que o intento fracasara, o 24 de agosto de 1991, o parlamento ucraíno aprobou a Declaración de Independencia de Ucraína, na cal se establece ao país como un estado independente e democrático.[55] O 1 de decembro de 1991 tiveron lugar un referendo e as primeiras eleccións presidenciais. Ese día, máis do 90 % dos ucraínos expresaron o seu apoio á Declaración de Independencia e elixiron ao presidente do parlamento, Leonid Kravchuk, como o primeiro presidente do país. O 8 e o 21 de decembro, nas reunións de Belavezha e Almatý, os líderes de Bielorrusia, Rusia e Ucraína, disolveron formalmente a Unión Soviética e formaron a Comunidade de Estados Independentes (CEI).[56]

Bandeira de Ucraína

Inicialmente, Ucraína foi vista como unha república con favorábeis condicións económicas en comparación coas demais rexións da Unión Soviética.[57] Porén, o país experimentou unha desaceleración económica máis profunda que as outras ex repúblicas soviéticas. Durante a recesión vivida entre os anos 1991 e 1999, Ucraína perdeu o 60 % do seu PIB,[58] [59] e sufriu de taxas de inflación de cinco díxitos.[60] Insatisfeitos coas condicións económicas, así como co crime e a corrupción, os ucraínos organizaron protestas e folgas.[61]

A economía ucraína estabilizouse a finais da década de 1990. Unha nova moeda, a grivna, introduciuse en 1996. Desde o ano 2000, o país experimentou un desenvolvemento económico estábel cun crecemento promedio anual de ao redor do 7 %.[62] En 1996 aprobouse unha nova constitución, a cal converteu a Ucraína nunha república semipresidencialista e estableceu un sistema político estábel. Porén, o sucesor de Kravchuk, Leonid Kuchma, foi criticado polos seus opositores por concentrar gran parte do poder na súa oficina, ademais de corrupción, transferencia de propiedade pública á iniciativa privada, restricións á liberdade de expresión e fraude electoral.[63]

Revolución laranxa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Revolución laranxa.
Manifestantes na Praza da Independencia de Kiev (Maidán) o 22 de novembro de 2004, primeiro día da Revolución laranxa.

En 2004, o primeiro ministro Viktor Yanukovych foi declarado gañador das eleccións presidenciais, que foran en gran medida amañadas, como o Tribunal Supremo de Ucraína dictaminou máis adiante.[64] O resultados provocaron unha protesta pública en apoio do candidato da oposición, Viktor Iúshenko, quen quixo impugnar os resultados e conducíu a pacífica revolución laranxa. A revolución levou a Viktor Iúshenko e a Iulia Timoshenko ao poder, convertendo a Viktor Yanukovych na oposición.[65] Porén, en 2006 Yanukovych converteuse en primeiro ministro unha vez máis,[66] até que as eleccións de 2007 levaron a Timoshenko de volta ao cargo de primiera ministra.[67]

Recentemente, os conflitos con Rusia sobre o prezo do gas natural detiveron brevemente todos os subministros de gas a Ucraína en 2006 e 2009, o que conduciu á escaseza de gas noutros países europeos.[68] [69]

O 25 de febreiro de 2010 Viktor Yanukovych volve a ser o presidente de Ucraína. Desde finais de 2012 o país viviu unha crítica situación entre o goberno e manifestantes que non aceptaron o cambio de modelo político aprobado tras a reelección de Yanukovych (un modelo máis presidencialista), nin o rexeitamento do goberno ao acordo coa Unión Europea.

Euromaidán[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Euromaidán.
Enfrontamentos entre policías e manifestantes durante as protestas no Euromaidán en Kiev o 19 de xaneiro de 2014.

En novembro de 2013 comezaron unha serie de protestas coñecidas como o Euromaidán (en ucraíno "Europraza"), nas que parte da poboación pedía un maior acercamento do seu país á Unión Europea (UE).[70] [71] As manifestacións comezaron tras o rexeitamento do goberno ucraíno á sinatura dun acordo de asociación coa UE, pois segundo o presidente do país, Viktor Yanukovych, este era desvantaxoso para Ucraína. Co tempo as protestas antigobernamentais creceron en intensidade e transformáronse en disturbios civís nos que se pedía a dimisión do presidente e do seu Goberno.[72]

A violencia escalou a un novo nivel a partir do 16 de xaneiro de 2014, cando o Goberno decidiu poñer en marcha as "leis antiprotesta", asinando un permiso de usar armas de combate. A causa disto, os manifestantes ocuparon varios edificios gobernamentais da capital. Os disturbios chegaron a converterse nunha guerra nas rúas debido ao emprego de armas de fogo en ambos os bandos, que provocaron máis de un centenar de mortos.[73] [74]

Cara a unha partición de Ucraína?[editar | editar a fonte]

Unha cuestión a considerar: Crimea[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Crimea.

En 1475 a península de Crimea foi invadida polos turcos coa axuda dos príncipes tártaros (que logo foron chamados "tártaros de Crimea") que controlaban parte da zona (Khanato de Crimea). Turcos e tártaros retiveron a súa posesión até 1777, época na que desapareceron os últimos gotnios ou godos de Crimea. Como resultado da vitoria rusa sobre os turcos ese ano, Crimea pasou a formar parte do Imperio ruso en 1783, durante o reinado da tsarina Catarina II. A península foi o escenario, entre 1854 e 1856, da Guerra de Crimea entre rusos por unha parte e unha entente británica-francesa, otomá e piemontesa pola outra. Crimea tivo un papel importante na guerra civil que se produciu entre 1917 e 1920, despois da Revolución rusa, ao ser un bastión dos "brancos" ou anticomunistas apoiados primeiro polos alemáns e despois por británicos, franceses, estadounidenses e turcos.

Tras a vitoria dos comunistas en 1921, Crimea converteuse en república autónoma para os tártaros de Crimea dentro da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). En 1941 Crimea foi invadida polo exército alemán, que ocupou a república tras a caída de Sebastópol, en xullo de 1942, e a retivo até a primavera de 1944. Unha vez expulsados os alemáns, a categoría de república autónoma de Crimea dentro de Rusia foi rebaixada á de óblast (división administrativa equivalente a unha provincia). E en 1945, supostamente a causa da colaboración dos tártaros de Crimea co inimigo nazi durante a ocupación, estes foron oficialmente abolidos como nación polo dirixente soviético Stalin e deportados en masa a Asia central.

Mapa linguístico de Ucraína
En amarelo, zonas de maioría de ucraínofalantes; en verde, zonas de maioría de rusofantes.
Porcentaxe por óblast de persoas cuxa lingua materna é o ucraíno.
Porcentaxe por óblast de persoas cuxa lingua materna é o ruso. Cómpre destacar a porcentaxe superior ao 90 % na zona especial de Sebastópol.

En 1954, por acordo do Soviet Supremo da Unión Soviética, dirixido por Nikita Khrushev, Crimea foi transferida a Ucraína con motivo da celebración do 300º aniversario da unión de Ucraína con Rusia, converténdose nunha rexión autónoma da RSS de Ucraína.

Pouco despois da disolución da URSS en 1991, a posesión de Crimea chegou a ser un foco de tensión entre Rusia e Ucraína. En 1992 o Soviet Supremo ruso aprobou unha resolución que anulaba a transferencia de 1954 e, no mesmo ano, o Soviet Supremo de Crimea transformou a rexión nunha república autónoma. A pesar destas presións políticas, o goberno ucraíno insistiu en reter a rexión dentro da estrutura administrativa de Ucraína.

En xaneiro de 1994 celebráronse as primeiras eleccións para a presidencia na historia de Crimea. Cinco dos seis candidatos apoiaron publicamente a súa reunificación con Rusia, incluído o vencedor, Iuri Meshkov, un antigo fiscal e garda fronteirizo soviético. Meshkov nomeou a un ruso, Ievgueni Saburov, como primeiro ministro. Pouco despois de asumir o cargo, Meshkov comezou a impoñer o seu control sobre as institucións ucraínas na península. Destituiu a varios ministros e ordeou a suspensión do director local da televisión ucraína. Despois disto, Meshkov decretou que os residentes en Crimea non estaban suxeitos ao servizo militar ucraíno, e mandou que os reloxos se adiantaran dúas horas para corresponderse coa hora de Moscova. En marzo dese mesmo ano convocou un referéndum sobre a situación xurídico-política de Crimea, ao mesmo tempo que tiñan lugar as eleccións ao Parlamento ucraíno. Os funcionarios ucraínos declararon que Meshkov se excedera na súa autoridade e propuxeron suspender o referendo. Como resultado da protesta, no seu lugar realizouse unha enquisa, co resultado de que máis do 70 % dos que responderon estaban a favor dunha maior independencia de Ucraína e do dereito á dupla nacionalidade ruso-ucraína.

En maio de 1994 o Parlamento de Crimea votou para restaurar a súa constitución, que fora aprobada en maio de 1992 e posteriormente anulada polas autoridades de Kiev. As demandas para que a constitución se invalidara de novo foron ignoradas pola autoritaria Administración de Crimea, que neses momentos aínda era querida por ser considerada como a única valedora da identidade peninsular e das súas peculiaridades.

Nisto produciuse, en marzo de 1995 e mediante dictame do Tribunal Supremo de Ucraína, a anulación da constitución da rexión, abolíndose a presidencia de Crimea. En abril, o presidente ucraíno Leonid Kuchma asumiu o control directo do goberno da república autónoma. Os esforzos dos secesionistas sufriron un duro revés nos comicios locais celebrados en xuño e xullo dese ano. A partir deste momento, Kuchma iniciou o proceso, mediante a sinatura de varios decretos, polo que Crimea pasaba a estar baixo o control directo do presidente ucraíno. A nova constitución de Ucraína, aprobada en xuño de 1996, permitía ao lexislativo crimeo manter un alto grao de autonomía; porén, se lle prohibía elaborar cualquera tipo de lexislación que entrara en conflito co articulado da lei suprema ucraína.

No entanto, uns 250.000 tártaros que foran deportados baixo o réxime de Stalin comezaran a retornar a Crimea desde 1991. A carencia de vivendas adecuadas para os repatriados e a denegación da cidadanía ucraína foron os principais problemas aos que tiveron que enfrontarse á súa volta.

Composición da poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2001, a poboación de Crimea alcanzaba os 2.033.700 habitantes,[75] cuxa composición étnica era a seguinte:[76]

Os mandatos de Yanukovych[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Viktor Yanukovych e Viktor Iúshenko.

Viktor Yanukovych, líder do Partido das Rexións, autoritario e prorruso, un dos principais partidos políticos de Ucraína, foi xefe do goberno ucraíno durante tres períodos.

Viktor Yanukovych.

Na súa xuventude estivo dúas veces na cadea cumprindo condenas por cometer delitos comúns. As dúas penas condenárono a un total de 5 anos de cárcere. O 15 de decembro de 1967 foi condenado a 3 anos de prisión por delito de atraco, como membro da banda criminal "Pivnovka",[77] aínda que apena foi rebaixada a 1,5 anos con motivo do 50º aniversario da Revolución bolxevique,[78] pero o 8 de xuño de 1970 foi condenado de novo, a dous anos de prisión, por causar graves feridas nunha pelexa.[79] Con estes antecedentes é considerado un duro.[80]

En canto á súa vida política, foi gobernador do óblast de Donetsk (a súa cidade natal) de 1997 a 2002. Foi primeiro ministro de Ucraína en dous períodos, desde o 21 de novembro de 2002 até o 31 de decembro de 2004, e desde o 4 de agosto de 2006 até o 16 de novembro de 2007, cando renuncia tras as eleccións dese ano.

Foi o segundo candidato máis votado nas eleccións presidenciais ucraínas de 2004, e o seu partido o máis votado nas eleccións lexislativas de 2006 e 2007. Nas eleccións presidenciais de 2004, sendo primeiro ministro, foi candidato a presidente co apoio do presidente Leonid Kuchma, contra o candidato opositor Viktor Iúshchenko. Para evitaren a posíbel vitoria de Iúshchenko, os partidarios de Yanukovych denunciaron fraude electoral, declarándoo gañador. Este feito provocou a Revolución laranxa, e a revogación, por decisión do Tribunal Supremo de Ucraína, dos resultados das eleccións, convocando outras, que gañou Iúshchenko, polo que Yanukovych viuse obrigado a dimitir como primeiro ministro. Novamente presentouse ás eleccións presidenciales de 2009, nas que obtivo a vitoria sobre a súa rival Iulia Timoshenko co 52 % dos votos. Tomou posesión do cargo en 2010.

O 3 de xullo de 2012 aprobouse unha lei que outorgaba ao ruso o carácter de lingua cooficial, xunto co ucraíno, en Crimea e na parte sudoriental do país. En realidade, Yanukovych pretendía que o ruso fora cooficial en toda Ucraína, pero iso implicaba unha emenda constitucional que requiría a aprobación de polo menos 300 deputados.[81]

A popularidade de Yanukovych empezou a decaer cando, no mesmo ano de 2012, producíronse protestas contra o enxuizamento e arresto da líder opositora, líder do bloque prooccidental e dereitista, Iulia Timoshenko. Como resposta, os líderes occidentais europeos boicotearon a Eurocopa 2012, celebrada en Polonia-Ucraína.[82] As protestas foron aínda maiores cando, a finais de xullo, aprobou mediante lei a implantación do ruso como segunda lingua oficial, coa finalidade de colleitar votos das provincias do leste e do sur que, como vimos, contan cunha gran porcentaxe de poboación rusófona.

O pasado delituoso de Yanukovych foi un dos argumentos dos seus opoñentes durante a Revolución laranxa.[83] Os partidarios de Yanukovych alegaron que en 1978 o Tribunal Rexional de Donetsk lle quitara as sancións, e que por iso en 1980 puido ingresar no Partido Comunista da Unión Soviética, despois de graduarse na Universidade Técnica Nacional de Donetsk (por correspondencia) como enxeñeiro mecánico. Os opositores afirmaron que esta absolución do Tribunal Rexional era unha falsificación.

O 8 de febreiro de 2005, a fiscalía de Donetsk reiniciou as investigacións sobre esta acusación. E en xuño determinou que durante o período de 2002 a 2004 os partidarios de Yanukovych falsificaran estes documentos, e que os documentos orixinais de 1978 desapareceran.[84] O 25 de xaneiro de 2006 o ministro do Interior, Iuri Lutsenko, declarou que a investigación dos documentos sobre a suposta anulación dos antecedentes penais demostrara que estes documentos foran falsificados.[85]

Durante a súa estadía no poder, Yanukovych obtivo os títulos de doutor en Ciencias Económicas e Profesor. Os seus opositores afirmaron que obtivo os títulos inmerecidamente e usando os mecanismos do poder.[86]

En clara alusión a Yanukovych, o 24 de setembro de 2007, Iulia Timoshenko, líder do bloque que leva o seu nome (BYUT), propuxo prohibir por lei que as persoas con antecedentes penais poidan ocupar altos postos do Estado, en particular, os de presidente, primeiro ministro, deputado, membro do goberno, xuíz e fiscal:

"En todos os países civilizados, os delincuentes postos en liberdade tras cumprir a condena encóntranse baixo un rigoroso control da sociedade e os respectivos organismos controladores. No mellor dos casos, danlles un traballo que non ten grande importancia social. Só aquí, en Ucraína, tales individuos non encontran ningún obstáculo para pretender a presidencia do país, ser primeiro ministro, ou diputado. Cómpre poñer fin a esta práctica. Se tales personas non se van elas mesmas, as quitaremos do poder pola lei."[87]

Últimos acontecementos[editar | editar a fonte]

Nos primeiros meses de 2014 estanse a producir, rapidamente, unha fervenza de graves acontecementos: [88]

  • 19 de febreiro:
    • Ante o aumento das manifestacións, disturbios e enfrontamentos na Euromaidán, Yanukovych cambia a cúpula militar. O goberno de Kiev anuncia medidas de excepción contra os radicais; o Servizo de Seguridade de Ucraína (SBU) iniciou unha operación antiterrorista en todo o país para deter a toma de edificios oficiais e depósitos de armas. O metro da capital non funcionaba, e en todos os accesos por estrada había controis policiais para impedir que chegaran reforzos á revolta.
      A diplomacia da Unión Europea (UE) traballaba para chegar a un acordo urxente sobre a imposición de sancións ao presidente ucraíno e á cúpula do réxime pola sanguenta represión do pasado martes nas rúas de Kiev. Os ministros de Exteriores de Francia, Alemaña e Polonia viaxarán a Kiev o día 21 para avaliar a situación antes da reunión convocada por Catherine Asthon.
      O Banco Europeo de Inversións (BEI) anunciou que suspendía temporalmente o financiamento dos proxectos no país, mentres espera reunión da UE. E todo indica que esta non será a única represalia, xa que Bruxelas suxiriu conxelar os activos dos membros do Goberno e retirarlles os visados.
  • 21 de febreiro:
    • Despois dunhas maratonianas negociacións durante dous días, Yanukovych capitula ante o Maidán: aceptou un recurte dos seus poderes, convocar eleccións presidenciais anticipadas e a formación dun Goberno no que estean representantes de todos os partidos. Este acordo só foi rexeitado polos ultranacionalistas da estrutura paramilitar Pravi Séktor ("Sector da Dereita"). Porén, a fraxilidade do pactado é manifesta, e non só pola actitude negativa dalgúns grupos marxinais ultras, senón porque Rusia non o aproba. Ademais de que a palabra do presidente non é defiar para case ninguén. O documento subscrito por Yanukovych e os líderes de Batkívshina, UDAR e Sovoda (Arseni Yatseniuk, Vitali Klitschkó e Oleg Tiagnibok, respectivamente), en presenza dos ministros de Exteriores de Alemaña e Polonia, Frank-Walter Steinmeier e Radoslaw Sokorski (Alemaña e Polonia son os países da UE encargados das cuestións políticas co leste de Europa), contén seis puntos:
      • Aprobación dunha lei que restableza a Constitución de 2004, que diminúe os poderes do presidente, e formar, nun prazo máximo de 10 días un Goberno de unidade nacional.
      • Reforma da Carta Magna que debe culminarse nun prazo non máis tarde de setembro deste ano. Este punto obriga a celebrar eleccións prresidenciais antes de decembro, a moidificar a lei electoral e a nomear unha nova Comisión Electoral Central.
      • Acometer unha investigación sobre os actos de violencia cometidos dese o comezo da protesta, baixo a supervisión do Goberno, a oposición e o Consello de Europa.
      • Non establecer, por parte do Goberno, o estado de excepción, e instar á oposición a evitar a violencia.
      • Amnistía, polo Parlamento, para os detidos recentemente, xunto coa obriga aos grupos armados a entregaren os seus arsenais.
Os deputados aprobaron a restitución da Constitución de 2004, o que deixa a Yanukovych sen poder nomear os membros do Goberno e dos principais tribunais, desingacións que serán competencia da Rada Suprema (Parlamento). Tamén se aprobou a aministía inconcional para todos os acusados de particparen nos disturbios, así como a destitución do ministro do Interior, Vitali Zakharchenko, pola brutalidadre empregada na represión. Finalmente, a Rada aprobou unha reforma do Código Penal que permitirá poñer en liberdade á ex primeira ministra Iulia Timoshenko.
  • 22 de febreiro:
    • O acordo alcanzado o venres para poñer fin á crise en Ucraína converteuse en papel mollado en menos de 24 horas. Tras unha noite na que as forzas de seguridade se retiraron de todo centro de Kiev, e na que a iniciativa pasou aos manifestantes, Yanukovych fixíu da cidade con paradoiro descoñecido, e máis tarde foi destituído pola Rada Suprema, que convocou eleccións presidenciais para o 25 de maio. Porén, o xefe do Estado afirma que segue a ser o presidente lexítimo. Xorde así unha dualidade de poderes, en certo modo semellante á que en Rusia estivo preto de provocar unha guerra civil en outubro de 1993, cando o daquela presidente Borís Ieltsin bombardeou o edificio do Parlamento ruso. Nunha xornada de vertixe, foi liberada da súa prisión de Khárkiv Iulia Timoshenko, que voou inmediatamente á capital. Ao chegar ao aeroporto para voar a Kiev dixo: "caeu a ditadura, e non foi grazas aos políticos e os diplomáticos, senón grazas á xente que saíu en defensa de si mesmos, das súas familias e do país".
Pero o leste e o sur do país, e Crimea, non aceptaron as decisións tomadas na capital. Yanukovych, que recoñeceu que abandoou Kiev de forma clandestina para voar a Khárkiv, declarou que os sucesos que estaba vendo o país e todo o mundo eran un exemplo de golpe de Estado. En Khárkiv coincidiu coa celebración dun congreso de deputados e gobernadores do leste e o sur de Ucraína e Crimea, a parte rusófila do país, que, na súa resolución final, recomendaba á poboación "organizarse para cooperar cos forzas da orde locais en contra dos partidarios da revolución do Maidán". O ministro de exteriores ruso, Serguei Lavrov, culpou aos partridarios do Maidán de violaren o pactado, impedindo a formación dun Goberno de unidade nacional e creando unha ameaza para a soberanía nacional de Ucraína. Falou por teléfono cos seus homólgos alemán, polaco e francés, garantes do acordado en Kiev, aos que pediu que se cumpra o pacto.
Pola sía parte, o Ministerio de Defensa de Ucraína difundiu un comunicado asegurando que as Forzas Armadas "non se involucrarán no conflito político"; porén, no comunicado sinálase que "os militares seguirán cumprindo as leis" (as cales establecen que o comandante en xefe do Exército é o presidente).
  • 23 de febreiro:
    • Un día despois da caída do réxime de Viktor Yanukovych, o Parlamento ucraíno, controlado polos antigos opositores, acelerou os cambios institucionais nomeando ao presidente do lexislativo, Alexándr Turchínov, man dereita de Timoshenko, presidente interino até as eleccións do 25 de maio. Yanukovych seguía en paradoiro descoñecido, desde que a guardia de fronteiras lle impedira o sábado, o día en que foi destituído, abandoar o país desde o aeroporto de Donetsk, a súa cidade natal, no leste. Os que foran até hai uns días seus compañeiros de filas no Partido das Rexións (PR), cualificárono de "pusilánime e traidor", e os seus deputados apoiaron o nomeamento de Turchínov. "Ucraína foi traizoada; provocaron a confrontación entre a xente, e toda a responsabilidade recae en Yanukovych e o seu círculo máis próximo", afirmou nunha declarasción o grupo parlamentario que sostivo durante anos ao agora deposto xefe do Estado. Os deputados do PR manifestaron a súa condea ás "ordes criminais que afectaron a simples cidadáns, sodados e oficiais". Turchínov, pola súa parte, afirmou que está aberto a un diálogo con Rusia, sempre e cando o Goberno de Moscova respecte a decisión do pobo ucraíno de establecer relacións estreitas coa UE, insistindo en que o país retomará "o camiño da integración europea". Outra das medidas urxentes, e polémicas, que adoptou o Parlamento foi abolir a lei que protexía o uso das linguas minoritarias, entre elas o ruso.
Nunha inspección na suntuosa mansión do presidente deposto encontráronse documentos que detallan un sistema de subornos organizado, e unha lista de xornalistas aos que había que vixiar. A residencia, que será restituída ao Estado por decisión do Parlamento, permaneceu aberta para que os cidadáns comprobaran o luxo en que vivía Yanukovych, percibido como o símbolo da corrupción do réxime.
Iulia Timoshenko declarou, na web do seu partido, Patria, que non aspira ao cargo de primeira ministra, De feito, as súas aspiracións pasan, segundo os analistas políticos, por presentarse ás eleccións presidenciais do 25 de maio. Ao día seguinte da súa liberación reuniuse cos embaixadores dos EE.UU. e da UE en Ucraína para analizar a situación despois da caída de Yanukovych; na reunión, acordouse "o mantemento da unidade de Ucraína e levar á xustiza a todos os responsábeis de dar as ordes criminais que causaron a morte de tantos ucraínos". Tamén desde Rusia, Vladímir Putin, e desde Alemaña Angela Merkel, coincidiron en que se debe manter a integridade territorial de Ucraína. Pola súa parte, a Casa Branca declarou que "unha partición de Ucraína, ou un retorno á violencia, non está no interese nin de Ucraína, nin de Rusia, nin da UE, nin dos Estados Unidos". O ministro de Exteriores británico, William Hage, foi máis directo, ao asegurar que "non estaría no interese de Rusia intervir militarmente en Ucraína". Pola súa parte, o presidente francés, François Hollande, afirmou que "a unidade e a integridade territorial do país deben ser respectadas". Porén, a comunidade internacional teme que a crise afondara a división entre o leste e o sur de Ucraína, de fala e sensibilidade rusa, maioritario, e o oeste, nacionalista e que fala ucraíno.
  • 24 de febreiro:
    • En Kiev continuaban as consultas no Parlamento para consensuar as candidaturas a primeiro ministro. Tras a retirada voluntaria de Iulia Timoshenko, os candidatos que máis soan son o magnate Petro Poroshenko (chamado "o rei do chocolate" polo seu negocio de lambetadas) e o dirixente de Bakívshina ("Patria", o partido de Timoshenko) Arseni Iatseniuk, que se perfila como o favorito. Seguindo adiante coa depuración do réxime de Yanukovych, os deputados nomearon presidente do Banco Nacional de Ucraína a un dos xefes da revolta, Stepán Kúbik, que fora o encargado da intendencia na praza do Maidán. E o novo ministro do Interior, Arsén Avákov, emitiu unha orde de "busca e captura por asasinatos masivos" contra o presidente deposto.
Despois de varios días de silenzo e aparente prudencia de Vladímir Putin (mentres duraron os Xogos Olímpicos de Inverno de Sochi), o seu primeiro ministro, Dmitri Medvédev, falou para cuestionar a lexitimidade do Parlamento ucraíno. "Falando con propiedade, alí non hai con quen conversar. A lexitimidade de toda unha serie de órganos de poder suscita enormes dúbidas", declarou á prensa ao ser preguntado sobre as razóns polas que foi chamado a consultas o embaixador ruso en Kiev. Segundo Medvédev, "algúns socios estranxeiros non o consideran así; non sei que Constitución leron, pero é unha aberración que se considere lexítimo o que é o resultado dunha insurrección armada", dixo en evidente alusión aos EE.UU. e á UE. Ademais, cre que "traballar cun Goberno de xente que anda pola rúa con máscaras negras e fusís kalashníkov vai ser moi difícil". Máis duro foi o comunicado do Ministerio de Asuntos Exteriores, que acusa aos novos dirixentes de empregar "métodos terroristas". Pese á contundencia de ambas as proclamas, Medvédev dixo que Moscova "cumprirá os acordos que son xuridicamente relevantes" e que eles "colaboraban con Estados, non con persoas concretas".
Kiev esperaba recibir de Rusia un segundo treito, de 1.500 millóns de euros en bonos do Esrado, da axuda de 11.000 millóns prometida en decembro, cando se acordou tamén unha rebaixa do prezo do gas. Porén, a entrega adiouse "até ver quen se pon á fronte do Goberno ucraíno". As axudas, o gas e o acceso ao mercado ruso son as as tres pancas principais que ten Rusia para influír no seu veciño, pero o ministro de Economía ruso reiterou que se Ucraína se acerca á UE, sufrirá unha elevación dos aranceis nas súas exportacións a Rusia.
O novo Executivo precisou que a axuda financeira que necesita supera en máis do duplo da prometida por Mosvcova, sen contar co aforro no prezo do gas, cifrándoa en 25.000 millóns de Euros. A UE, que mantén a súa oferta de asinar o acordo de asociación que Yanukovych rexeitou en novembro, prepara unha axuda de polo menos 20.000 millóns de euros ao longo de sete anos, pero esta axuda estaría subordinada a implantación de medidas económicas contra a crise e á formación dun novo Goberno saído das eleccións previstas para o 25 de maio. Esta achega, que procedería dos fondos comunitarios, de contribucións dos propios Estados membros e do Fondo Monetario Internacional, podería aumentar de for necesario.
  • 25 de febreiro:
    • Aínda sen acordo para formar o Goberno de unidade nacional, comezou a campaña para as eleccións presidenciais, con Vitali Klitshkó e o gobernador prorruso da rexión de Khárkiv, Mikhail Dobkin, como primeiros candidatos. Por se houbera algunha dúbida sobre a influencia da forza da rúa, o Kolo (círculo) do Maidán emitiu un comunicado coas condicións que deben cumprir os candidatos que deben entrar no Goberno, entre as que figuran non ostentar ningún cargo desde que Yanukovych asumiu o poder, nin estar na lista dos cen homes máis ricos do país.
Vladímir Putin convocou ao Consello de Seguridade para debater a crise política de Ucraína, reunión á que asistiron o primeiro ministro, Medvédev, e os ministros de Defensa e Interior. Putin, que tiña en Yanukovych un dos seus principais aliados, evitou facer declaracións. Quen si falou foi o ministro de Exteriores, Serguei Lavrov, para denunciar que as eleccións presidenciais anunciadas para o 25 de maio van contra o acordo asinado a semana pasada en Kiev. Porén Lavrov mostrouse conciliador ao afirmar que "é perigoso en contraproducente obrigar a Ucraína a elixir", asegurando que "Rusia non interferirá". Pola súa parte, a diplomacia occidental apoia ao novo Goberno e insiste na importancia de que Kiev manteña as relacións con Rusia.
Ademais da orde de busca e captura ditada onte, o Parlamento ucraíno solicitou ao Tribunal Penal Internacional da Haia que procese ao fuxido Yanukovych como responsábel das mortes da pasada semana en Kiev.
  • 26 de febreiro:
    • Vladímir Putin agravou a situación de Ucraína e, sobre todo, de Crimea, ao dar a orde de poñer en estado de alerta ás súas tropas, o que se percibe en Kiev como unha ameaza. O seu ministro de Defensa sinalou a importancia de garantir a seguridade das bases rusas no estranxeiro, incluída a flota do mar Negro de Sebastópol (Crimea). A poboación local está crispada porque "nos queren impoñer desde Kiev en que idioma temos que falar; somos rusos e os nosos concidadáns apoian un referendo que nos permita separarnos de Ucraína e unirnos a Rusia", escóitase en Sebastópol e en Simferópol, a capital Crimea. Unhas 4.000 persoas concentráronse na capital para exixir unha consulta sobre o futuro de Crimea. Case a metade delas eran tártaros que, aínda que apoian a Kiev, lles preocupa "o talante xenófobo e ultranacionalista de moitos dos que están no Maidán".
Pola súa parte, o Consello do Maidán, que agrupa aos líderes da protesta inicada en Kiev a finais de novembro pasado, anunciou ate unhas 50.000 persoas congregadas nesta praza da Independencia a súa decisión de recomendar á Rada Suprema que designe como primeiro ministro a Arseni Iatseniuk.
  • 27 de febreiro:
    • Rusia aplica a Crimea unha táctica semellante á utilizada en Abkhazia e Osetia do Sur. Máis de 50 homes armados irromperon no Parlamento, onde izaron a bandeira rusa, e na sede do Goberno de Crimea. Mentres, Rusia anuncia que dará todo o seu apoio ao deposto presidente ucraíno Yanukovych. En Simferópol, Sebastópol e outras cidades da península proliferan os grupos de autodefensa, moito mellor armados que o servizo de orde do Maidán, que tamén se denominaban así. Os combatentes "espontános" de Crimea levan fusís de asalto kalashníkov e móvense en carros blindados. O primeiro ministro da península, destituído horas despois con todo o seu Goberno, compareceu ante a prensa para informar do suceso, e admitiu que non sabía quen tomara o Parlamento; chamou á calma, declarou o día festivo para todos os escolares e pediu á poboación que non provocara actos de violencia. Paralelamente, nun inesperado comunicado, Yanukovych reapareceu para dicir que segue a ser o presidente lexítimo de Ucraína, e advertir de que o sueste de Ucraína e Crimea non acepta a anarquía dun país no que os ministros foron elixidos por unha multiutude nunha praza. Seguidamente, Rusia anunciou que se satisfixo a solicitude de Yanukovych de garantir a súa seguridade persoal en territorio ruso; e o ministro de Exteriores, Lavrov, advertiu de que serían defendidos con firmeza e de forma inflexíbel os dereitos dos seus compatriotas en Crimea. Ao tempo, cazas e combate rusos reforzaban coa súa presenza nas zonas fronteirizas con Ucraína as manobras do exército ordenadas por Putin.
  • 2 de marzo:
    • Unha semana despois da caída de Viktor Yanukovych, e cando a situación se degrada cada vez máis nas rexións ucraínas prorrusas, Vladímir Putin oficializou o que xa era un feito evidente, a invasión, sen disparar un tiro, de Crimea, ao obter do Patramento ruso o permiso e intervir militarmente en Ucraína de ser necesario. Previamente, o novo primeiro ministro de Crimea, Serguei Axiónov, solicitara a axuda de Putin para restaurar a paz e a calma, antes de adiantar a data do referendo sobre o estatuto da rexión rusofalante ao 30 de marzo. O anuncio de Putin puxo en estado de alerta ao Goberno de Kiev, á UE, á OTAN e á ONU.
Kiev denunciou a toma masiva de obxectivos estratéxicos en Crimea por militares rusos, entre outros o aeroporto da capital e unha base antimísiles das Forzas Aéreas de Ucraína. Segundo o ministro do Interior, Rusia despregou 6.000 homes e 30 carros blimdados na península. Os buques dos Gardacostas ucraínos zarparon das súas baes en Crimea para evitarten a súa captura polos rusos.
Mentres tanto, a Unión Eurpoea e os Estados Unidos non van máis alá das protestas diplomáticas.
  • 3 de marzo:
O ministro de Exteriores ruso, Serguei Lavrov, nunha reunión da ONU en Xenebra, dixo cal era a resposta de Moscova ás peticións da comunidade internacional para que abandoe Crimea. Lavrov fixo da defensa dos intereses rusos, ameazados segundo el polas autroridades de Kiev, o fío condutor dun discurso no que non houbo lugar para a autocrítica, e que a Fereración Rusa debe defender aos irmáns rusos residentes en Ucraína, polo que premanecerán en Crimea até que se respecten os dereitos dos rusos.
As tropas rusas teñen practicamente ultimada a ocupación militar de Crimea, pero aínda existen algúns redutos do Exército ucraíno que se negan a entregarse.
No Consello de Seguridade da ONU, EE.UU., Francia e o Reino Unido criticaron duramente a Rusia pola súa intervención, da que dixeron que se basea en argumentos imaxinarios, e os dous últimos países chegaron a comparala coas invasións soviéticas de Hungría, de 1956, e de Checoslovaquia, de 1968.
A Unión Europea convocou un cumio de urxencia para responder a Putin, pero as divisións entre os seus membros son grandes. "É a situación máis grave que o mundo viviu desde a caída do muro de Berlín", asegurou en Bruxelas o ministro español de Asuntos Exterirores, José Manuel García Margallo.
  • 4 de marzo:
    • Dez días despois da caída do presidente Yanukovych, e co mundo en vilo pola crise de Crimea, o presidente ruso Vladímir Putin deixou aberta a posibilidade de enviar tropas ás rexións orientais de Ucraína se a situación o require.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Scythian (ancient people)". Encyclopædia Britannica. 2009. http://www.britannica.com/eb/article-9066426. Consultado o 1 de marzo de 2014.
  2. Demóstenes, Contra Leptines 31 e ss.
  3. V. D. Blavatsklij, Archéologie antique du litoral nord de la mer Noire (en ruso, con resume en francés, Moscova, 1961, pp. 210 e ss.
  4. 4,0 4,1 4,2 Kievan Rus (6ª ed.). 2007. http://web.archive.org/web/20080722102058/http://www.bartleby.com/65/ki/KievanRu.html. Consultado o 1 de febreiro de 2014.
  5. Klyuchevsky. The Course of the Russian History. ISBN 5-244-00072-1. http://www.kulichki.com/inkwell/text/special/history/kluch/kluch16.htm. Consultado o 1 de febreiro de 2014.
  6. "The Destruction of Kiev". U Toronto.ca. 2009. https://tspace.library.utoronto.ca/citd/RussianHeritage/4.PEAS/4.L/12.III.5.html. Consultado o 1 de febreiro de 2014.
  7. Subtelny, p. 69.
  8. Subtelny, pp. 92–93.
  9. "Poland". Enclyclopædia Britannica. 2009. http://www.britannica.com/eb/article-28237. Consultado o 1 de febreiro de 2014.
  10. 10,0 10,1 B. Krupnytsky, A. Zhukovsky (2001). "The Zaporizhia". Encyclopedia of Ukraine. http://www.encyclopediaofukraine.com/display.asp?linkPath=pages\Z\A\ZaporizhiaThe.htm.
  11. 11,0 11,1 "Ukraine - The Cossacks". Encyclopædia Britannica. 200. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/612921/Ukraine/30066/The-Cossacks. Consultado o 1 de marzo 2014.
  12. Eizo Matsuki (2009). "The Crimean Tatars and their Russian-Captive Soldiers". Mediterranean Studies Group at Hitots1hi University. http://www.econ.hit-u.ac.jp/~areastd/mediterranean/mw/pdf/18/10.pdf. Consultado o 1 de marzo de 2014.
  13. Magocsi, p. 195,
  14. Subtelny, pp. 123–124.
  15. Halil Inalick (1979). "Inalick. Servile Labor". MSU.edu. http://coursesa.matrix.msu.edu/~fisher/hst373/readings/inalcik6.html. Consultado o 1 de marzo de 2014.
  16. "Ukraine under direct imperial Russian rule". Encyclopaedia Britannica. 2009. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/612921/Ukraine/30071/Ukraine-under-direct-imperial-Russian-rule. Consultado o 1 de marzo de 2014.
  17. Entre os ucraínos que alcanzaron os postos máis altos no Imperio ruso están Alekséi Razumovski, Alexander Bezborodko e Iván Paskévich. E entre os ucraínos que tiveron grande influencia sobre a Igrexa ortodoxa rusa están Stephen Yavorsky, Teófanes Prokopóvich e Demetrio de Rostov.
  18. Johannes Remy. "Valuev Circular and Censorship of Ukrainian Publications in the Russian Empire (1863-1876)". Bnet.com. http://findarticles.com/p/articles/mi_qa3763/is_200703/ai_n19433957. Consultado o 1 marzo de 2014.
  19. Orest, pp. 340–344.
  20. Bodgan Horbal (2009). "The Resyns - Rusyn". Rusyn.org. http://www.rusyn.org/histalerhof.html. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  21. Serge Cipko, Michael Palij (1993). "Nestor Makhno". Encyclopedia of Ukraine.com. http://www.encyclopediaofukraine.com/display.asp?linkPath=pages\M\A\MakhnoNestor.htm. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  22. Andrii Makuch, Vasyl Markus. "Famine". Encyclopedia of Ukraine. http://www.encyclopediaofukraine.com/pages/F/A/Famine.htm. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  23. Subtelny, p. 380.
  24. "Communism". MSN Encarta. 2009. http://encarta.msn.com/encyclopedia_761572241_2/communism.html.
  25. Cliff, pp. 138–39
  26. Wilson, p. 17.
  27. Subtelny, p. 487.
  28. Roberts, p. 102.
  29. Boshyk, p. 89,
  30. 30,0 30,1 John-Paul Himka (1993). "World wars". Encyclopedia of Ukraine.com. http://www.encyclopediaofukraine.com/display.asp?linkpath=pages\W\O\Worldwars.htm. Consultado o 2 de marzo de 2009.
  31. Piotrowski pp. 352–54.
  32. Weiner pp. 127–237
  33. Peremoga.gov.ua.
  34. Polo xeral estas cifras tenden a ser maiores, debido a que non inclúen aos ucraínos residentes noutros países nin aos xudeus ucraínos.
  35. Subtelny, p. 476.
  36. Magocsi, p. 635.
  37. Petro Sodol (2001). "Ukranian Insurgent Army". Encyclopedia of Ukraine.com. http://www.encyclopediaofukraine.com/display.asp?linkPath=pages\U\K\UkrainianInsurgentArmy.htm. Consultado o 2 de marzo de 20q4.
  38. 38,0 38,1 "Ukraine - World War II and its aftermath". Encyclopædia Britannica. 2009. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/612921/Ukraine/30082/World-War-II-and-its-aftermath. Consultado o 26 de septiembre de 2009.
  39. Weinberg, p. 264.
  40. Rozhnov, Konstantin, Konstantin Rozhnov (2005). "Europe - Who won World War II?". BBC News.co.uk. http://news.bbc.co.uk/2/hi/europe/4508901.stm. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  41. Peremoga.gov.ua
  42. [http://www.zn.ua/3000/3150/47913/ Stalislav Kulchytsky (2004): ZN.ua
  43. 43,0 43,1 Krivosheev, G. F., Rusia e a URSS nas guerras do século XX: perdas das forzas armadas. Un estudo estatístico)
  44. Esta cifra exclúe os prisioneiros de guerra mortos.
  45. "Ukraine - World War II and its aftermath". Encyclopædia Britannica. 2009. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/612921/Ukraine/30082/World-War-II-and-its-aftermath. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  46. [ http://www.dt.ua/3000/3150/47913/ Dt.ua].
  47. Olena Malynovska (2006). "Migration and migration policy in Ukraine". NIISP.gob.ua. http://www.niisp.gov.ua/articles/78/. Consultado o 30 de septiembre de 2009.
  48. "The Transfer of Crimea to Ukraine". IC Crimea.org. 2005. http://www.iccrimea.org/historical/crimeatransfer.html. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  49. "Ukraine - The last years of Stalin's rule". Encyclopædia Britannica. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/612921/Ukraine/30083/Soviet-Ukraine-in-the-postwar-period#toc30084. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  50. Magocsi, p. 644.
  51. Johannes Remy (1996): 'Sombre anniversary' of worst nuclear disaster in history - Chernobyl: 10th anniversary Data de acceso: 2 de marzo de
  52. "Chernobyl - Tschernobyl - Information". Chernobyl.info. 2001. http://www.chernobyl.info/index.php?navID=2. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  53. Axencia Internacional de Enerxía Atómica (2006). "Chernobyl: An IAEA In Focus Series". IAEA.org. http://www.iaea.org/NewsCenter/Focus/Chernobyl/. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  54. Rada Suprema da RSS de Ucraína (1990). "Declaration of State Sovereignty of Ukraine". Rada.gov.ua. http://gska2.rada.gov.ua:7777/site/postanova_eng/Declaration_of_State_Sovereignty_of_Ukraine_rev1.htm. Consultado o 2 de narzo de 2014.
  55. Rada Suprema de Ucrania (1991). "Verkhovna Rada of Ukraine Resolution On Declaration of Independence of Ukraine". Rasa.gov.ua. http://gska2.rada.gov.ua:7777/site/postanova_eng/Rres_Declaration_Independence_rev12.htm. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  56. "Soviet Leaders Recall 'Inevitable' Breakup Of Soviet Union". RFERL.org. 2006. http://www.rferl.org/content/article/1073305.html. Consultado o 2 de marzo de 2009.
  57. Shen, p. 41.
  58. Fondo Monetario Internacional (2009). "Report for Sleceted Countries and Subjects". IMF.org. http://www.imf.org/external/pubs/ft/weo/2007/02/weodata/weorept.aspx?sy=1992&ey=2008&scsm=1&ssd=1&sort=country&ds=.&br=1&c=926&s=PPPGDP&grp=0&a=&pr1.x=41&pr1.y=2. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  59. Banco Mundial (1998). "Can Ukraine Avert a Financial Meltdown?". World Bank.org. http://www.worldbank.org/html/prddr/trans/june1998/ukraine.htm. Consultado o 2 de narzo de 2014.
  60. FMI (2002). "The IMF and Ukraine: What Really Happened". IMF.org. http://www.imf.org/external/np/vc/2002/083102.htm. Consultado o 2 de narzo de 2014.
  61. Eurasia Letter: Ukraine's Turnaround. 1995. pp. 125-143. http://www.jstor.org/pss/1149308. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  62. Banco Mundial (2009). "Ukraine. Country profile". World Bank.org. http://devdata.worldbank.org/ict/ukr_ict.pdf. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  63. Michael Wines (2002). "Leader's Party Seems to Slip In Ukraine". The New York Times. http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9502EFD9143AF932A35757C0A9649C8B63. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  64. Suprema Corte de Ucraína (2004). "??????? ?????? ???????". Skubi.net. http://www.skubi.net/ukraine/judgment-december-3.html. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  65. "Ukraine - Independent Ukraine". Encyclopædia Britannica. 2009. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/612921/Ukraine/30090/Independent-Ukraine.
  66. BBC (2006). "Europe - Ukraine comeback kid in new deal". BBC News.oc.uk. http://news.bbc.co.uk/2/hi/europe/5242860.stm. Consultado o 2 de narzo de 2014.
  67. BBC (2007). "Europe - Tymoshenko picked for Ukraine PM". BBC News.co.uk. http://news.bbc.co.uk/2/hi/europe/7149549.stm. Consultado o 2 de octubre de 2009.
  68. BBC (2009). "Europe - Russia shuts off gas to Ukraine". BBC News.co.uk. http://news.bbc.co.uk/2/hi/europe/7806870.stm. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  69. BBC (2009). "Q&A: Russia-Ukraine gas row". BBC News.co.uk. http://news.bbc.co.uk/2/hi/europe/7240462.stm. Consultado o 2 de narzo de 2009.
  70. "Stand-off in Ukraine over EU agreement". http://www.bbc.co.uk/news/world-europe-25182823. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  71. "Kiev protesters gather, EU dangles aid promise". http://www.reuters.com/article/2013/12/12/us-ukraine-idUSBRE9BA04420131212. Consultado o 2 de marzo de 2014.
  72. Kiev protesters gather, EU and Putin joust, Reuters (12 de decembro de 2013).
  73. "Ukraine threatens state of emergency after protesters occupy justice ministry". http://www.theguardian.com/world/2014/jan/27/ukraine-protesters-occupy-justice-ministry-state-emergency. Consultado o 24 de febrero de 2014.
  74. {{cita web |url= http://www.businessweek.com/news/2014-01-24/ukraine-warned-of-civil-war-by-eu-as-unrest-spreads-to-regions |título= Ukraine clashes resume in Kiev as foreign mediation urged |idioma= inglés |editorial= Business Week |dataacceso= 24 de febrero de 2014
  75. "Regions of Ukraine / Autonomous Republic of Crimea". 2001 Ukrainian Census. http://2001.ukrcensus.gov.ua/eng/regions/reg_crym/. (en inglés)
  76. "Results / General results of the census / National composition of population". http://2001.ukrcensus.gov.ua/eng/results/general/nationality/Crimea/. (en inglés)
  77. Ukrainska Pravda 04.08.2006: Primer Ministro Yanukovych, o la biografía extraoficial, para aquellos que se han olvidado
  78. Ukrainska Pravda 09.06.2004: Excursión por los lugares de Gloria de Yanukovych.
  79. Ukrainska Pravda 04.08.2006 Primer Ministro Yanukovych, o la biografía extraoficial, para aquellos que se han olvidado
  80. El Siglo de Torreón, 25.11.2004. Convocan huelga política en Ucrania
  81. "Kiev apacigua a los defensores del ruso". La Voz de Galicia, 05/03/2014.
  82. Agás Mariano Rajoy, que asistiu á final, que gañou España.
  83. Yúshchenko acusa a Yanukovych en televisión de robarle la victoria
  84. Glavred.info 21.07.2006
  85. Glavred.info
  86. La planilla llenada por Yanukovych a mano, con numerosos errores ortográficos
  87. Ukranews, 24.09.2007: Timoshenko propone prohibir a las personas con antecedentes penales ocupar altos puestos de Estado
  88. As informacións están tiradas do diario La Voz de Galicia dos días 20-02-14 a 05-03-14.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia de Ucraína Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Boshyk,Yuri (1986): Ucraine During World War II: History and Its Aftermath. Instituto Canadense de Estudos Ucranínos. ISBN 0-9208-6237-3.
  • Cliff, Tony (1984): Class Struggle and Women’s Liberation. Bookmarks. ISBN 0-9062-2412-8.
  • Edwards, Mike (1993): "Ukraine - Runing on Empty". National Geographic Magazine, marzo de 1993.
  • Kuzio, Taras (1998): Contemporary Ukraine: Dynamics of Post-Soviet Transformation. M. E. Sharpe. ISBN 0-7656-0224-5.
  • Magocsi, Paul Robert (1996): A History of Ukraine. University of Toronto Press. ISBN 0-8020-7820-6.
  • Overy, Richard (2004): The Dictators. W. W. Norton & Company. ISBN 0-393-02030-4.
  • Piotrowski, Tadeusz (1998): Poland's Holocaust: Ethnic Strife, Collaboration with Occupying Forces and Genocide in the Second Republic, 1918-1947. McFarland & Company. ISBN 0-7864-0371-3.
  • Roberts, Geoffrey (2006): Stalin's Wars: From World War to Cold War 1939-1953. Yale University Press. ISBN 0-9208-6237-3.
  • Shamshur, O. V. (1993): "Multilingual education as a factor of inter-ethnic relations: the case of the Ukraine". Language Education for Intercultural Communication. Multilingual Matters.
  • Shen, Raphael (1996): Ukraine's Economic Reform: Obstacles, Errors, Lessons. Praeger/Greenwood. ISBN 0-2759-5240-1.
  • Subtelny, Orest (1988): Ukraine: A History. University of Toronto Press. ISBN 0-8020-8390-0.
  • Weinberg, Gerhard L. (1995): A World at Arms: A Global History of World War II. Cambridge University Press. ISBN 0-5215-5879-4.
  • Weiner, Amir (2002): Making Sense of War: The Second World War and the Fate of the Bolshevik Revolution. Princeton University Press. ISBN 0-691-09543-4.
  • Wilson, Andrew (1997): Ukrainian Nationalism in the 1990s: A Minority Faith. Cambridge University Pres. ISBN 0-521-57457-9.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]