Leonid Kuchma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeonid Kuchma

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(uk) Леоні́д Дани́лович Ку́чма Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Chaikyne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente de Ucraína
19 de xullo de 1994 – 23 de xaneiro de 2005
← Leonid Kravtchuk (pt) TraducirViktor Yushchenko →
Deputado de Ucraína
11 de maio de 1994 – 15 de xullo de 1994 – Vasyl Yevtukhov (en) Traducir →
Lexislatura: 2nd Verkhovna Rada (en) Traducir
Primeiro ministro de Ucraína
13 de outubro de 1992 – 22 de setembro de 1993
← Valentyn SymonenkoYukhym Zvyahilsky (pt) Traducir →
Deputado de Ucraína
15 de maio de 1990 – 10 de maio de 1994
Lexislatura: 1st Verkhovna Rada (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDnipro Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeUnión Soviética
Ucraína Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor em Wikidata
EducaciónOles Honchar Dnipro National University (en) Traducir
National Aviation University (en) Traducir
Luhansk State University of Internal Affairs (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (–1991)
sen valor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua ucraína Editar o valor em Wikidata
Participou en
2 de xullo de 199028th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
25 de febreiro de 198627th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLyudmyla Kuchma
FillosOlena Pinchuk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesVictor Pinchuk (pt) Traducir (xenro) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2524995 Editar o valor em Wikidata

Leonid Danylovych Kuchma (ucraíno: Леоні́д Дани́лович Ку́чма), nado en Chaikine (Chernihiv) o 9 de agosto de 1938 é un político ucraíno que foi o presidente de Ucraína entre o 19 de xullo de 1994 e o 23 de xaneiro de 2005. Kucham asumiu o posto tras gañar as eleccións presidenciais de 1994 contra o seu rival, Leonid Kravchuk. Kuchma foi reelixido para outro mandato de cinco anos en 1999.

A súa presidencia foi rodeada por numerosos escándalos de corrupción e a redución da liberdade dos medios. A corrupción aumentou trala elección de Kuchma en 1994, mais en 2000–2001, o seu poder comezou a debilitarse a pesar da publicidade dos medios.[1]

Coa súa vixilancia, a economía de Ucraína continuou a declinar ata 1999, mentres que creceu dende 2000, levando unha certa prosperidade a algúns segmentos dos residentes nas cidades. Durante a súa presidencia, as relacións entre Rusia e Ucraína comezaron a mellorar.[2]

Tras unha carreira de éxito na industria da construción de máquinas na Unión Soviética, Kuchma iniciou a súa carreira política en 1999, cando foi elixido para a Rada Suprema (parlamento ucraíno). Foi reelixido en 1994.[3] Actuou como primeiro ministro de Ucraína entre outubro de 1992 e setembro de 1993.[3]

Entre xullo de 2014 e outubro de 2018 foi representante presidencial especial de Ucraína nas conversas de paz semioficiais sobre a guerra de Donbass.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kuchma estudou na Universidade de Dnipropetrovsk, licenciándose en enxeñaría de foguetes. Foi enxeñeiro no Cosmódromo de Baikonur, así como membro do Partido Comunista da Unión Soviética. Tivo un importante papel nos programas de mísiles estratéxicos e foguetes espaciais como executivo da compañía industrial "Yuzmash" de Dnipropetrovsk. Dende 1990 a 1992 foi membro da Rada Suprema de Kíiv e pertenceu ao Comité de Defensa e Seguridade do Estado. Foi nomeado Primeiro Ministro de Ucraína en 1992.

Deixou o seu posto en setembro de 1993 para presentarse como candidato á presidencia do país en 1994, sendo reelixido en 1999.

A oposición acusouno de estar relacionado co asasinato en 2000 do xornalista Georgiy Gongadze e houbo protestas nos anos 2000-2001 baixo o lema "Ucraína sen Kuchma".[4][5][6]

Tamén foi criticado polas súas restricións á liberdade de prensa, aplicando a censura a toda crítica.[7][8] A campaña de Kuchma contra a prensa foi tal que en 2001 o Comité para a Protección dos Xornalistas (CPX) considerou a Kuchma un dos dez peores inimigos da prensa ese ano, xunto a outros líderes como Fidel Castro, Vladimir Putin e o aiatolá Ali Khamenei.[9]

O seu primeiro ministro trala destitución de Anatoli Kinaj en 2002 foi Viktor Yanukovich.

Baixo Constitución de Ucraína, Kuchma deixou a presidencia en outubro de 2004, por non poder ser reelixido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adrian Karatnycky, "Ukraine's Orange Revolution," Foreign Affairs, Vol. 84, No. 2 (Mar. – Apr., 2005), pp. 35–52 in JSTOR
  2. Robert S. Kravchuk, "Kuchma as Economic Reformer," Problems of Post-Communism Vol. 52#5 September–October 2005, pp 48–58
  3. 3,0 3,1 "Profile: Leonid Kuchma". BBC. 26 de setembro de 2002. 
  4. "El asesinato que estremeció a una nación". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008. 
  5. ¿El fin de Ucrania? (en castelán)
  6. Leonid Kuchma Arquivado 28 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
  7. "Leonid Kuchma. Deterioro de la calidad democrática del régimen y auge de los clanes político-empresariales". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  8. "Opinión y Análisis - Grave crisis política en Ucrania" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2008. Consultado o 3 de febreiro de 2008. 
  9. CPJ nombra a 10 enemigos de la prensa en el Día Mundial de la Libertad de Prensa (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Valentyn Symonenko
Primeiro ministro de Ucraína

1992-1993
Sucesor:
Yukhym Zvyahilsky
(interino)
Predecesor:
Leonid Kravchuk
Presidente de Ucraína

2010-2014
Sucesor:
Viktor Yushchenko