Hetmanato cosaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o efémero estado homónimo do século XX, ver Hetmanato (1918)
Modelo:Xeografía políticaHetmanato cosaco

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
CapitalHadiach (pt) Traducir
Chyhyryn (pt) Traducir (1649 (Xuliano)–1668 (Xuliano))
Baturyn (pt) Traducir (1669 (Xuliano)–1707 (Xuliano))
Hlukhiv (pt) Traducir (1708 (Xuliano)–1764 (Xuliano)) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.500.000 (século XVIII) Editar o valor em Wikidata (7,5 hab./km²)
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie200.000 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación30 de xaneiro de 1648 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Disolución21 de novembro de 1764 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Sucedido porImperio Ruso, Sich do Danúbio (pt) Traducir e Siche Zaporojiano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía electiva
Estratocracia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Hetman da Hoste Zaporijiana (pt) Traducir Editar o valor em WikidataKirill Razumovsky (en) Traducir (1750 (Xuliano)–1764 (Xuliano)) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCossack Rada (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata

O Hetmanato cosaco ou Atamanato cosaco (en ucraíno Гетьманщина, Het’manshchina) foi un estado cosaco localizado nas rexións centrais e noroccidentais da actual Ucraína entre 1649 e 1775. Á súa frote estaba un atamán ou hetman.

Estableceuse como resultado da rebelión de Khmelintski dirixindo aos rexementos cosacos do Sich de Zaporozhia e a tropas compostas por poboación ucraína contra a Polonia-Lituania. O primeiro atamán foi Bohdán Khmelnitski, que gobernou entre 1648 e 1657.

O Hetmanato como estado estendeuse pola maior parte de Ucraína central [1] e unha pequena parte de Rusia, incluíndo as actuais óblast ucraínas de Chernihiv, Poltava e Sumi (sen a porción sueste), os territorios da beira oriental das óblast de Kíiv e Cherkasy, así como as partes occidentais da óblast rusa Briansk.

En 1654 pasou á soberanía dos tsares de Rusia, como resultado do tratado de Pereiáslav (Pereiaslavska Rada) e, polo tratado de Andrúsovo (Andrúsiv) en 1667, en que se divide o territorio entre Rusia e Polonia. Esta división causou a guerra civil en Ucraína, entre os distintos partidos cosacos, que termina ao final do século XVII.

No século XVIII o territorio do Hetmanato estaba limitado á marxe esquerda de Ucraína. En 1764 a autonomía do estado cosaco e mais o cargo de atamán foron abolidos por Catarina a Grande.

A capital do Hetmanato foi Chihirin, logo Baturin e finalmente Hluiiv.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Orest Subtelny; Ukraine History; University of Toronto Press; 2000. ISBN 0-8020-8390-0. páx. 159 Situated en the left bank, this land was called Hetmanate for Ukrainians, while Russians referred to it as Malorossiia. It included ten regimental districts: Starodub, Chrnihig, Nizhin, Pryluky, Kiev, Haidach, Lubny, Pereiaslav, Myrhorod and Poltava.
  2. Orest Subtelny; Ukraine History; University of Toronto Press; 2000. ISBN 0-8020-8390-0. páx. 141.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.