Banco Europeo de Investimento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banco Europeo de Investimento (Luxemburgo)

O Banco Europeo de Investimento (BEI) é o órgano financeiro comunitario da Unión Europea (UE). Foi creado no marco dos Tratados de Roma e a súa sede esta en Luxemburgo. Ten por misión contribuír ao desenvolvemento equilibrado do territorio comunitario a través da integración económica e da cohesión social.

Os accionistas do BEI son os Estados que compoñen a Unión Europea e está dirixido polo Consello de Gobernadores, composto polos quince ministros de facenda.

Fora da Unión, o BEI apoia as estratexias de preadhesión dos países candidatos a formar parte da unión e aplica o apartado financeiro dos acordos celebrados no marco das políticas europeas de axuda e cooperación ao desenvolvemento.

Esta institución outorga un total de 43.000 millóns de euros ao ano en créditos, e goza dun mellor estado financeiro que o do Banco Mundial. O BEI non concede financiamento xeral a un Estado, senón que cofinancia proxectos concretos.

O BEI emprega uns 1.000 expertos europeos en finanzas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]