Cosacos de Zaporozhia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Hetmanato e o Imperio ruso en 1751.
O territorio dos Cosacos de Zaporozhia figura en violeta.

Os Cosacos de Zaporozhia, Exército dos Cosacos de Zaporozhia, Exército Zaporozhiano (en ucraíno: Військо Запорізьке; en polaco Kozacy zaporoscy; en checo: Záporožští kozáci) ou, simplemente Zaporozhiáns en ucraíno Запорожці, Zaporozhtsi) son algúns dos nomes que na historiagafía se lle dá a unha organización territorial, política, militar e social dun grupo de cosacos ucraínos establecidos primitivamente nos arredores da cataratas do río Dniéper, na Ucraína central.

Sempre tiveron fama polo seu valor e a súas razzias. Estiveron, sucesivamente, ao servizo de Polonia, de Suecia e de Rusia. Pedro o Grande organizounos e deulles por cuadillo a Mazeppa. En 1775, Catarina II trasladounos ás ribeiras do Kubán para conter aos circasiáns, e desde aquela tomaron o nome de cosacos do mar Negro (Chernomoski).

Desde 1552 (data da fundación da primeira Sitch) até 1775, estiveron dirixidos por un atamán e unha asemblea de cosacos.

En coordinación cos cosacossdo Hetmanato, os zaporozhianos combateron contra Polonia, os otománs e, máis tarde, contra Rusia, para lograr a súa independencia.

Durante a Segunda Guerra Mundial a inmensa maioría dos zaporozhianos puxéronse ao servizo do III Reich.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cosacos de Zaporozhia

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Enciclopedia Espasa. Volume 70, páx. 1022. ISBN 84-239-4570-7.
  • Lebedynsky, Iaroslav (2004): Les Cosaques. Une société guerrière entre libertés et pouvoirs. Ukraine 1490-1790. Paris: Errance. ISBN 2 87772-272-4.
  • Ure, John (2002): The Cossacks: An Illustrated History. London: Gerald Duckworth. ISBN 0-7156-3253-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]