François Hollande
| François Hollande | |
|
|
|
|---|---|
| Actualmente no cargo | |
| Dende o 15 de maio de 2012 | |
| Precedido por | Nicolas Sarkozy |
|
|
|
| Precedido por | Nicolas Sarkozy |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 12 de agosto de 1954 (58 anos) Rúan |
| Partido | Partido Socialista |
| Pais | Francia |
| Sinatura | |
François Hollande, nado en Ruán o 12 de agosto de 1954, é un político francés. O 6 de maio de 2012 foi elixido presidente da República Francesa.
Foi Primeiro secretario do Partido Socialista de 1997 a 2008, alcalde de Tulle de 2001 a 2008, deputado da Corrèze de 1988 a 1993 e de novo dende 1997, e preside a deputación provincial (Conseil général) da Corrèze dende 2008.
Índice |
Traxectoria [editar]
François Gérard Georges Nicolas Hollande é fillo do doutor Georges Gustave Hollande, nado en 1923, médico otorrinolaringólogo, que fora candidato nunha lista de extrema dereita para as eleccións municipais de Ruán en 1959 e en 1965. A súa nai, Nicole Frédérique Marguerite Tribert, católica de esquerda nada en 1927 e falecida en 2009, era asistente social. Esta última figuraba en 2008 sobre a lista do Partido socialista francés para as eleccións municipais da cidade de Cannes.
Pasa a súa infancia en Bois-Guillaume, cidade residencial sobre as alturas de Rúan, e é interno no colexio La Salle de Rúan.
En 1968, a familia trasladase para Neuilly-sur-Seine.
Alumno no liceo Pasteur de Neuilly-sur-Seine, François Hollande persegue os seus estudos na facultade de dereito de París, onde obtén o grao de licenciado, despois na Escola de altos estudos comerciais de París (en francés: HEC :École des hautes études commerciales de Paris) e no Instituto de estudos políticos de París (en francés: Institut d'études politiques de Paris coñecido como Sciences Po), onde milita en favor de UNEF-Renouveau, sindicato de estudantes proximo do Partido comunista francés. Sae 7º da Escola Nacional de Administración (en francés: École Nationale d'Administration, coñecida como ÉNA), na promoción Voltaire (promoción dos diplomados en 1980).
Política [editar]
A carreira política de François Hollande está vinculada ao seu apego á Corrèze.
Cargos políticos [editar]
- 14 de marzo 1983 - 16 de marzo 1989 : concelleiro de Ussel, cidade de Corrèze.
- 23 de xunio 1988 - 1er de avril 1993 : deputado da primeira circunscrición de Corrèze.
- 17 de marzo 1989 - 24 de xunio 1995 : concelleiro e adxunto ao alcalde de Tulle, capital do departamento francés de Corrèze.
- 23 de marzo 1992 - 30 de marzo 1992 : conselleiro rexional do Lemosín.
- 25 de xunio 1995 - 18 de marzo 2001 : concelleiro de Tulle.
- Dende o 12 de xunio 1997 : deputado da primeira circunscrición de Corrèze.
- 16 de marzo 1998 - 2 de abril 2001 : conselleiro rexional do Lemosín.
- 20 de xulio 1999 - 17 de decembro 1999 : deputado europeo.
- 19 de marzo 2001 - 17 de marzo 2008 : alcalde de Tulle.
- Dende o 20 de marzo 2008 : presidente da deputación provincial (Conseil Général) de Corrèze.
- Dende o 15 de maio 2012 : presidente da República Francesa.
Presidencia [editar]
Designado candidato do Partido socialista (PS) e do Partido radical de esquerda (PRG) para a elección presidencial de 2012 ao final dunha primaria, cualifícase para a segunda volta, sucedendo na cabeza da primeira volta, diante do presidente Nicolas Sarkozy, o 22 de abril de 2012. Vencedor na segunda volta, é elixido 24º presidente da República francesa o 6 de maio de 2012 [1], [2] co 51,63 % das voces, cara ao presidente saínte, Nicolas Sarkozy.
A súa investidura fixose o 15 de maio de 2012 no pazo do Elisio. Volveuse igualmente ex-officio copríncipe francés de Andorra. O 15 de maio 2012 nomeou Jean-Marc Ayrault, alcalde de Nantes, primeiro ministro.
Cronoloxía política [editar]
En 1974, preside a sección do UNEF no Instituto de estudos políticos de París. Entra na Escola de altos estudos comerciais de París e diríxe o comité de apoio á candidatura de François Mitterrand para as eleccións presidenciais.
En 1979 adhírese ao Partido socialista.
| Predecesor: Nicolas Sarkozy |
Presidente da República Francesa 2012 - - |
Sucesor: - |
| Predecesor: Nicolas Sarkozy |
Copríncipe de Andorra (Con Joan Enric Vives i Sicília) 2012 - - |
Sucesor: - |
Notas [editar]
- ↑ (en castelán) Hollande anuncia un nuevo rumbo en la política económica de Europa La Región (7 de maio 2012 actualización as 11:32).
- ↑ (en castelán) El socialista François Hollande promete cambiar Europa La Voz de Galicia.es (7 de maio 2012 actualización as 11:58)
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- (en francés) François Bachy (2001). François Hollande - Un destin tranquille. ISBN 978-2-259-19284-2.
- (en francés) Serge Raffy (2011). François Hollande - Itinéraire secret. ISBN 978-2-213-63520-0.
- (en francés) Michel Richard (2011). François Hollande, l'inattendu. ISBN 978-2-8098-0600-7.
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- (en castelán) Biografía.
- (en francés) Sitio web de François Hollande.
- (en francés) Sitio web de deputado de François Hollande.
- (en francés) Ficha de François Hollande na Cámaras dos Deputados de Francia (Assemblée Nationale).