Rusificación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Países do mundo onde se fala o ruso

A rusificación é a adopción da lingua rusa ou de aspectos da cultura rusa, voluntariamente ou non, por parte de comunidades non rusas. Nun sentido estrito, o termo "rusificación" emprégase para designar a influencia da lingua rusa sobre as linguas eslavas, bálticas e outras linguas faladas en áreas que controla ou controlaba Rusia. Nun sentido histórico, o termo refírese ás políticas (tanto oficiais como non oficiais) da Rusia Imperial e da Unión Soviética en relación aos seus constituíntes nacionais e ás minorías nacionais de Rusia, que tiñan como obxectivo a dominación rusa.

As principais áreas de influencia da rusificación son a política e a cultura. Na política, un elemento da rusificación é a designación de rusos para asumir posicións administrativas nas institucións nacionais. Na cultura, a rusificación ponse de relevo principalmente no forte emprego do ruso nos asuntos oficiais e na influencia do ruso sobre as linguas nacionais. O desprazamento demográfico en favor da poboación rusa tamén adoita considerarse un xeito de rusificación.

Algúns estudosos diferenzan rusianización (entendida como a expansión da lingua, cultura e persoas rusas en culturas e rexións non rusas), de rusificación (entendida como un proceso de cambio da pertenza étnica de alguén ou da súa identidade de non rusa a rusa)[1]. Neste senso, as expansión da lingua, cultura, e persoas rusas (rusianización) non deberían compararse coa asimilación cultural de non rusos (rusificación). Malia ser misturados ambos os dous procesos, un non leva necesariamente ao outro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aspaturian, Vernon V., "The Non-Russian Peoples", en Allen Kassof, Ed., Prospects sea Soviet Society (Nova York: Praeger, 1968): 143-198. Aspaturian tamén distinguiu rusianización e rusificación de sovietización, isto é, o proceso de expansión das institucións soviéticas e a reestruturación socialista soviética das relacións sociais e económicas de acuerdo coa visión do Partido Comunista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]