Historia de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Francia
Adhémar de Monteil à Antioche.jpeg

Antigüidade

Idade Media

Época moderna

Época contemporanea

Véxase tamén:

Cronoloxía de Francia

Tradicionalmente os historiadores remontan a fundación de Francia ao ano 486, data da conquista da parte máis grande da Galia por Clodoveo I, rei dos Francos. O estado franco logo francés existiu sen interrupción dende esta época, o que o fai o estado máis vello de Europa. Se o nome de Francia foi empregado de xeito oficial só a partir de aproximadamente 1190, cando a cancillería do rei Philippe Auguste comezou a empregar o termo de rex Francie no sitio de rex Francorum para designar ao soberano, a palabra foi empregada xa correntemente para designar o conxunto do reino, como se ve na lectura da Canción de Roland (La Chanson de Roland), escrita un século antes. O termo de "Francia" é a continuación do de "Francie", nado no século IX para designar ao reino franco. Dende 1204, o territorio é designado nas cartas baixo o nome de regnum Francie, é dicir reino de Francia [1]. A ocupación humana do territorio que corresponde hoxe a Francia é moi antiga. Aos grupos presentes dende o paleolítico viñeron engadirse, ata o primeiro milenio, as ondas sucesivas compostas de poboación de celtas [2], romanos, e pobos xermanos, entre os que destacaban os francos. A partir do comezo do segundo milenio a monarquía dos Capetos aseguraba a unidade territorial do país. O período revolucionario remata a súa unidade administrativa e política. O período contemporáneo caracterizouse polos esforzos de unificación cultural, por un enriquecemento do país e por unha chegada de millóns de inmigrantes de Europa, de África e de Asia que profundamente modificaron a estrutura da poboación.


Prehistoria[editar | editar a fonte]

Existen importantes restos do paleolítico inferior no río Somme e os Pireneos tradicionais (Home de Neandertal), así como na Chapelle-aux-Saints, Le Moustier e La Ferrassie. Do paleolítico superior hai abundantes vestixios dos homes de Cro-Magnon, Grimaldi e Chancelade, datados nuns 25.000 anos de antigüidade, os cales están situados no val de Dordoña. Entre as máis famosas pinturas rupestres do mundo están as de Lascaux e de Font de Gaume, nos Pireneos franceses.

No mesolítico algunhas actividades agropecuarias foron reemplazando en importancia ás covas, e no neolítico (desde o III milenio a. C.) xurdiu a cultura megalítica (que empregou menhires, dolmens e enterramentos). Desde ao redor de 1500 a. C. iníciase a idade do bronce, desenvolvéndose rutas comerciais.

Atopáronse utensilios da industria achelense do homo erectus de hai 900 ó 1000 anos na gruta Lle Vallonnet, no sur de Francia. A idade do ferro e as culturas celtas sitúanse dentro do I milenio a.C.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jacques Le Goff, Encyclopaedia universalis, « Capétiens »
  2. Georges Duby, Histoire de la France des origines à nos jours, Larousse, In extenso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Historia de Francia