Tratado de Verdún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As divisións do Imperio carolinxio segundo o Tratado de Verdún (843). Este mapa había sufrir importantes modificacións co Tratado de Mersen (870).

Coñécese como tratado de Verdún o acordo celebrado entre Lotario I do Sacro Imperio Romano Xermánico, Luís o Xermánico e Carlos o Calvo, fillos de Ludovico Pío e netos de Carlomagno. Por este tratado, os tres irmáns puxeron fin a anos de hostilidades en que se enlearon debido á súa ambición de controlar a totalidade do Imperio carolinxio, o que foi permitido pola debilidade de seu pai.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Polo tratado de Verdún (843), os tres netos de Carlomagno desintegraron o Imperio. Carlos levouse as rexións occidentais do Imperio. Luís tomou para si as rexións orientais. Lotario, pola súa banda, pola súa ambición, obtivo as capitais imperiais: Roma e Aquisgrán, situadas nunha estreita franxa de terreo entre os dominios dos seus dous irmáns, que ía desde Italia ata o Mar do Norte.

O tratado tivo consecuencias políticas incalculábeis. Ademais de sepultar para sempre o soño dunha resurrección do Imperio romano en Europa Occidental (que sería infrutuosamente buscado polo Sacro Imperio Romano Xermánico), creou a semente do que despois serían as nacións de Francia ao oeste (o territorio de Carlos, que por primeira vez recibe esa denominación en vez do tradicional nome de Galia) e Alemaña ao leste (os dominios de Luís). No referente ao territorio de Lotario, este desintegrouse bastante rápido, nun novo tratado celebrado o ano 870. O territorio de Lotario será coñecido na Idade Media como a Lotarinxia, denominación xeográfica que abarca Flandres (as actuais Bélxica e Holanda), as rexións francesas de Alsacia e Lorena, e a Italia setentrional. Esta colección de terras era demasiado inestábel para seguir unidas nun mesmo cetro, e non volveron desempeñar un papel unitario na historia universal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]