Quinta República Francesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
République française

República Francesa
Bandeira de Francia Escudo de Francia
Bandeira Escudo
Lema: Liberté, Égalité, Fraternité
(en galego: Liberdade, Igualdade, Fraternidade)
Himno nacional: A Marsellesa
 
EU-France.svg
 
Capital
 • Poboación
París
2 181 371 (2006)
(e co conxunto da zona urbana 11.174.743)

Cidade máis poboada París
Linguas oficiais
Francés 1
Forma de goberno República
François Hollande
Jean-Marc Ayrault

4 de outubro de 1958 (56 anos)
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 40º
675.417 2 km²
0,26
2889 km
5500 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 20º
64.473.140 (2008) 3
95,9 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 6º
2.515.241 millóns USD
40.782 USD
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 7º
1,9 billóns USD
29.203 USD
IDH (2005) 0,952 (10º) – elevado
Moeda Euro
(€, EUR)
Xentilicio Francés, francesa
Fuso horario CET (UTC+1)5
Dominio de Internet .fr
Prefixo telefónico +33
Prefixo radiofónico FAA-FZZ, HWA-HYZ, THA-THZ, TKA-TKZ, TMA-TMZ, TOA-TQZ, TVA-TXZ
Código ISO 250 / FRA / FR
Membro de: UE, OTAN, ONU, OSCE, OCDE, G-8, OIF, UL.

1 Fálanse varios idiomas rexionais.
2 Dos cales 551.098 km² corresponden á Francia metropolitana, isto é, europea (cifras do Instituto Xeográfico Nacional Francés)
3 Dos cales, 61.875.822 na Francia metropolitana.
4 Toda a República Francesa salvo os territorios de ultramar no Océano Pacífico, onde se emprega o franco CFP (XPF).
5 Só a Francia metropolitana.

Tódolos países do mundo

A Quinta República é a quinta e actual constitución republicana de Francia, presentada o 4 de outubro de 1958.[1] A Quinta República xurdiu tralo colapso da Cuarta República, en substitución do anterior goberno parlamentario cun sistema presidencialista. É o terceiro sistema político máis duradeiro da historia de Francia, tras o Antigo Réxime e a Terceira República.

Historia de Francia
Adhémar de Monteil à Antioche.jpeg

Antigüidade

Idade Media

Época moderna

Época contemporánea

Véxase tamén:

Cronoloxía de Francia

Orixes[editar | editar a fonte]

O detonante do colapso da Cuarta República foi a Crise de Alxeria; a pesar dos conflitos e revoltas do proceso de descolonización, África Occidental, Indochina e Alxeria seguían contando con representantes na Asemblea Nacional, nun sistema de sufraxio censatario na Unión Francesa. Alxeria en particular, a pesar de ser a colonia con máis poboación francesa, viu incrementarse a presión para a separación da Metrópole. A situación complicouse pola disparidade de opinións da poboación, xa que algúns colonos brancos querían seguir pertencendo a Francia, o que provocou que a Guerra de Independencia se converteu non só nun movemento separatista, senón que tamén tivo elementos dunha guerra civil. Complicouse máis a situación cando unha parte do exército francés se revelou e apoiou abertamente a "Alxeria Francesa" movemento para acabar coa separación. Charles de Gaulle, que se retirara da política unha década antes, meteuse no medio da crise, facendo un chamamento á nación para suspender ao goberno e crear un novo sistema constitucional. De Gaulle chegou ao poder pola incapacidade do parlamento para elixir a un goberno, as protestas populares forzaron a última votación do parlamento da Cuarta República, que acordou a disolución desta e un acordo constitucional. (Alxeria converteuse nun país independente o 5 de xullo de 1962.)

A Cuarta República sufriu unha falta de consenso político, un executivo débil e a rapida formación e disolución de distintos gobernos dende a Segunda Guerra Mundial. Sen partidos ou coalicións capaces de manter unha maioría parlamentaria, os Primeiros Ministros foron incapaces de arriscar a súa situación política con reformas impopulares. De Gaulle e os seus simpatiizantes propuxeron un sistema de presidentes executivos fortes, con mandatos de sete anos. Segundo a constitución proposta, o presidente teria o poder executivo para dirixir o país, xunto co primeiro ministro. O 1 de xuño de 1958, Charles de Gaulle converteuse en presidente;[2] o 3 de xuño de 1958, unha lei constitucional permitiu ao novo goberno redactar unha nova Constitución francesa,[1] e outra lei permitiu a Charles de Gaulle e ao seu goberno gobernar por decreto durante un máximo de 6 meses, salvo en determinados asuntos relacionados cos deritos básicos dos cidadáns (dereito criminal, etc.).[3] Estas medidas aprobáronse mediante o Referendo do 28 de setembro de 1958, apoiado por máis dun 80% dos votantes.[4] A nova constitución foi promulgada o 4 de outubro de 1958.[5] Debido a que cada nova constitución conleva unha nova república, Francia pasou da Cuarta á Quinta República.

A nova constitución contiña cláusulas transitoria (artigos 90–92) prorrogou o goberno por decreto ata que as novas institucións estiveran operativas. René Coty foi o presidente da república ata que o novo presidente fora proclamado. O 21 de decembro de 1958, Charles de Gaulle converteuse en Presidente de Francia por un colexio electoral.[6] A Comisión electoral provisional, que actuou no lugar do Consello Constitucional, fixo públicos os resultados o 9 de xaneiro de 1959. O novo presidente comezou o seu mandato ese día, nomeando a Michel Debré como primeiro ministro.

A constitución de 1958 tamén substituíu a Unión Francesa pola Comunidade Francesa, o que permitiu a catorce territorios membros lograr a independenza.[7] 1960 coñeceuse como o "Ano de África", debido á independencia conseguida en varios estados.[8]

Evolución[editar | editar a fonte]

O presidente elixiuse inicialmente polos colexios electorais, pero en 1962 de Gaulle propuxo que o elixiran directamente os cidadáns, e convocou un referendo sobre o cambio. Aínda que os métodos empregados por de Gaulle recibiron críticas por parte de todos os grupos políticos excepto os Gaullistas, o cambio aprobouno o electorado francés.[9] O Tribunal Constitucional non se pronunciou sobre a constitucionalidade do referendo.[10]

O presidente pasou a elexirse dende entón cada 5 anos, ata o referendo constitucional do 2000, que o mudou a sete anos o período de elección, para reducir a posibilidade de convivencia, isto é que coincidan no goberno un presidente ou un primeiro ministro dun partido e o outro da oposición, debido á diferenza do período de mandato do presidente e do primeiro ministro. A primeira volta está aberta a todos os candidatos e establece un presdente, se ningún deses candidatos obtén unha maioría absoluta. Se non hai un gañador na primeira volta, os dous candidatos con máis votos van a unha segunda volta.

Na década de 1970 ocorreron dous cambios importantes en canto ao equilibrio de poderes.[11] Tradicionalmente, Francia rexíase de acordo á soberanía parlamentaria: ningunha autoridade podía cuestionar se as leis aprobadas polo Parlamento respetaban os dereitos constitucionais dos cidadáns.[12] En 1971, o Consello Constitucional, alegando que o preámbulo da Constirución fai referencia aos dereitos recollidos en 1789 na Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán e tamén a Constitución de 1979, concluiu que os estatutos debían respectar eses dereitos e declarou parcialmente inconstitucional unha lei, porque violaba a Liberdade de asociación.[13] Porén, só o Presidente da República, o Primeiro Ministro, e o Presidente de cada Cámara do Parlamento podían solicitar a revisión da constitucionalidade dunha lei, o que reduce en gran medida a posibilidade de revisión, se todos estes cargos políticos son do mesmo partido, que era a situación naquel momento. En 1974 unha emenda constitucional ampliou as persoas que podían pedir a revisión dunha lei a 60 membros da Asemblea Nacional e 60 membros do Senado.[14] Dende entón a oposición foi capaz de deter polémicas emendas denunciando a súa constitucionalidade.[15]

Presidentes da Quinta República[editar | editar a fonte]

Os Gaullistas están en azul, os Socialistas en rosa e os centristas en verde azulado.

Presidente Vida de a Partido
Charles de Gaulle 1890–1970 8 de xaneiro de 1959 28 de abril de 1969 (dimitiu) UNR despois UDR
Alain Poher 1909–1996 28 de abril de 1969 15 de xuño de 1969 (provisional) PDM
Georges Pompidou 1911–1974 15 de xuño de 1969 2 de abril de 1974 (morto no cargo) UDR
Alain Poher 1909–1996 2 de abril de 1974 19 de maio de 1974 (provisional) PDM
Valéry Giscard d'Estaing 1926– 19 de maio de 1974 21 de maio de 1981 UDF
François Mitterrand 1916–1996 21 de maio de 1981 17 de maio de 1995 Socialista
Jacques Chirac 1932– 17 de maio de 1995 16 de maio de 2007 RPR despois UMP
Nicolas Sarkozy 1955– 16 de maio de 2007 15 de maio de 2012 UMP
François Hollande 1954– 15 de maio 2012 (No cargo) Socialista

Primeiros Ministros da Quinta República Francesa[editar | editar a fonte]

Nome Data de comezo Data de fin Partido político
Michel Debré 8 de xaneiro de 1959 14 de abril de 1962 Unión pola Nova República
Georges Pompidou 14 de abril de 1962 10 de xullo de 1968 Unión pola Nova República
Maurice Couve de Murville 10 de xullo de 1968 20 de xuño de 1969 Unión de Demócratas pola República
Jacques Chaban-Delmas 20 de xuño de 1969 6 de xullo de 1972 Unión de Demócratas pola República
Pierre Messmer 6 de xullo de 1972 27 de maio de 1974 Unión de Demócratas pola República
Jacques Chirac (1º vez) 27 de maio de 1974 26 de agosto de 1976 Unión de Demócratas pola República
Raymond Barre 26 de agosto de 1976 21 de maio de 1981 Union para a democracia francesa
Pierre Mauroy 21 de maio de 1981 17 de xullo de 1984 Partido Socialista
Laurent Fabius 17 de xullo de 1984 20 de marzo de 1986 Partido Socialista
Jacques Chirac (2º vez) 20 de marzo de 1986 10 de maio de 1988 Reagrupamento pola República
Michel Rocard 10 de maio de 1988 15 de maio de 1991 Partido Socialista
Édith Cresson 15 de maio de 1991 2 de abril de 1992 Partido Socialista
Pierre Bérégovoy 2 de abril de 1992 29 de marzo de 1993 Partido Socialista
Édouard Balladur 29 de marzo de 1993 18 de maio de 1995 Reagrupamento pola República
Alain Juppé 18 de maio de 1995 3 de xuño de 1997 Reagrupamento pola República
Lionel Jospin 3 de xuño de 1997 6 de maio de 2002 Partido Socialista
Jean-Pierre Raffarin 6 de maio de 2002 31 de maio de 2005 Unión por un Movemento Popular
Dominique de Villepin 31 de maio de 2005 17 de maio de 2007 Unión por un Movemento Popular
François Fillon 17 de maio de 2007 15 de maio de 2012 Unión por un Movemento Popular
Jean-Marc Ayrault 15 de maio de 2012 (No cargo) Partido Socialista

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Loi du 3 juin 1958 portant dérogation transitoire aux dispositions de l'article 90 de la Constitution, fr:L'Assemblée nationale and the fr:Conseil de la République, Journal Officiel de la République Française, 3 June 1958
  2. Décret du 1er juin 1958 portant nomination des membres du gouvernement
  3. Loi n°58–520 du 3 juin 1958 relative aux pleins pouvoirs
  4. Proclamation des résultats des votes émis par le peuple français à l'occasion de sa consultation par voie de référendum, le 28 septembre 1958
  5. Constitution, Journal Officiel de la République Française, 5 October 1958
  6. Proclamation des résultats du scrutin du 21 décembre 1958 pour l'élection du Président de la République, Président de la Communauté; text version
  7. Frederick Cooper, "Possibility and Constraint: African Independence in Historical Perspective", Journal of African History 49(2), http://dx.doi.org/10.1017/S0021853708003915
  8. Abayomi Azikiwe, "50th Anniversary of the 'Year of Africa' 1960", Pan-African News Wire, 21 April 2010.
  9. Constitutional Council, Proclamation of the results of the 28 October 1962 referendum on the bill related to the election of the President of the Republic by universal suffrage
  10. Constitutional Council, Decision 62-20 DC of 6 November 1962
  11. F. L. Morton, Judicial Review in France: A Comparative Analysis, The American Journal of Comparative Law, Vol. 36, No. 1 (Winter, 1988), pp. 89–110
  12. M. Letourneur, R. Drago, The Rule of Law as Understood in France, The American Journal of Comparative Law, Vol. 7, No. 2 (Spring, 1958), pp. 147–177
  13. Constitutional Council, Decision 71-44 DC of 16 July 1971
  14. Loi constitutionnelle 74-904 du 29 octobre 1974 portant révision de l'article 61 de la Constitution
  15. Alain Lancelot, La réforme de 1974, avancée libéral ou progrès de la démocratie ?

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Atkin, Nicholas. The Fifth French Republic (European History in Perspective) (2005) extracto do texto
  • Brouard, Sylvain et al. The French Fifth Republic at Fifty: Beyond Stereotypes (French Politics, Society and Culture) (2009)
  • Chevallier, Jean-Jacques; Guy Carcassonne, Olivier Duhamel (2009) (en French). Histoire de la Ve République : 1958 - 2009 (13th ed.). Paris: Dalloz. ISBN 978-2-247-08406-7.
  • Lewis-Beck, Michael S., et al. eds. French Presidential Elections (Palgrave Macmillan; 2012) 232 pages; studies of four presidential contests over the past two decades.
  • Rogoff, Martin A. French Constitutional Law: Cases and Materials (Durham, Carolina Academic Press, 2010.[1]
  • Thody, Philip. The Fifth French Republic: Presidents, Politics and Personalities: A Study of French Political Culture (1998) extracto do texto

Outros artigos[editar | editar a fonte]