Reino de Francia (1791-1792)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Royaume de France
Reino de Francia

1791–1792
Bandeira Escudo
Capital París
Lingua Francés
Goberno Monarquía Constitucional
Historia
 • Establecido 1791
 • Disolución 1792
Moeda Asignado

O Reino de Francia (en francés:Royaume de France) foi un curto período de monarquía constitucional que estivo vixente en Francia desde o 3 de setembro de 1791 ata o 21 de setembro de 1792. Luís XVI dos franceses (anteriormente Luís XVI de Francia) foi o único rei dos franceses desde a creación do estado ata a súa caída. O reino dos franceses foi a primeira monarquía constitucional que estivo vixente en Francia. O predecesor deste reino foi unha monarquía absoluta. A Asemblea Lexislativa suspendeu a monarquía o 11 de agosto un día despois de que se producira o asalto ó palacio das Tullerias.[1] Esta Asemblea Lexislativa, puxo o destino da monarquía en mans da Asemblea Nacional Constituínte elixida por sufraxio universal masculino. A recentemente elixida Asemblea Nacional Constituínte aboliu a monarquía o 21 de setembro de 1792, poñendo fin a 203 anos de goberno da dinastía da Casa de Borbón en Francia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fraser, 454