Cova de Font-de-Gaume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada da gruta de Font-de-Gaume

Font-de-Gaume é unha cova con mostras de arte paleolítica que está situada no concello occitano de Las Eisiás de Taiac (nome oficial en francés Eyzies-de-Tayac) na Dordoña (en francés Dordogne).

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi descuberta o 12 de setembro de 1901 por Denis Peyrony, Henri Breuil e mais Louis Capitan, tan só catro días despois de descubrirse a gruta de Les Combarelles.

Os achados de materiais, elaborados polos homes primitivos en pedra (industria lítica), pertencen esencialmente ás culturas do Chatelperroniense e ao Auriñaciense, e máis raramente, ao Musteriano, ao Solutreano ou ao Magdaleniano.

A cova presenta a forma dun pasadizo de 125 metros de longo e relativamente estreito. As primeiras representacións atópanse a uns sesenta metros da entrada, zona de escasa circulación de aire, cousa que facilitou a súa conservación, xa que outras pinturas dentro do pasadizo desapareceron pola acción do aire.

Arte rupestre[editar | editar a fonte]

En total hai uns 200 gravados e pinturas que nalgúns casos presentan policromía. Os motivos son signos xeométricos de animais. en concreto de uros (Bos primigenius), bisontes, mamuts, cabalos, renos e mesmo leóns (uns 80 bisontes, 40 cabalos e 20 mamuts). As figuras antropomórficas que aparecen son siluetas e posibelmente vulvas.

Ao non existir unha datación absoluta estas obras de arte parietal son asignada ao período magdaleniano, baseándose en comparacións estilísticas.

Patrimonio Mundial[editar | editar a fonte]

Desde 1979, esta cova e outras próximas, no val de Vézère, están inscritas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Visita[editar | editar a fonte]

A cova de Font-de-Gaume éstá aberta ao público, pero con limitacións. O máximo dun grupo a entrar é de 12 persoas. En caso de querer vistala aconséllase reservar con antelación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • H. Breuil, Quatre cent siècles d'art pariétal, Centre d'Études et de Documentation préhistoriques, 1952.
  • A. Leroi-Gourhan (1988), « Font-de-Gaume », in Dictionnaire de la Préhistoire, Leroi-Gourhan, A., (Éd.), PUF, pp. 410–411.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]