Illas de Barlovento, Pequenas Antillas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Illas de Barlovento, Cabo Verde.

As Illas de Barlovento son un grupo de illas das Pequenas Antillas, integrado por Granada, Martinica, Santa Lucía, Barbados, San Vicente e Granadinas, Trinidad e Tobago.

Nome e xeografía[editar | editar a fonte]

As Illas de Barlovento foron chamadas así porque estaban máis a barlovento (na dirección do vento) dos barcos que chegaban ao Novo Mundo que as Illas de Sotavento dado que os ventos que prevalecen nesa zona sopran en dirección este a oeste. As correntes transatlánticas e os ventos que producían a ruta máis rápida a través do océano levaban aos barcos primeiro a estas illas do sueste das Antillas para logo continuar ao seu destino final no Caribe ou Norteamérica.

As Illas Antillas de Barlovento son (de norte a sur)[editar | editar a fonte]