Pequena Martinica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pequena Martinica
Vista da illa
Datos
Capital
País Granada
Localización Mar Caribe
Arquipélago Antillas Menores
Linguas
Poboación (2007) 900 hab.
Superficie 2,4 km²
Densidade 375 hab./km²
Coordenadas 12°30.59′N 61°23.04′W / 12.50983°N 61.38400°W / 12.50983; -61.38400
Maior Altura 230 m. Piton
Localización
Mapa de Granada no extremo superior dereito vese a Illa Pequena Martinica

Pequena Martinica (tamén coñecida como Petite Martinique ou Little Martinique) é unha illa situada no Caribe Oriental que forma parte do arquipélago das Granadinas e que administrativamente é parte da Mancomunidade de Granada.

É unha illa de orixe volcánico cun diámetro de 1,8 km e unha superficie estimada en 2,4 km²; o seu punto máis alto é o Pico Piton que se eleva ata os 230 m. O seu número de habitantes está calculado nunhas 900 persoas cunha densidade de 375 hab/km², que viven principalmente de actividades como a pesca e a reparación de botes.