Patois
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patois describe unha variedade non estándar dunha lingua ou unha lingua considerada rexional ou mesmo un dialecto polas autoridades dun estado. O termo emprégase principalmente en Francia pero tamén en Bélxica, Suíza e Italia dunha forma claramente pexorativa para denominar a linguas que se consideran rurais e sen presenza no ensino ou nos medios de comunicación, tradicionalmente relegadas a funcións familiares e de uso local como poden ser as falas ou linguas d'oïl (como o valón ou o picardo), ó occitano, francoprovenzal, piemontés ou o bretón. Na actualidade o termo patois perdeu vitalidade e xa non se emprega en documentos oficiais.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |