Kokkola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 63°50′20″N 23°07′55″W / 63.83889°N 23.13194°W / 63.83889; -23.13194

Kokkola
Kokkola.vaakuna.svg
Situación xeográfica
Kokkola town hall.jpgKokkola.sijainti.suomi.2009.svg
Estado: Finlandia
Rexión: Ostrobotnia Central
Sub-rexión: Kokkola
Xeografía
Altitude: msnm
Superficie: 1.485,93 km²
Poboación
Poboación total: 46.779 hab. (2012)[1]
Densidade de poboación: 32,39 hab./km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde: Antti Isotalus
Sitio na web: Páxina oficial

Kokkola (en sueco Karleby) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Ostrobotnia Central. Ten unha poboación de 46.779 habitantes segundo o censo de 2012.

Índice

Etimoloxía [editar]

O nome en finlandés Kokkola significa "lugar de fogata" ou "lugar da águia", xa que a palabra finlandesa kokko significa á vez fogueira e águia mariña (o sufixo -la indica localizaión). Ata o 1 de xaneiro de 1977 foi coñecida en sueco como Gamlakarleby, cando o concello de Kaarlela (en sueco Karleby) fusionouse con Kokkola, e a cidade adoptou o nome sueco de Karleby. A palabra gamla significa "villo", karl significa "home" ou "campesiño" e by significa "vila", polo que a tradución do antigo nome sueco sería "antiga vila de campesiños". O nome en latín era Carolina Vetus.

Historia [editar]

Kaarlela church

A cidade de Kokkola foi fundada en 1620 polo rei Gustavo II Adolfo de Suecia, cando Finlandia formaba parte do Imperio Sueco. Kokkola foi fundada como porto de embarque para o comercio de alcatrán. Tamén se convertiu nun importante centro de construción naval.

En xuño de 1854 produciuse un importante acontecemento histórico coñecido como a "Escaramuza de Halkokari", durante a Guerra da Crimea. Os Royal Marines do HMS Vulture e HMS Odin trataron de chegar á terra para saquear a cidade, mais foron repelidos pola defensa local, moitos dos cales eran civís armados con rifles de caza. Un dos 9 barcos máis pequenos (un cañoneiro) caeu nas mans dos defensores da cidade. Como tal, ese barco foi o único buque da royal Navy en posesión extranxeira en 1914. O barco pode verse actualmente no Parque Inglés de Kokkola. O concello rexeitou devolver o barco a pesar de varias solicitudes por parte do goberno do Reino Unido, a máis recente por parte de John Stuttard, o Lord Mayor de Londres. O Tesouro Británico paga anualmente unha pequena suma para o mantemento de nove tumbas dos nove Royal Marines mortos en combate durante a escaramuxa á congregación local.[2]

En 1977, o concello veciño de Kaarlela (en sueco Karleby) fusionouse co de Kokkola (coñecido en sueco ata o momento como Gamlakarleby). En 2009, os concellos de Lohtaja, Kälviä e Ullava fusionáronse tamén con Kokkola.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]