Partido Socialista Galego-Esquerda Galega
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) | |
|---|---|
| Partido político de Galiza | |
| Líder | Camilo Nogueira |
| Fundación | 1984 |
| Disolución | 1996 |
| Ideoloxía | Socialismo Federalismo Nacionalismo galego Socialdemocracia |
O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.
Traxectoria [editar]
Celebrou o seu Congreso Constituínte o 24 de xuño de 1984 da fusión de Esquerda Galega e o Partido Socialista Galego, logo dun período de conversas que durou un ano. O seu principal dirixente foi Camilo Nogueira.
En 1993 formou con sectores galeguista de centro unha nova Unidade Galega, e nas eleccións xerais e autonómicas de 1993 concorreu na coalición UG-EU, diante o fracaso electoral unha parte da organización confluíu con EU formando Esquerda Unida-Esquerda Galega e a outra integrouse no BNG como Unidade Galega.
En 1993 tiña 1.130 militantes en 67 agrupacións locais, a máis numerosa era a de Vigo con 160 militantes.