Partido Comunista de Liberación Nacional
| Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN) | |
|---|---|
| Partido político de Galiza | |
| Líder | Mariano Abalo, Manuel Caamaño |
| Fundación | 1989 |
| Ideoloxía | Marxismo-leninismo Nacionalismo galego Independentismo galego |
O Partido Comunista de Liberación Nacional foi un partido comunista e independentista galego formado o 25 de xullo de 1986 polo Colectivo Comunista 22 de marzo que formaran 13 membros do Comité Central da Unión do Povo Galego desconformes coa decisión do seu V Congreso de apoiar que o Bloque Nacionalista Galego participase nas sesións do Parlamento de Galicia. As principais figuras do PCLN eran Mariano Abalo, Manuel Caamaño e Xan Carballo, secretario xeral da INTG.
Na III Asemblea Nacional do BNG (1987) decidiuse expulsar ó PCLN polo apoio que este dera a Herri Batasuna nas eleccións ó Parlamento Europeo. O PCLN iniciou un proceso con outros grupos do independentismo para constituír en 1988 a Frente Popular Galega e finalmente acabou disolvéndose nela.