Cerna (organización política)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerna
Partido político
Dirixentes e organización
LíderMario López Rico, Luís Eyré
Historia
Fundación20141
Disolución20182
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Independentismo galego
Socialismo democrático
Feminismo
Democracia participativa[1]
Representación
Parlamento de Galicia
1 / 75
[2]
Concelleiros
15 / 3.766
[3]
Outros datos
Na rede
cerna.org
1 escisión de Anova
2 disolución en En Marea

Cerna foi unha organización nacionalista galega de esquerda escindida de Anova - Irmandade Nacionalista, da cal foi unha corrente crítica. Estaba composta por uns 200 ex-militantes de Anova. Os seus máximos dirixentes eran Mario López Rico, Luís Eyré e Consuelo Martínez García.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixinalmente era unha corrente de opinión dentro de Anova que defendía posturas máis soberanistas e críticas coas alianzas con partidos estatais como Esquerda Unida, ata que en outubro de 2014 os seus membros decidiron escindirse e constituírse como partido[4]. A forza institucional constaba dunha deputada no Parlamento de Galicia, Consuelo Martínez García, así como diversos concelleiros electos nas listas do BNG que abandonaran a formación en 2012 para constituír Anova. De cara ás eleccións municipais de 2015 promoveron candidaturas cidadás, ó igual que estaban facendo Anova e Esquerda Unida, baixo o paraugas do partido instrumental Participación Democrática Directa e conseguiron 15 concelleiros en toda Galicia.

De cara ós seguintes procesos electorais uniuse ao partido instrumental En Marea, no cal confluíron con Anova, Esquerda Unida, Podemos e diversos colectivos locais. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 conseguiu 1 deputada nas listas de En Marea por Lugo, Paula Vázquez Verao. Os seus dirixentes mostráronse maioritariamente partidarios de Luís Villares, líder de En Marea, nos conflitos que este tivo coas demais formacións. En xuño de 2018 decidiu disolverse en En Marea animando ao resto de formacións participantes a facelo[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]